5/19/2006

Non premas esa tecla



















Se me chega a pasar o de hoxe nunha noite desas nas que un ve doble, estou segura de que a cousa remataría fatal.

Imos para o caixeiro, metemos a tarxeta, lembramos o número secreto e quitamos cartos. Pois Caixa Galicia tenche a alegría do día reservada:
"Caixa Galicia pone a su disposición hasta 3000 euros que le pueden ser abonados a su cuenta ahora mismo".

Xúrovos que o tiven que ler varias veces antes de non darlle a aceptar, era unha trampa.

E ben, todo isto viña a conto de que eu non son moito de utilizar tarxetas, quedoume ese costume ancestral de gardar os cartos na casa, miña avoa gardáraos nun bote de Cola-Cao dunha vez e cando fixeron a casa nova xa non sabía onde os metera, aínda creo que é hoxe o día no que os herdeiros estamos pensando no bote.

Sacaríalle unha foto ao meu "bote de Cola-Cao" pero confiscáronme a cámara, así que vamos a xogar ás agachadas.

5 comentários:

acedre disse...

Aqui recibimos todolos dias cheques a ingresar de 3000 $. Ao primeiro enganabannos. Agora xa os metemos na trituradora de papeis.
Cando fago isto dame a impresion de que son rico e todo.
Ah, a ver se quedamos un dia para buscar o bote do tesouro da tua avoa.
Un saudo.

Anónimo disse...

Podem ficar com a vaca, com os euros, com o bote, com a cámara...

Não é isso que eu quero.

Dá-me um olá, um sorriso...

O meu dia será mais feliz.

Por isso vos saúdo com amizade.

Pitiño

besbe disse...

Acedre, para min que os atopou el niño de la guía.

E pitiño, saiba vostede que me regalaron un caderno que vou adicar a encher de poesía e saiba tamén, que vostede ten moito que ver con esa decisión. Agardo que o que lle acabo de contar poida substituír un riso meu e esboce outro na súa cara. Non tódolos días se fan renacer ansias escribidoras nunha persoa allea.

Besbellinha

Anónimo disse...

pois eu son moi de tarxeta... se puidera pagaría ata o pan coa tarxeta de crédito... por certo, aproveito a ocasión para protestar porque en certa tenda de discos de Cidade Grande non aceptan pagos con tarxeta! Lo que hay que ver!

Anónimo disse...

Quem me dera ser a pena,
Que no caderno vai escrever.
Mostrar a Besbella pequena,
Na grandeza do seu ser.

Pitiño