2/25/2007

I feel good

We feel fine é unha páxina onde amosan e recollen o que están a sentir miles de persoas na rede e aproveitándome dalgunhas fotografías que hai nela, vou facer un resumo de sentementos varios que andan a rebulir en min. Aí vai:



o que anda pasando


as amigas



o que xa o sabe(de)s, pero repítoo



hai ocasións nas que...



e outras nas que non me entero de nada



empatía



realmente penso que teño 23



traballo, traballo, traballo



esto xa é por gusto



e, sobre todo, síntome moi afortunada





We all need friends to talk, feel better and have fun. Sometimes I feel sad and lonely, but luckyly always there is someone nearby that makes me smile and help me when I´m troubled. You´re my biggest treasure. Abrazos enormes.

Eu síntome así, e vos?

2/23/2007

Destroy, destroy, hai que ir!

E non digo máis, seica para o 8 de maio no Playa.

Ladytron-Seventeen


Ladytron-Destroy everything you touch


Ao que non lle guste que non vaia, que eu si.

Blogomillo internacional

Onte estivemos o moucho branco máis servidora facendo o que se coñece como lo puto peor ou metabloguear (ou algo así) entre outras cousas, e hoxe funlle botar unha visual ao dichoso ránking do blogomillo e atopeime con moi gratas sorpresas. Entre os tropecentosmil blogues galegos que xa hai, estaban algúns que aínda non sei por que bo motivo decidiron anotarse nesa lista crecente e imparable de blós que recolle blogaliza:

Citador, extractos de libros a mancheas de autores recoñecidos e citas e lecturas a fartar. Como ben se describe: Centenas de Reflexões e Pensamentos.

Legendas & Etcaetera, un blogue interesante, con moitas cousas que mirar, entre elas a seguinte:


fworld: Fátima Rolo Duarte por Bélxica, un dos que máis me gustou.

Dispatches from Zembla de alok, que nos leva polo cine e pola literatura escribindo en inglés.

E non sei por que aparecen na blogaliza, pero dácheme igual, a min paréceme unha apertura e unha ruptura da endogamia tan criticada. Por outra banda, o blogomillo xa era internacional e se non, non hai máis que mirar para torre de babel, acedre nos seus días, a cesare, a Plattdorf, a emereci, a Mr. Tichborne, e non sei ben se a Illa de Gorée e Marrocos son os puntos de blogueo de Mario e de rifenha, pero tamén lle dan un toque exótico ao blogomillo. Seguro que me esquezo de moitos, pero é o que ten viaxar, que non chegas a tódolos sitios.
Re-editando:
A tódolos sitios non chegamos pero sempre temos quen nolos descubra ou recorde. Pois entre os internacionais tamén están o galego no sol naciente, a Kiko Novoa instaurando unha quinta provincia galega en Suecia e ao ladiño está Brais, integrándose na Noruega. Gracias acedre por lembrarmos.
E coma exemplo de viaxes blogueiras, queda un post da Fátima aquí.



Ah, esquecíaseme, para viaxes así preto, esta que nos propón sara jess:




Engadido:

Hai máis: Frenesi-livros, coisas que escrevo, Deriva das Palabras, fazendo caminho II, Textos de Contracapa 2 e despois está a nova esta en chuza: E tu, lês blogues en português?. Esto xa é PortuGaliza :)

O diesel e o cambio climático

Diesel para coches



Diesel para vestir



O bo é que os dous diesel se poden combinar frivolamente.

2/21/2007

Estou aburrida

É a tempada de non saber nin que facer nin nada, como dicía o Bécquer e a miña amiga Luísa: mi vida es un erial.
E como erial que é, hoxe fago recopilación de frases escoitadas estes días en conversas con casteláns parlantes:

- Como dice el catecismo: Quiere al prójimo como a ti mismo.
- Y si el prójimo se quiere más?

- Bailas?
- No, no se ha hecho la miel para la boca del asno.
- Que he dicho que si bailas, no que me la chupes.

- No calientes la pera si no vas a tomar mate (contexto arxentino-uruguaio)

Igual fago caso da pirámide e ante a falta de cámara de fotos e o aburremento que non cesa, me adico a debuxar. Pero para debuxos os deste fulano, tremendo:

2/18/2007

O quentamento global do planeta e a extinción dos dinosaurios: as respostas

A primeira resposta ven da man de Dana Rohrabacher, membro da Cámara de Representantes dos EEUU (o Congreso segundo entendo eu). Este home, do partido republicano, enorgullécese que o seu distrito fose case cuna da polémica proposta 187 de California do ano 94, que pretendía negarlle aos inmigrantes indocumentados servicios sociais, médicos e educación pública. A proposta aprovouse anque logo foi declarada anticonstitucional polas Cortes.

