8/16/2007

Vacuna contra a Esclerose Múltiple

Vexo un chío de tximbalee que me fai sorrir (e de paso correxir aos do diario montañés, porque Stephen Hawking ten esclerose, pero non esclerose múltiple, se non esclerose lateral amiotrófica)

Exitosa proba de vacuna contra a esclerose múltiple.

Parece que funciona e ogallá as seguintes probas sigan dando resultados igual de bos porque sei de moita xente que se aledaría de que por fin na esclerose múltiple houbese esperanza.

8/15/2007

Preguiceira

Tan preguiceira que non se me da por falar de Mario e de L´affiche rouge que moito me gustou e que quero reler porque sempre se me pasa algo por alto e creo que o libro meréceo.

Mario
Brétemas
Zerovacas
Ghanito



Tan preguiceira que non se me da por recomendar as músicas do moucho branco do seu Nin sequera a choiva nin dicir que a Longa noite de pedra me pon a pel de galiña e que Na noite é un dos meus temas favoritos.

O moucho
Arredemo-Nin sequera a choiva



Tan preguiceira que non se me da por contar que me perdín camiño a Valga e fun dar a Rianxo para despois chorar o despiste no hombreiro que máis me presta nin dicir que o pasei xenial con toda a xente que alí estaba.

Sugarkane
Kate
Zerovacas
Moderno de merda
Retropower



Tan pregiceira que non se me da por dicir que hoxe imos á presentacion de As Crónicas de Gáidil nin que lle tiña moitas ganas a este xogo de rol que por fin veremos nas mans.

O Breogán
As Crónicas de Gáidil



Tan preguiceira que sigo facendo que non fago nada anque si o estou facendo, pero por algo estou de vacacións.



Tan preguiceira...

7/31/2007

Vacances

Vanche mudar moitas cousas.



De feito o tempo xa o fixo. A ver que máis vai cambiando.

7/30/2007

Vigo foi unha festa

Calquera excusa é boa para ir a Vigo e desta vez había que ir ver a RM en directo nunha actuación moi especial polo aniversario de Dal e, de paso, ver a moi bos amigos: Paul, Oskiñar e a Miguel. E como non teño moitas ganas de escribir e o pasei tan, tan, pero que tan ben...resumo fotográfico:

Chegada a Vigo e terraceo na Vela, na praia da Fonte (creo).



Camiño ao Lareca (en fronte á Iguana) a comerlle unha tortilla rica, rica.



Chegada á La pecera.



O escenario antes da gran actuación.



RM en concerto, non defraudaron para nada.



Playlist ou algo así.



Vamos ao Tony´s.



Ao Malasaña.



Ao Lolita.

Homenaxe ao espontáneo polbeiro descoñecido.



Que noite, que noite, Vigo está moi ben e os vigueses son do melloriño.

7/27/2007

BBQueen will be there



Por fin! Remolca Madriña en concerto, este sábado en La Pecera (Rúa Pizarro, nº 35) a partir das 23:00 horas.

A Madriña Asociados Ltd.

The Policarpo Sound Inc. (RM + Ectoplasma) contribuíndo ao Dobarrismo.



Remolca Madriña en podgalego.org

Remolca Madriña Music Download

O que me gusta Vigo a min e o pouco que vou, pero alí estaremos mañá, 28 de xullo!



RemolcaMadriña-Lizzard Girl, a lagartear!

7/26/2007

Chuzarrascada-chuzapolbada nacional e outras historias

Cada un conta a festa como lle vai e eu que era para non ir, ao remate fun. Digo que non ía ir porque pensei que o catarro estival que se me meteu no corpo empeoraría e anque a cousa non mellorou moito, a noite do 24 a horas tardías pero non indecentes Marinha doume as coordenadas para un encontro que xa non había ter mar por medio.

O conto foi que por incidentes varios non se puido acudir a esa primeira cita e despois de recibir as correspondentes felicitacións no Día da Patria puxemos o coche rumbo a Compostela. Nos sinais luminosos da AP-9 anunciaban retencións ata as 24 h camiño á capital, pero a verdade é que a autoestrada era toda para min.



Unha vez situada no Campus Sur, cal non foi a miña sorpresa ao ser atopada por Lourixe aos pes das escaleiras da Ferradura. Mentres agardabamos polo groso da expedición botamos a andar cara o Festigal encontrando polo camiño a Arsenio Iglesias e máis adiante a Daniel Salgado, que se non hai nada que o impida, o día 3 de agosto tamén estarán na Reconquista da Coruña por parte da Irmandade dos Perdidos.

Continuamos o percorrido cara a carpa da SuperBock onde quedaramos en ver a Moinante e cara alí iamos cando vimos a Snob que nos axudou a situarnos entre tanto bochinche. Era obriga tomarlle algo para refrescarse porque o tempo acompañou e facía unha calor que daba gusto. E entre unha cousa e outra, varias historias que Lourixe contou e unha breve parada canda unha amiga súa que era parte da organización do Festigal, rematamos atopando a Marinha acompañada de Torre de Babel, de lúa neghra, de Jan, de O´Breogán e dunha moza moi riquiña chamada Yolanda que máis tarde descubrimos que era Moralla.



Foi un gusto coñecer a Torre de Babel que non daba feito con tanta xente arredor, unha moza a mar de feita e simpática que te marca coa súa alegría e vitalidade. E tan ben estratexicamente situados estabamos diante da carpa da Fundación Galiza Sempre que por proximidade á de GZnazón tiñamos que atopar a Zerovacas, e como unha cousa leva á outra Elianinha e consorte viñeron bater en nós tamén. E por moi de incógnito que quixese ir recoñecémola. A pobriña tamén andaba cunha catarreira criminal, a ver se te melloras.



