2/11/2007

A miña fin de semana

Pois a miña fin de semana comezou e rematou o venres que a día de hoxe aínda me estou recuperando. Tanta foi a festa e tanta xente maja nos atopamos no concerto de 6pm e tanto durou a noite que so puiden durmir dúas horas, pero o ben que o pasamos no 14 quítame tódalas penas, que camareros máis simpáticos en ningún sitio atopas. E ata alí so chegamos tres perdidos: un, dous e tres anque nos rematamos convertendo nun lote.



Ao igual que este outro elemento o sábado tamén quedei sen ferrete, pero si conservo a invitación á exposición de pinturas de Charo Tejada, e como somos así, pois vamos facerlle publicidade á moza: o xoves 15 de febreiro no Café de Coco en Orillamar 40. Pon por aí que haberá viño español...igual nos pasamos e todo.



E claro, tanta festa o venres e tanto por facer o sábado e case sen durmir...foi lóxico que o sábado quedase frita no sofá e me perdese o concerto de Dorian e quedase mal e fatal con todos. Pero vai haber máis días para ir por aí e volver ao 14 e todo iso, prometido.

E hoxe domingo tocou socializar outra vez e que mellor que cunha moza de ollos atúnidos (parafraseando a ictios) que a ver se lle da outra arroutada desas súas e outra fin de semana saímos todos por aí. Sen máis, todiños para cama que xa está ben de tanta festa.

4 comentários:

Seoman disse...

Se é que tanta festa pasa factura. Un pracer descubrir o teu espacio. Tentaria descubrir as tuas peticions de silencio mais a menudo, compañeira coruñesa

moucho branco disse...

tanto escoitar de actos, exposicións e concertos aos que non podo desplazarme no blogomillo que alegra ver un que me queda ao lado de casa, ahí en orillamar. Tomo nota, pois. :)

besbe disse...

ah, pois mira moucho branco, xa teño unha razón máis para ir a orillamar.
Seoman tesme que explicar esas tentativas :)

ictioscopio disse...

pero son atúnidos ou non son atúnidos? :P