Pois este home tan ilustre pensa que o quentamento global do planeta non ten que ver coa acción contaminante do home nin nada deso. De feito xa houbo outros ciclos de quentamento anteriores e el ten a súa propia teoría: "Non sabemos a que foron debidos eses ciclos no pasado. Puido ser a flatulencia dos dinosaurios, ti sábelo, ou quen o sabe?"

Non dixen que Rohrabacher, ao contrario que á maioría dos membros do Partido Republicano no Congreso, é partidario do uso terapéutico da marihuana. Vai ti a saber se foi eso o que lle inspirou a teoría dos peidos dos dinosaurios. Textualmente o home dixo o seguinte:

"ROHRABACHER: So, whether or not how dramatic this change will be, or is, what it’s caused by, are things that honest people, I think, can disagree with, and I really personally, having been a journalist, the first thing I was always cautioned by when someone was claiming, well, everybody is on my side, or everybody says this, or there is a total consensus, almost always when people said that to me over my years as a journalist, it wasn’t true. It was that there were honest people who disagreed and significant disagreement on such issues. We don’t know what those other cycles were caused by in the past. Could be dinosaur flatulence, you know, or who knows? We do know the CO2 in the past had its time when it was greater as well. And what happened when the CO2 was greater since then and now? There have been many cycles of up and down warming. So with that said, I think that we’ve had a great discussion today."

O video onde este señor expón a súa teoría está en www.thinkprogress.org, aquí.

E a seguinte cuestión a tratar é por que se extinguiron os dinosaurios, que neste vídeo se clarifica totalmente:

Extinción dos dinosaurios



E vendo isto e xuntándoo coa teoría de Rohrabacher, definitivamente e polo ben da saúde do planeta, adiante coa apocalipse do porco. Treme ghanito!

2/16/2007

Antroido!!!

Xa teño disfrace, so me fan falla os bailaríns que me acompañen. Se alguén anda interesado, o luns pola noite agárdovos polos garitos de Coruña e botámoslle unhas bailas. Coma todo o que digo, tamén vai en serio, que é antroido caramba!!

Taim gous bai soulouli, taim gous bai con Loli...veña hoooo, vamos facer aerobic cantando viva el michelín, viva el flotador!!

La Terremoto de Alcorcón-Taim gous bai

2/14/2007

Conclusións do día (II)

As miñas conclusións sempre son sobre o mesmo tema, e tanto me gustaron os comentarios de hoxe que os deixo aquí para non esquecerme deles nunca:

1. "O amor de hoxe é máis falso ca un euro coa cara de Franco" (Sak dixit)

2. A amistade vai ser sempre mellor que o amor: "Vivan os amigos pra chingar!" "Viva!" by os xemelgos Harvey e Sobchack.

3. A mellor declaración de intencións: "Non che prometo amor, para que mentir, pero heiche prometer unha visita de cando en vez" (an sincerándose)

4. A sabedoría de a pirámide:"Un día libre ao ano non fai mal"


E para celebrar a amistade, el amor e a vida voulle tomar algo cuns amigos e a miña Estrella querida. E si, vos quiero.

E unha visita ao fodemillo nunca vai mal.

Futuro incerto (nostro grande cuore)

Tonino Carotone-Me cago en el amor


Creo que expresa moitas cousas a día de hoxe para min. Pero eso, que no fondo o amor está moi ben anque nos abandone cando mellor estamos. Ains.

É un mondo difficile
e vita intensa
felicitá a momenti
e futuro incerto

2/11/2007

A miña fin de semana

Pois a miña fin de semana comezou e rematou o venres que a día de hoxe aínda me estou recuperando. Tanta foi a festa e tanta xente maja nos atopamos no concerto de 6pm e tanto durou a noite que so puiden durmir dúas horas, pero o ben que o pasamos no 14 quítame tódalas penas, que camareros máis simpáticos en ningún sitio atopas. E ata alí so chegamos tres perdidos: un, dous e tres anque nos rematamos convertendo nun lote.



