3/22/2006

A túa larpeirada

Fas a merca do día e colles un pouco de todo, colles o pan prefabricado, o leite que non sabe a leite, o zucre que non sabes ben por que se refina, mercas cervexa porque hoxe che apetece e dubidas entre mercar amorodos sen sabor ou aguacates. Pillas un par deles pensando que lle poden facer boa compaña aos tomates insípidos. Colles os máis escuros que son os máis maduros, vas á caixa e rumbo cara a casa.

Ao final os aguacates non acompañaron aos tomatiños, e decides que o mellor destino que van ter vai ser a batidora: aguacate, zucre e leite.

Verde que te quero verde.

2 comentários:

acedre disse...

Pois non sei se probaches a fruita norteamericana: as mazas saben igual ca os pexegos...a palla.
Iso si, hai uvas sen carabunhas que son ricas e venhen de Chile pero muito mais caras que as uvas con carabunha.
Un saudo e disfruta dos ombreiros que tenhas a tiro.

besbe disse...

Imos disfrutando acedre, anque unha é algo arisca e non acostuma a deixarse caer por ombreiro ningún así polas boas, cousas da non-intelixencia emocional.

Eu vou tentar coidar máis a horta da casa e as arboriñas froiteiras, non hai nada co que se lle poida comparar o sabor. Son de verdá.

(Donuts malos txe txe)