1/26/2007

I Premio Blogomorgue de Novela

A descuberta da recén comezada (e recomendada) historia con crime por medio de Ricardo Taveiro titulada "A vida escarpada", a iniciativa de Ediciós da Rotonda (da que pronto teremos novas novas, válgame la redundancia. Aquí dorfun deixa onde baixar "O home inédito" e outras cousas), o 1º concurso de microrelatos de pseudos Á maneira de Manuel Rivas, idea que tivo bola extra e o premio Xerais en si, fanme pensar en que igual se podía convoar un premio de narrativa dentro da Blogomorgue seguindo a liña dos Chanante Piñeiro vs Chano Piñeiro.

Como se sospeita que aínda hai vida na blogomorgue igual sae A GRAN NOVELA GALEGA debaixo dalgunha lápida do cemiterio. Así pois, aí vai a convocatoria:

Edicións Blogomillo de Galicia/Galiza convoca a primeira edición do premio Blogomorgue de Novela en lingua galega dotado dalgún recoñecemento aínda por determinar que se rexerá polas seguintes bases:

1º. Poderán concorrer ao premio todos aqueles blogueiros/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente na súa cabeza. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.

2º. Cada orixinal presentarase nun blogue feito para a ocasión ou ben tagueado convenientemente antes do día 10 de abril de 2007 ao correo blogomorguenarrativa no gmail punto com.

3º. O xurado estará composto por cinco membros, escolleitos, para cada edición, entre lectores, recoñecidos profesionais da cultura e un secretario con voz e sen voto en representacion de Edicións Blogomillo de Galiza/Galicia, S.A. O premio outorgarase por maioría de votos.

4º. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio (primeiro a ver se o atopamos e despois a ver)

5º. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Cea "Blogomorgue" (similar a esta) que se celebrará alá por xuño (non se dan datas porque se hai que poñer de acordo, e igual aínda queda para xullo)

6º. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o Xurado así o estime, e a decisión será inapelable.

7º. Aquí ven o tema Creative Commons que se falará convenientemente co gañador.

8º. Os non premiados poderán facer o que lles pete coas súas bló-novelas, que para algo son súas.

A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e as decisións do xurado que se teñan designado.


Polo de pronto eu presento a miña pseudo-plaxio-novela fora de concurso e tal.

7 comentários:

Anónimo disse...

Non falaches nada da extensión:
así coma Os libros arden mal, ou unha cousiña pequeniña tipo un par de post.
Porque igual deches pouco tempo se queres novelas, ¿non si?

Anónimo disse...

moi boa idea!
a túa pseduo-plaxio-novela non podo vela.

besbe disse...

Novelas, noveliñas, folletíns...10-12 post algo axeitados pode ser o mínimo requerido non? e anda que non se fan post en tres meses: tempo de sobra, o que faltan son ganas.

A ver como fago para amañar a ligazon ra, que tan pseudo é que non se deixa ver. De tódolos xeitos non está rematada, e un saudo aos dous :)

mariademallou disse...

unha idea guai ;)

Anónimo disse...

Oh, agradecido pola recomendação ;)

Um belisco pequeno pra ti.

besbe disse...

Ricardo outro belisquiño e sígueme con esa historia que me enganchei :) e maria, ains, a ver se se anima alguén! Bicos!

Elianinha disse...

Que lástima! Eu non o sabía. Había que darlle máis bombo, que se me houbese dado tempo participaría. De todos os xeitos, estou de acordo con Ghanito, había que dar unha orientación do espazo máis ou menos, que o de novela impresiona un pouquiño.