Máis casualidades ou é que eu quero ver casualidades en canto sitio hai. Gústame moito a campaña de Tele 5, 12 meses, 12 causas que están levando a cabo este mes, que é contra a violencia de xénero. Presentaron dous vídeos, un o cactus-home maltratador e outro a muller-flor atemorizada.
Cactus-home maltratador
Muller-flor atemorizada
E hoxe merco El País porque me interesan os contos que vai sacar en conxunto con Galaxia e vexo o Codex Seraphinianus na revista que acompaña ao xornal, un libro que se pode mercar agora por 85 euros, pero polo que se chegaron a pagar barbaridades.

Foi o producto da inspiración de Luigi Serafini con 27 anos no 76. É un pouco surrealista e cun alfabeto, digamos que, inventado.

O conto é que unha ilustracións lembráronme ás outras, non sei se están unhas baseadas nas anteriores, se as toman como referencia ou que, pero parécenme moi boas e orixinais.

7 comentários:
Joder, Besbe, que lío! É esta a túa blo? Qué despiste! By the glory of my mother! Besbeeeeeeeeeeeeeeeeee!
Logo dun tempo desconectado, mesmo pensei que me trabucara de blog. Quedouche moi xeitoso, por certo, pero case consegues despitarme...
Esto de despistarnos seguriño que foi adrede, pois a ela véselle con moita soltura e donaire entre a metamorfose "cancodriliana" e o xardín de nenúfares imposibles.
Saúdos garimosiños
Mimá. Cando dixeches no verán que te mudabas, non pensabamos que o bló ía incluído. De premio esta isto. Parabéns.
Fermosas as ilustracións que nos amosas.
Non me gusta que se diga violencia de xénero que é un calco do inglés. Prefiro violencia sexista.
de la highway deben ser os efectos das setas alucinóxenas das Pontes :PP
Larvós non era esa a idea, pero non anda por mal camiño a chousa da alcandra no da metamorfose cancodriliana. Renovarse ou morrer,andamos en proceso de supervivencia con estas mudanzas A pirámide :)
Acedre, non sei ben que termo utilizar, se violencia de xénero, se violencia sexista, se maltrato a secas ou que. O ideal fose que desaparecese, pero está visto que vai a máis.
Non debería extrañarme que se estean coñecendo casos de maltrato e violencia sexista (de xénero) tamén entre inmigrantes, porque supoño que é outra das cousas en común que teremos todas as sociedades.
De todos os xeitos, como di alguén que coñezo ante o descoñecemento de como está o tema noutros países (que supoño que estará igual que aquí), "cando falan de integración non se refiren a imitar a violencia que aquí hai".
Ah, por certo, xa me gustaría a min saber facer plantillas e entender de cousas como html, css e xml etc etc, pero o mérito é dun tal Carl e Pixabella...esquina inferior dereita do blogue.
Queda pendente esa aprendizaxe para unha outra vida posible.
Enviar um comentário