3/25/2006
O que se esquece
Un día non soubo amar e convertiuse nunha inútil emocional. Actualmente estase recuperando da súa amnesia e esta letra podería ser o guión dun día destes para poder voltar á normalidade.
Powered by Castpost
(Xa sei que visto dende fora pode quedar demasiado ñoño, pero hai cousas que so se entenden mediante a introspección e iso é cousa de cada un. Veloso, déchesme que pensar, graciñas.)

Primavera

Xa entrou e xa se viña notando. Remataron as neves e volveron as choivas, caprichosas pero algo máis cálidas. Todo medra, as árbores tentan estouparse a si mesmas para sacar o seu armazón máis bonito, os ríos van caudalosos e as troitas xa andan xogando ás agachadas. E nós, nós rimos, aledámosnos de ter máis sol, de ter máis día, parecemos nenos pequenos neste tempo no que xogan as nenas cos nenos e comezamos a facer excursionciñas.
Pero tamén é agora cando abres os ollos, espreguízaste e espertas doutro ano igualiño ao anterior. Pode que non sexa igual 100%, pero o teu ser séntese igual que daquela. Volves ter medo, volves a mirar arredor e ves que todo ten moi claro o seu curso a seguir: a auga cara o mar, o verde cara arriba, ¿e ti?. Ti coma cada primavera volves a estar perdida, cada vez menos, pero o teu ser invádese de morriña doutros tempos, andas con esa figura lánguida de tuberculosa, ausente de nada e preocupada de todo. Á vez tamén queres mudar de pel, meterte nas turbulencias dun muíño de vento e saír voando coma os paxariños.
Pois coma a flor máis bonita, xa é hora de saír do acubillo e deixar de estar tan resgardada. É tempo de coller azos e abrirte ao mundo, coller o mellor de cada tempo que viviches e fundilo todo.
Muda xa e fai de ti a cousa máis bonita que nunca pensaches ser!
3/22/2006
A túa larpeirada
Fas a merca do día e colles un pouco de todo, colles o pan prefabricado, o leite que non sabe a leite, o zucre que non sabes ben por que se refina, mercas cervexa porque hoxe che apetece e dubidas entre mercar amorodos sen sabor ou aguacates. Pillas un par deles pensando que lle poden facer boa compaña aos tomates insípidos. Colles os máis escuros que son os máis maduros, vas á caixa e rumbo cara a casa.
Ao final os aguacates non acompañaron aos tomatiños, e decides que o mellor destino que van ter vai ser a batidora: aguacate, zucre e leite.
Verde que te quero verde.
Ao final os aguacates non acompañaron aos tomatiños, e decides que o mellor destino que van ter vai ser a batidora: aguacate, zucre e leite.
Verde que te quero verde.
Un ombreiro

Un ombreiro calquera éche moito máis do que parece, riba dun podes chorar, podes atopar apoio para a cabeciña cando cansa de rebulir, podes botarlle unha man e amosar moitos sentementos, podes subilo na busca da ourella e mesmo coa fazula ir a buscalo... cando suben os dous pode que non saibas por que e cando comezas a menealos amodiño o corpo sigue detrás na busca dese baile. Bótalos cara atrás para darlle unha aperta ao lombiño tan castigado e eu polo xeral téñoos castigados a proxectarse cara adiante nunha postura similar ao Pensador de Rodin.
Un ombreiro non é unha articulación calquera, son catro. Se algunha falla o ombreiro non é o mesmo. Articúlase o húmero coa escápula, articúlase a escápula coa clavícula (a través do acromion), articúlase a clavícula co esternón e volvemos a escápula que tamén se articula coa parede torácica a través de dous musculiños que normalmente non sabemos nin que os temos (o subescapular e o serrato anterior). Poderiamos engadir mesmo outra articulación máis, se admitimos esta última, a articulación subdeltoidea.
O conto é que con todas estas articulacións hai moitos máis ligamentos e un lote de músculos cos seus correspondentes tendóns implicados no movemento dun ombreiro.
Quero que non me doia máis e recupere a súa funcionalidade. Sana, sana...
(A parelliña esta ven sacada desta páxina)
3/19/2006
Música do momento

