
Refírome a esas ideas que temos cando imos para a cama pola noite, que andan entre o mundo real e o onírico, que rompen moldes de razoamento lóxico e que polo xeral resolven ese problema sen solución. Entras na fase 2 do soño feliz por dar no cravo e agardas ao día seguinte para recuperar ese pensamento propio de mentes iluminadas. Cando espertas ao día seguinte, esa fantástica idea paréceche do máis ridícula e automaticamente o cerebro bótaa ao lixo para que non ocupe conexións sinápticas necesarias para volver ao bucle do cotiá.
A "idea" viña polo tema tantas veces comentado: hai literatura galega, pero non hai lectores galegos. As imprentas sacan edicións de libros e estes acugúlanse nos estantes de mil librarías do país. Despois resulta que Saramago é portugués e lese e todo o mundo, Paulo Coelho é brasileiro e pásalle outro tanto do mesmo e Ferrín pode optar a un Nobel e en España non o coñecen.
Tamén é certo que non coñezo moitos máis escritores nin portugueses nin brasileiros, o cal é moi curioso, pero xa sería outro tema a tratar.
Ben, visto que a nivel empresarial e de comunicacións se andan a firmar acordos entre os dous países peninsulares (obviemos Xibraltar), eu pensei: " Podíase mudar a liña dunha editorial galega e outra portuguesa, ou facer un convenio entre dúas delas, ou mesmo todas, para editar os libros que lle cheguen, en galego e portugués e distribuílos así nas dúas bandas do Miño. Así alá chegaría a nosa literatura, ampliándose mercado, e aquí tamén teriamos acceso a actual creación literaria portuguesa."
Á mañá seguinte, concluín que era unha mala alucinación, que ao mellor o ideal era o reintegracionismo, que ata fai pouco non me entraba nin con calzador, pero é posible que estivese errada (realmente non hai erros, sinxelamente puntos de vista e diferentes expectativas).
Pois iso, que esa era a idea de antes de mergullarme feliz no meu soño.
4 comentários:
de todos xeitos eu dubido q haxa literatura galega. explícome, publicar publicase moito pero as barreiras non se saltan, entre outras moitas cousas, porque a calidade é discutible e o campo de batalla universal é máis complicado e amplo que o galego (idea para facer país 3 :-) detesto a coelho e saramago, podemos tentar esa liña e facer 'productos'. eu quédome con lobo antunes.
De todas formas está bem isso de aconselhar-se com a almofada. Para meditar e para tomar decisões.
Bjs,
Post Scriptum
p.s. Obrigado polo link ao meu blog.
Pra min un dos melhores momentos do día, cando o sono produce ese tipo de alucinacións temporais...
Eu ao espertar teño unha sensación de lucidez abafante. Parece que lle atopo os defectos a todo o que levo feito durante a miña vida. E o peor é que acerto bastante. Vamos, que procuro volver durmir o antes posíbel (se podo) ou beber un litro de café para atenuar ese efecto "véxoo todo claro e non me gusta nada".
Ufff. Rariño que che é un.
Enviar um comentário