2/23/2007

Blogomillo internacional

Onte estivemos o moucho branco máis servidora facendo o que se coñece como lo puto peor ou metabloguear (ou algo así) entre outras cousas, e hoxe funlle botar unha visual ao dichoso ránking do blogomillo e atopeime con moi gratas sorpresas. Entre os tropecentosmil blogues galegos que xa hai, estaban algúns que aínda non sei por que bo motivo decidiron anotarse nesa lista crecente e imparable de blós que recolle blogaliza:

Citador, extractos de libros a mancheas de autores recoñecidos e citas e lecturas a fartar. Como ben se describe: Centenas de Reflexões e Pensamentos.

Legendas & Etcaetera, un blogue interesante, con moitas cousas que mirar, entre elas a seguinte:


fworld: Fátima Rolo Duarte por Bélxica, un dos que máis me gustou.

Dispatches from Zembla de alok, que nos leva polo cine e pola literatura escribindo en inglés.

E non sei por que aparecen na blogaliza, pero dácheme igual, a min paréceme unha apertura e unha ruptura da endogamia tan criticada. Por outra banda, o blogomillo xa era internacional e se non, non hai máis que mirar para torre de babel, acedre nos seus días, a cesare, a Plattdorf, a emereci, a Mr. Tichborne, e non sei ben se a Illa de Gorée e Marrocos son os puntos de blogueo de Mario e de rifenha, pero tamén lle dan un toque exótico ao blogomillo. Seguro que me esquezo de moitos, pero é o que ten viaxar, que non chegas a tódolos sitios.
Re-editando:
A tódolos sitios non chegamos pero sempre temos quen nolos descubra ou recorde. Pois entre os internacionais tamén están o galego no sol naciente, a Kiko Novoa instaurando unha quinta provincia galega en Suecia e ao ladiño está Brais, integrándose na Noruega. Gracias acedre por lembrarmos.
E coma exemplo de viaxes blogueiras, queda un post da Fátima aquí.



Ah, esquecíaseme, para viaxes así preto, esta que nos propón sara jess:




Engadido:

Hai máis: Frenesi-livros, coisas que escrevo, Deriva das Palabras, fazendo caminho II, Textos de Contracapa 2 e despois está a nova esta en chuza: E tu, lês blogues en português?. Esto xa é PortuGaliza :)

12 comentários:

moucho branco disse...

jooo... eu, que o estiven facendo, aínda non entendo que é iso de "metabloguear", :P
E ao final tampouco se sabe que é o blogomillo, se está morto, vivo, resucitado, ou só ten hepatite clase B... pero se pasa ben, non é?.

besbe disse...

Hepatite vouna coller eu un día destes, e o de metabloguear aínda non o teño claro de todo, pero si, pásase quinindios.

A pirámide disse...

Na Pirámide, ao ranking de blogaliza, chamámoslle "o concurso de traslados".

besbe disse...

Como diciamos onte, aínda bo era se cobraramos. Un día facemos un concurso de traslados de posts duns blós a outros como xa tiñan feito dorfun e ghanito, para romper coa rutina do funcionariado blogueiro.

paideleo disse...

Graciñas por nomearme de novo ( parezo unha boa película nos Oscar ).
Outros blogos dende o estranxeiro poden ser dende:
- Xapón
http://galegonosolnaciente.blogspot.com/
- Suecia
http://facendomeosueco.blogspot.com/
- Noruega
http://poetasmuertos-brais.blogspot.com/

Un saúdo.

besbe disse...

Non ves? si que me esquecía. A ti ímoste nominar pola mellor soneca :D. Bicos.

Arale Norimaki disse...

Vaites...puxénme a "metabloguear" esta mañá e tamén fiquei sorprendida coa presenza de "Dispatches from Zembla" na blogaliza, máis que nada porque é un blog que teño ligado dende hai tempo, pero descoñezo os seus vencellos co blogomillo. Iso sí, é unha achega do máis interesante. Curioso que chegue ao teu blog a través da busca de vencellos entre Zembla e galicia... que cousas ten a arañeira...

besbe disse...

Pois haberá que facer investigación dos Dispatches, a verdade é que é interesante, de momento vou facer caso da recomenda de Fat girl que fai. Un saúdo arale e gracias pola visita.

Xosé Manuel Carreira disse...

A miña última descoberta foi "Moderno de merda" mas aínda non me atrevín a deixarll un comentario.

besbe disse...

Pois déixallo ho, non te fagas de rogar! Eu o último que descubrín foi o de Prosciutto Mourente.

torredebabel disse...

graciñas Besbellinha! engado, coma acedre, un mais dende Arxentina: http://www.cobis.blogspot.com/

Anónimo disse...

esta é Portugaliza
http://portugalicia.atspace.com/