3/25/2006

O que se esquece

Un día non soubo amar e convertiuse nunha inútil emocional. Actualmente estase recuperando da súa amnesia e esta letra podería ser o guión dun día destes para poder voltar á normalidade.



Powered by Castpost

(Xa sei que visto dende fora pode quedar demasiado ñoño, pero hai cousas que so se entenden mediante a introspección e iso é cousa de cada un. Veloso, déchesme que pensar, graciñas.)

3 comentários:

Veloso disse...

Vaia, alégrome de que as miñas palabras, habitualmente erráticas, sirvan para algo. Un saúdo.

Anónimo disse...

Un día non soubo amar e chegou a noite (chea de días, grandes como oscuros cuartos de infancia)e a noite berráballe, nas costas e na cara, a inutilidade de escoitar música se non aprendía de novo amar.
E foi un xesto, unha desas pequenas porcións de felicidade que lle dixo: daste conta? amas a música. Vaite a brincar e salta nas pozas, e móllate porque vives. De novo.
Pd.- Moi ben besbellinha

besbe disse...

Rapsot benvido/a. Cando queiras volve a atravesarme coas túas palabras tan fermosas porque fas que me ferva o sangue.Estou viva.