Eu non sei de música, non sei de estilos, non sei de nada, pero hoxe na radio fórmula escoitei unha canción duns que polo de agora me gustan: Franz Ferdinand, "Well that was easy" que me recordou a algunha outra canción, pero vamos, nin caso, que eu teño moi mal oído e peor voz.
Despois, tendo en conta as miñas dotes musicais, lembráronme a un garito de O Grobe que poñen así música que non escoitara en ningún outro lada ata daquela. Non me lembro do nome do sitio, pero gustárame moito, moitísimo, bastante mod o sitio (a ver se non vou meter a zoca, que nos movementos xuvenís tampouco estou moi posta).
Dos Franz Ferdinand, unha cousa que me fixo rir, sacada da súa biografía: "A couple of years ago Bob, Alex, Nick and Paul got a group together. They said that they wanted to make girls dance or something." A min estanme gustando, será porque me manteñen a cabeza nas nubes.
*Despois de buscar un pouco conclúo que o sitio en cuestión é Vado Permanente e resulta que é indie. Boh, xúntase de todo ho, coma en Radio 3.
3/18/2006
3/17/2006
Control

Non son asertiva. Se me preocupo algo máis xa caio na ansiedade xeneralizada. E se me deixo de preocupar parece que quedo sen control.
Aquí, un problema. Telo todo situado, visto e remirado. Que non haxa lugar para a improvisación porque, se algo escapa aos acontecementos xa pensados, unha ponse nerviosa. E despois resulta que es a que fai as tolemias máis grandes, coma se te quixeses poñer en perigo e rematar con tanta rectitude.
Dixéronme que o problema das mulleres era o control.
3/15/2006
Reminiscencias do orkut
Acabo de dar coa contraseña que tiña para orkut, o cal di moito de min: poucas visitas ao orkut e non dar pé con bola nunca. E acordoume o inventiño porque mirando e curioseando polas blós, resulta que o que oín dunha vez e que agora non lembro exactamente, vai ser verdade: que a través de 3 persoas (creo que eran 3) que coñeces podes estar relacionado con calquera outra en calquera punto do planeta.
Descubro sorprendida (ou non tanto) que coñezo persoalmente ao dono dunha bló (anque el non o saiba...pero el tampouco me quixo dicir quen era cando me chegou unha sms dun móbil descoñecido e como somos medio rarechos deixamos a cousa así, un bico logo de táboas merecidas). Que me falou el do autor doutra bló, que falei vía irc coa dona doutra, que outras dúas persoas coñecen a unha rapaza que eu tamén, outro fai mención nun momento a outra rapaza que é do meu agrado, un que sospeito que podería ter coincidido no Abastos con outro amigo e outro que a pesar da distancia pode saber quen foi unha compañeira de piso mentres estudiabamos. Despois dentro da xente da escrita xa muda a cousa porque é moi probable que se leven con mestres poetas que tiven...co cal a relación xa se metamorfosea.
Gosto dese feito, de que ao final todos esteamos no mesmo mundo e que igual unha anécdota que unha vez che contaron fose algo que nos pasou a algún de nós.
Isto remata chiscando un ollo a tódolos amigos invisibles que temos. Bicos.

3/14/2006
Hey, ho. Let´s go.
Decidido. Mañá 15 de marzo vai ser o día D (Deixar De ffffffffffff). Xa non cheiro nada, ou se o fago vai con retraso respecto ao ulido en cuestión. Dixen fai tempo que cando o tabaco me impedise ir ao monte, remataba con el. Agora xa noto que me afogo por veces e o outro día oín sibilancias nas alegrías.
Detesto o ulido, detesto o sabor, e o que é máis, detesto pensar que cando morra no caso de poder doar órganos, miren para os pulmóns cheos de pena. Anque namais sexa pola idea de pensar que poida salvar algunha vida merece a pena deixar esta droga. Vaia se a merece. Xa irei contando e a ver se logramos rehabilitarnos.
Respecto ao de fffffffff, que vos parecería que asociado a outra acepción de ffffffff tivese acontecido esta conversa?:
"-Ti fumas moito?
-Tanto se nota?"
Que os azos volvan a min.

Subscrever:
Mensagens (Atom)