Tamén vimos a goretoxo e familia e o neno espelido que teñen xa se encargou de taparse, co cal aforramos facerlle unha chapuza na súa cara bonita. Goretoxo convidounos a pasar pola carpa do Software Libre a onde fora lúa neghra e comentounos que andaban os chuceiros en tropel percorrendo o Festigal e dalí a pouco atopámolos andando en fila india e Berto xa nos dixo cal sería o punto de encontro: Pulpería Porta, coma o ano pasado.



E dalí a un anaco alá nos fomos lourixe máis eu mentres os demais agardaban polo Artipractor. Alí estaban ghanito, mourullo, orsinia, ifrit (non era idea afumarte), Modesto, ascárida, postscriptum, aranha, aluguer, berto e cara o final da noite artipractor, marinha, jan , o´breogan, moralla, fer, xorna, zerovacas e andaime (que por se non se lembra a causa de tanta discusión cervexeira...non era mala idea facer unha visita a Chantada). Nen a metade nos apuntaramos, nin nos borraramos da Chuzarrascada, pero alí rematamos. Nun gran momento, Berto ao Braveheart comezou unha arenga con algo semellante a "a ver, desde el vasco de allí al asturiano de allá, pasando por todos los putos gallegos de mierda (que somos todos) del medio..." xa non sei como seguiu, pero o resultado foron unhas racións de churrasco e de polbo, que foi o que comín eu, unhas cañas e máis tarde litros de LK. Fomos ben servidos.

A destacar:

Torre de Babel

Yolanda López-Obertura sen heroe



Os mass media



O amor, non se ve pero flotaba no ambiente



Máis mass media



Chulhu e Gáidil...a ver esa presentación na Coruña das Crónicas de Gáidil!



Todos, toditos, tan feitos, tan majos, tan riquiños





O polbo



Faltaron as patacas, pero que se lle vai facer...non se pode ter todo. Pero paseino ben, que era do que se trataba.

Queda saber que pasa cos vermellos de certo sitio e esas fotos de escotes que se sacaron por aí.

Eu estou agardando ao que conte ghanito que me da que ten sorpresas por aí que fan máis Nacional se cabe á Chuzarrascada e, persoalmente, sinto as malas novas que recibiu ese día.

Ai, precisabamos dun festivo despois do festivo.

It´s made of sticks (pouca consistencia ou algo así)

Pensar a 160 km por hora é moito pensar.

Amy Winehouse-Rehab



7/22/2007

100 posters para un século

100 pósters para un seculo é o título da exposición que ha de estar ata o 16 de setembro na Fundación Pedro Barrié de la Maza na Coruña. Onte pasamos por aí. Os carteis proveñen do Museum für Gestaltung Zürich que conta dun arquivo de 330.000 exemplares e tivemos a sorte que collemos unha visita comentada da exposición (e moi ben o rapaz que a comentou)

Sempre me chamou a atención isto dos carteis pola efémeros que son, unha vez pegados nas paredes duran o que tardan en poñer outros encima deles. Con todo non deixan de ser obras de arte.

Fai un percorrido dende a cartelería da man de Toulouse-Lautrec pasando por Chéret que foi quen comezou a darlle importancia á tipografía e quen viu na figura da muller unha fórmula de reclamo para anunciar productos e que a día de hoxe sigue vixente.



Na 1ª Guerra Mundial queda patente a inmediatez e a temática antibélica en carteis que parecen debuxos feitos con carboncillo e onde se amosan nais protexendo os seus fillos dos desastres da guerra. Despois hai exemplos tamén da época entre Guerras onde se destaca a Bauhaus e a antiga Unión Soviética coa máquina metida de pleno na vida diaria. En cartelería comeza a utilizarse a fotografía, o cine, as diagonais que dan movemento, a integrar máis a tipografía no cartel e a un uso do branco, negro e vermello para crear máis impacto visual.



E desta época e de El Lissitzky é un dos carteis máis caros da exposición



Ven despois a 2ª Guerra Mundial e toda a propaganda nazi, moi gótica en si pero que utiliza a síntese da Bauhaus por ser eficaz na mensaxe. Destaca Jean Carlu que incorporou conceptos e imaxes do cubismo nos seus carteis para as forzas aliadas e norteamericanas. No que atinxe a España, a Guerra Civil tamén deixou cartelería abondo (aquí unha recopilación deles).



Continúa a exposición con cartelería de postguerra con referencias á guerra fría e ao horror da ameaza nuclear e cambiando totalmente de estilo chega o pop-art e o comezo de posters de índole consumista que chegan ao seu máximo expoñente en campañas coma as de Toscani con Benetton, onde o que se quere conseguir é asociar imaxes impactantes a unha marca, anque non teñan nada que ver entre si.



A día de hoxe hai moita variedade de temas no deseño gráfico tanto en denunciar situacións, anunciar productos, publicitar eventos etc Tanto que ven ao caso un cartel de Cassandre no que expresaba a saturación de información que a día de hoxe temos, non hai sitio onde nos poidamos librar deses impactos visuais.



Gustoume a exposición e en especial o primeiro cartel que vin, que a pesar de anunciar Tabu, papel de liar



lembroume moito ao que si semella ser tabú estes días visto o secuestro de El Jueves.



E veña, que destrúan os moldes.