5/07/2008

Os mellores amigos

De súpeto e a ritmo desta avanzadilla de Kara.o.ke de Projecto Mourente (agora mesmo soando Por adiante e por atrás) o pesadelo neboento que me envolvía, semella que comeza a esvaírse. Timidamente agroma nos beizos iso que semella un sorriso, que había moito tempo que non era tan habitual como acostumaba, na miña faciana. Son lembranzas e esperanza de que teña moitas máis cousas boas que recordar de aquí en diante.

Tantas cousas que me dixeron, outras tantas que sei que se calaron e unhas poucas que nunca terían que ser ditas comezan a ordearse e a impulsarme para que bote un chimpo para caer de novo no mundo (im)perfecto que vivín e que volvo soñar.

Nunca sabes como a vida (ou unha mesma) te pode sabotear, dende logo non quero volver a poñerllo fácil. Mentres tanto, no canto de analizar os posibles contratempos (que terei que solucionar porque shit happens sempre), deixo que o meu corpo sexa arrolado por esta marea de benestar, o carpe diem funciona e permitirme saborear estes momentos neste momento é un luxo: a felicidade está na sala de espera da felicidade, que di o Punset.


4 comentários:

paideleo disse...

Esa é a Besbellinha que coñezo !!!.
Cara adiante sempre !.

Prosciutto Mourente disse...

Do Punset eu som-che moi fã. Para adiante sempre, si, e se dás co mar nom te preocupes que hai barcas "pa seghir" :)

Zerovacas disse...

Así me gusta! Por certo, a ver se entrevisto a carlos a semana que vén

E o do Che! ou-o-que-sexa, cando queiras

Anónimo disse...

Tristeeeeeza non ten fiiiin
feliiiicidaaaaaade sí. Aaaaa felicidade é como apruuuma que vento vai levaaando pe-lo aaaar...
Cantarín que che saín hoxe. Áninmo Besbe. Che poñas como che poñas, a felicidade atópache sempre. Aínda que ás veces temos maior inspiración na tristura non renuncies a ningunha das dúas.
Saúdos.
Anxo D.-