3/03/2006

Non me gusta nada que me potreen


Que unha sexa algo calada e non diga máis do que ten que dicir porque lle parece que os demais xa falan de máis.
Que porque fales máis alto e digas catro palabros técnicos moi ben colocados dando a impresión de que sabes máis co resto.
Que as túas palabras acabalen ás miñas coma se foran bestas na rapa e queiras ir para arriba empurrándote gracias ao apoio do teu pe no meu ombreiro.
Que cando hai un bo proxecto para todos pero que non che vai ben a ti poñas trabas ao caladiño por tódolos lados.
Que che pareza que aínda hai categorías e que catalogues aos demais baseándote en que o teu punto de vista es lo más de lo más.
Que vexas que me mato e que aínda me restregues con queixumes as concesións que che fan a ti.
Que estea notando que so me contes o que che convén e cando che convén.
Que me mires coma unha rival cando sabes de sobra que están tentando levar a cabo un proxecto de grupo.

Que pase todo eso e que haxa alguén que confíe en min e a ti non che guste, pois claro que é fastidiado, pero non me gusta que pasen por riba de min tantas veces. Tranquila que xa me estou poñendo as pilas e noutra así non me cazan.

Respecto a ti, que che dean e que che guste, que non hai que ser tan trepa.

7 comentários:

Anónimo disse...

Acabas de describir á perfección o meu panorama nun feliz (é un dicir) día de traballo. Polo visto o mundo é igual por todas partes. O que hai que lidiar cada día nunha multinacional, ou nunha oficina calquera, é de ordago. Xa quixera Curro Romero.

acedre disse...

Dende logo e a pior clase de xente que pode un topar no choio.
A foto marabillosa de verdade e non sabia da expresion "potrear".
Un saudo e feliz fin de semana sen trepas (suponho).

Desorde disse...

fuxamos das situacións tóxicas!

O Breogán de Gáidil disse...
Este comentário foi removido por um gestor do blogue.
O Breogán de Gáidil disse...

Quen che fixo tal, Besbellinha? Dimo, e coa velocidade do raio convocaréi a tódolos Xefes de Grandes Heroes, ós Fións e a tódolos Fillos de Golam Milidh para que tomes a túa vinganza!

O malo é que, de seguro, habería que convocalos día si, día tamén...

hojasdehierba disse...

Que non che pasen por riba, besbellinha, que non paga a pena...
Unha aperta.

besbe disse...

Ai, moi agradecida a todos e non, non, non han pasar por riba. De feito estoume facendo algo máis asertiva e pouquiño a pouco supoño que me han de ter un chisco máis de respecto.

O breogán, ti de momento ten o teléfono de tódalas tropas a man (se non me acuden a min, igual a larvós lle fan falla)