Se fose a fin do mundo...
1. Que canción che gustaría escoitar?
Ningunha en especial e todas en xeral, tirando de last.fm escollería tags tales como mowtown, twee, britpop, sweden ou algo semellante.
2. A que libro lle botarías un ollo?
Non creo que se me dese por ler, se acaso rematar o último que ande a ler, por iso de non morrer coa intriga. Pero non ían ser os libros os que me preocupasen nese intre.
3. Con quen che gustaría falar?
Con quen estivese ao meu carón, neste caso J., adicar unhas palabras á familia e unhas mensaxes aos amigos, que supoño que estarían tamén preparándose para a fin do mundo.
4. Que che gustaría comer?
Chocolate ou xeado de limón ou pipas e café ou licor café ou cervexa ou zume de laranxa (é que agora mesmo ando de sobremesa e se vai rematar o mundo é o que me apetece)
5. Que farías e que che queda pendente por facer?
Pois collería o coche e tiraría cara Fisterra ou cara San Andrés de Teixido ou cara algún sitio con mar lonxe da cidade, coa música e comida/bebida anteriormente escollida e cun libro de poesía para non ler no asento de atrás. Supoñendo que chegase ao sitio escollido, pois disfrutar da compaña e acompañamentos.
Se remata o mundo non creo que me arrepinta de nada nin pense no que me quede por facer, a día de hoxe quero facer moitas cousas, tantas, que xa me pesa non telas feito antes...pero se hoxe remata todo, tede por seguro que non me vou amargar pensando nelas.
Living la vida loca
2 comentários:
Así me gusta: rápida na resposta.
O chocolate tamén me gusta a min e o licor café.
Miro que non foches aínda a san Andrés de Teixido e tés medo de ir trasformada nun becho.
Interesante, interesante.
Non, non, a San Andrés xa fun, ao que non quedei foi á misa :P e estiven pensando hai un pouco que outra opción para a fin do mundo sería montar unha festa, así por pasalo ben todos e sen dramatismos.
Enviar um comentário