
Xa entrou e xa se viña notando. Remataron as neves e volveron as choivas, caprichosas pero algo máis cálidas. Todo medra, as árbores tentan estouparse a si mesmas para sacar o seu armazón máis bonito, os ríos van caudalosos e as troitas xa andan xogando ás agachadas. E nós, nós rimos, aledámosnos de ter máis sol, de ter máis día, parecemos nenos pequenos neste tempo no que xogan as nenas cos nenos e comezamos a facer excursionciñas.
Pero tamén é agora cando abres os ollos, espreguízaste e espertas doutro ano igualiño ao anterior. Pode que non sexa igual 100%, pero o teu ser séntese igual que daquela. Volves ter medo, volves a mirar arredor e ves que todo ten moi claro o seu curso a seguir: a auga cara o mar, o verde cara arriba, ¿e ti?. Ti coma cada primavera volves a estar perdida, cada vez menos, pero o teu ser invádese de morriña doutros tempos, andas con esa figura lánguida de tuberculosa, ausente de nada e preocupada de todo. Á vez tamén queres mudar de pel, meterte nas turbulencias dun muíño de vento e saír voando coma os paxariños.
Pois coma a flor máis bonita, xa é hora de saír do acubillo e deixar de estar tan resgardada. É tempo de coller azos e abrirte ao mundo, coller o mellor de cada tempo que viviches e fundilo todo.
Muda xa e fai de ti a cousa máis bonita que nunca pensaches ser!
3 comentários:
Great work!
[url=http://bdmfltwh.com/boqg/vzrh.html]My homepage[/url] | [url=http://umxsarae.com/kzia/ifoy.html]Cool site[/url]
Well done!
My homepage | Please visit
Thank you!
http://bdmfltwh.com/boqg/vzrh.html | http://knzwgdxl.com/rrov/vhag.html
Enviar um comentário