3/01/2008

Proxecto identidade xa ve a luz



Despois de moito tempo cociñándose, por fin é unha realidade: Proxecto Identidade existe e xa tedes á vosa disposición este libro feito coa colaboración de 54 persoas que integran, dun xeito ou doutro, esta rede galega que engloba o blogomillo.

Que de que vai o libro? De Identidades, todas elas distintas e expresadas de xeito diferente, porque neste escaparate que é a rede hai moito que amosar: relatos, poemas, fotografías, ilustracións arredor de cousas tan cotiás como o feito de pertencer (por nacemento ou sentemento) á mesma terra, como a sexualidade, como a música, como a infancia, a morte, a rede...cousas tan cotiás que están tan presentes en ti coma en min.

E todas esas cousas cóntanchas persoas:

J., X, dorfun, Cesare, neno congoxa, a Doutora Seymour, Rosa Enríquez, Torreira, lourixe, Alberte Couto, Marcos Valcárcel, arume dos piñeiros, aultre narai, oko, zerovacas, el duende, Spav, as lauridinhas, Anxo López, Xurxo Sierra Veloso, Débora Campos, An, Marcos S. Calveiro, Tedhead, Ramón Trigo, zimmer103, Beluka, Iago Urgorri, Wicho, ifrit, emereci, ictioscopio, ghanito, Jan, acedre, O´Fartura, Calidonia, Estíbaliz Espinosa, Lorena Souto, W. Sobchak, Gustavo Harvey, Mario Regueira, o pastor eléctrico, o moucho branco, Gustavo Sequeiro, Alfredo Ferreiro, Manuel Rivas, Tati Mancebo, arrais, elianinha, Parzival e opaco.

Proxecto identidade xa está aquí.


16 comentários:

cneirac disse...

Parabéns
Noraboa
Beizóns

Todo iso é pouco

XMMeijome disse...

Pois noraboa e que seña paraben... ¿onde se poderá atopar?.

besbe disse...

Gracias Calidonia, o mesmiño che teño que dicir a ti e a todos os demais que fixeron que isto resultase.

Meijome, pois de momento pódese mercar on line na páxina de Blurb e dentro de pouco estará dispoñible de balde como e-book na Regueifa. E que sexa parabén, pois.

An disse...

Xa om erquei, quero telo en papel , na casiña para me gabar cando veñan as visitas :) un bicazos, grazas por levar adiante o proxecto :)

A pirámide disse...

Pois parabéns a todos e todas, e en especial a ti Besbe, remexedora das remexedoras.

Nuca disse...

un gran parto. Parabens

Anónimo disse...

Noraboa !!! e congratulations de verdade.Pero...e ti? non apareces no listado !!!! dí que é un erro o que nos miramos mal.Please.
Unha aperta sureña e risueña.

Ghanito disse...

Xa fixen alomenos parte dun libro, vou ter unha filla...
Se non gaña Rajoy e pranta 12 árbores por min vou ter que prantar unha eu para cumprir cas miñas metas vitais.

Grazas polo choio que pasaches.

A rapaza do arco disse...

que ben que ben!! pois a ver se podo botarlle unha ollada pronto. Parabéns polo proxecto, xa por fóra ten unha pinta moi boa ;)

Prosciutto Mourente disse...

Coincido cos da Madrinha, nessa lista onde está o teu nome esculido em ouro e sobre mármore? Muitos beliscos ;)

Im-Pulso disse...

Noraboa pola iniciativa.

paideleo disse...

Graciñas polo traballo que levaches en facer ese libro onde sairán as miñas primeiras palabras publicadas en libro.

Roi Buligan disse...

Parabéns, xa estou desexando ler estes traballos de xente tan talentosa como figura nos créditos. bicos

Marieke disse...

Parabens pelo Projecto

Elianinha disse...

Aínda que tarde, parabéns e grazas por ese traballo que fixeches.

Bicos!

Chousa da Alcandra disse...

Tarde tamén, pero xúntome ás felicitacións.