2/24/2008

Substancia sen sentido

Tomando o relevo de Estíbaliz e descubrindo a Perec da súa man.

Substancia sen sentido

Satélites soviéticos sostidos sobre soles. Son similar.
Son sospeitosa, son sílfide sideral, serena, silenciosa, semellando sorrir silvestremente, sosegada, sen sortellas, sen soldaduras. Soa, silabando silencios sinistros.

Sopeso sensacións sistemáticamente, sen saber se sospeitan, sen sentido, sen saber se son sobrevalorada, se satélites similares son suicidados, se son sacrílega, se saturo sentidos, se son….se sinceiramente son sintagma.

Supuro solitario suicidio, si. Soporto sopor, sapos, serpes, suceden sinusoidais saciantes, suceden sinsabores, suceden simas sórdidas, sufócome, sublévome, subxúganme, subordínome. “Succióname suicidio”, suplico.

Saberei ser substancia sen sentido?
Sempiterno salto. Solfeo. Si sostido, sonoro, Si, Si, Si, segue soando. Sónica soterrada, seductoras síntesis sentimentais, seguidamente sombras sensuais sobre sabas sedosas, semen salgado, saliva suorosa, sístoles sismográficas.
Sonámbula, sumérxome submisa. Sempre suxa. Sempre soa, sen sentido.

Saberei ser substancia sen sentido?
Si. Son so soma, semántica socorrida.
Son. Seino sen sabelo, sen soportalo.

Siloxismo: sáname, sacrifícame sádicamente, sepúltame seccionándome sépalos.

Sacro salto: sen sangrar, suspiro sílabas sensuais. Sabio, se soubeches saciarme.


5 comentários:

An disse...

abofe que deixa un ruxe ruxe no bandullo e unha vagoa no paladar. un bicazo fermosa, xa me contaras como vai o de proxecto identidade

estibaliz... disse...

ah, tremendo! Envíallo a Igor, que fai colección

encántame o primeiro verso [e moitos outros]. Bicas mil

Anónimo disse...

saiuche sensacional!

paideleo disse...

super

Anónimo disse...

roubei-cho! Pareceu-me muito bom. Já ta no meu blog.

Saúdos

igor