É a tempada de non saber nin que facer nin nada, como dicía o Bécquer e a miña amiga Luísa: mi vida es un erial.
E como erial que é, hoxe fago recopilación de frases escoitadas estes días en conversas con casteláns parlantes:
- Como dice el catecismo: Quiere al prójimo como a ti mismo.
- Y si el prójimo se quiere más?
- Bailas?
- No, no se ha hecho la miel para la boca del asno.
- Que he dicho que si bailas, no que me la chupes.
- No calientes la pera si no vas a tomar mate (contexto arxentino-uruguaio)
Igual fago caso da pirámide e ante a falta de cámara de fotos e o aburremento que non cesa, me adico a debuxar. Pero para debuxos os deste fulano, tremendo:
9 comentários:
Mi madriña. Este home acaba co negocio das camisetas. Si o ve o Custo, búscalle un agocho.
Elianinha, estou eu ben seguro que debuxas ben, pero e logo, segues sen cámara? Xa sería un escándalo. Anticonstitucional. Antiestatutario.
Se queres, debuxa pero non te me aburras. Se te aburres, choro.
Desculpa Besbellinha. Chameite Elianinha. En que andaría eu pensando. Isto é de chorar.
Non chores por dios, que eso é insano. Do de Elianinha no problem que eu dunha vez a veloso chameille larvós,que tamén non sei en que andaría eu pensando.
Cámara, cámara, cámara xa!
Obrigado pola benvida! Bicos!
Pois si, tremendo, que habilidade!
Unha preguntiña informativa: ¿de onde che ven ese ramalazo rioplatense?
Xa che informei, pero máis e mellor dentro dunha semana vendo a Triángulo de Amor Bizarro, va que si?
Así que falando de min e sen dar a cara! Agora me entero.
ahahahaha tarde mal e arrastro elianinha, un pracer, por certo :)
Enviar um comentário