Ao igual que este outro elemento o sábado tamén quedei sen ferrete, pero si conservo a invitación á exposición de pinturas de Charo Tejada, e como somos así, pois vamos facerlle publicidade á moza: o xoves 15 de febreiro no Café de Coco en Orillamar 40. Pon por aí que haberá viño español...igual nos pasamos e todo.



E claro, tanta festa o venres e tanto por facer o sábado e case sen durmir...foi lóxico que o sábado quedase frita no sofá e me perdese o concerto de Dorian e quedase mal e fatal con todos. Pero vai haber máis días para ir por aí e volver ao 14 e todo iso, prometido.

E hoxe domingo tocou socializar outra vez e que mellor que cunha moza de ollos atúnidos (parafraseando a ictios) que a ver se lle da outra arroutada desas súas e outra fin de semana saímos todos por aí. Sen máis, todiños para cama que xa está ben de tanta festa.

Elisete

Elisete-Gaauga (Saudade)



Que alegrías se poden chegar a recibir no correo, e desta vez son alegrías musicais da man de Elisete. Elisete é unha moza brasileira que vive en Tel-Aviv e diredes vos, que pinta unha brasileira en Israel? Pois o mesmiño que pintou un galego nos EEUU ou o que pinta agora outro en terras teutonas: o amor que todo o pode. Elisete leva xa 15 anos en Israel e o ano pasado editou o seu segundo disco "Gaauga" con letras en hebreo e portugués pero, como di ela, de ritmos ben brasileiros.

A verdade é que, a min polo menos, chámame a atención recibir de Israel música de aires brasileiros, pero a día de hoxe, con tanto trafego de xente dun lado para outro e onde cada día as distancias se fan máis pequenas e se convirten en ínfimas gracias a internet, tampouco é de extrañar tanto. De tódolos xeitos sempre queda un pouco de "Gaauga": esa morriña por Brasil é a que lle da nome a este disco.

Elisete-Capoeira



Elisete di que a música israelí precisa dunha mensaxe optimista por parte dos artistas e que ela so ten intención de aledar un pouquiño a vida da xente que alí vive dadas as dificultades que se lle presentan no día a día e que ten a esperanza que algún día os conflictos en Oriente Medio se solucionen. E aquí conto eu a historia dun dos seus temas "Lifaamin" do anterior disco "Luar e Cafe", as súas cancións contan cousas alegres pero "Lifaamin" ten unha historia triste, fala sobre a perda dun amigo, sobre a xente que se vai nos ataques terroristas (piguim) etc...ao día seguinte de compoñela recibiu a noticia da morte dun amigo no Brasil e comprendeu por que a canción era tan triste. Esta é:

Lifaamin-Elisete


E se non recibistes este agasallo musical no correo hoxe e tedes curiosidade por saber máis desta rapaza aí van unhas ligazóns:

Elisete.com onde podedes baixar algúns dos seus temas.
Luar e Café, 2004
Gaagua, 2006
Elisete Retter no myspace

Xa a maiores, dicir que este último disco adícallo a Ehud Manor, que faleceu no 2005 e que a apoiou moito. Para quen non saiba quen é Ehud Manor (aquí, unha entrevista), resulta que foi un grande compositor israelí e, ademais, autor de "Abanibi", esa canción que gañou no 78 Eurovisión.

E creo que non me quedou máis nada por dicir, so os mellores desexos para Elisete!

2/09/2007

Queres ser ti o sexto?



un, dous, tres, catro, cinco e para ser 6 PM (six post morning, ou half past six, que total antes ou despois habemos de atoparnos) faltas ti.

2/04/2007

Radio Oceánica



"Obrigado por saberes cuidar de mim, tratar de mim, olhar para mim... " como cantaban The Gift en Fácil de entender. The Gift foron un dos grupos que soaron no primeiro programa de Radio Oceánica, e cóllolles a letra e doulle as gracias aos colaboradores e a Vincent Jalo por pensar en nós o día que se lles ocurriu a idea.

Xa sabedes, tódolos domingos de 22:00 a 23:00 horas na Radio Galega Música ou por internet.

2/02/2007

Contraprogramación

Pois mañá vai ser outro día grandioso:
Ute Lemper no Teatro Colón (está tamén Cabaret no Pazo da Ópera, ata a orquesta é divinaaaaa...ains, pero xa se sabe porque non vou) e The Lonely e Volonté na Mardi. Pra rematar a festa, noite coruñesa por todo lo alto. We want you!! Ais, que dura é a vida de salir.