Vivir un decembro dun xeito que non agardaba, a primeira árbore de nadal nesta casa, dúas rapazas polo medio da rúa cantando panxoliñas á unha da mañá, alguén que lle dixo ao Apalpador que eu sería un bo regalo, lembrarme feliz na autoestrada co vento dándome na cara, recuperar os nomes que case esquecera e tamén a ilusión que fun perdendo...o 2008 déixame bo sabor de boca no seu remate.
Nestes días brindarei por min e polos que me van acompañar. A todos os demais, boas festas, claro.
8 comentários:
keep smiling... a luita continua ;) un bico forte e animoso.
Boas festas para ti tamén.
Bicos.
Tarde, xa o sei, pero o esprito do que digo é o que conta, e eu desexoche boas festas, si, pero tamen que a ledicia este sempre o teu carón. bicos, saúdos...e apertas
O ano que ven vai ser do mellor. Nin crise nin depresión. Tras ve-las imaxes de Gaza na TV seica me sinto no personal optimista, mais sei que o mundo vai á merda.
Que alguén lle dé ó boton da pausa, por favor, e ó de delete onde convén. Que tiren o 2008 ó vertedoiro de tristuras.
Besbe e compañía...Feliz 2009, por lo menos para vos.
Esa é a besbe que me gusta !!!!.
Feliz 2009.
Feliz aninovo, e parabéns pola mención de Calidonia.
Guapa, ogallá que o ano 2009 sexa xeneroso e que nos deixe gozar da vida e medrar nela.
Apertas ao lonxe!
Parabéns a Martin Pawley por cambiar a Blogaliza.
Enviar um comentário