Hello, my friends! Na búsqueda está a felicidade e no achádego tamén. Recibín hoxe un correo de alguén que non coñezo e que veu de visita esta fin de semana á cidade onde moro lembrándose de min (hai unha ponte entre Vigo e A Coruña, está claro). Deixaba claras instruccións do que tiña que recoller e das coordenadas do sitio a onde tiña que ir. Pasei todo o día expectante e agardando saír pronto do traballo, e veño de recoller o presente. Música!!
Servando e contradança que escoitarei máis adiante e unha escolla propia de moitas cancións das que ando a escoitar "As sete mulheres do Minho" cantada por Dulce Pontes (e que xa escoitara nas mozas de Faltriqueira, regalo doutro tempo)
O mellor de todo é que tiña moitas ganas de contárvolo.
Ains, fly me to the moon, and let me play among the stars...andívome esta canción todo o día na cabeza.
5/15/2006
5/13/2006
Imos facer algo

Onte chegoume ao correo da casa unha carta de Médicos Sen Fronteiras cun Muac destes (Mid Upper Arm Circunference) que mide o grao de desnutrición dos nenos. O que teño eu ten catro cores: vermella, laranxa, marela e verde. Na zona que abarca a circunferencia vermella so me entran dous dedos...pois un braciño que abultase coma os meus dedos índice e corazón sería o de un neno moi desnutrido e con moito risco de morrer.
Non sei como chegou esta carta a min, pero pensando no post anterior, misioneira non serei pero tampouco mala persoa.
Despois sobre o que moitos pensamos, se a axuda chega ou non chega...ten que chegar!
5/09/2006
Pecadores

Creo que temos moitas facetas no nóso interior e a min estanme vendo trazas de sectaria. Non por nada, pero é que tódolos testigos de Xehová me paran sempre na rúa, e a pesar do que poida parecer vou sempre andando con cara de malas pulgas e dunha vez case me espeto contra as portas automáticas da estación de RENFE da Coruña porque tiña máis présa eu ca elas, factores que supoño tiran para atrás cando queres parar a alguén. Pois non, sempre me paran e sempre lles paro.
Polo xeral e por recomendación temperá dalguén, ao chegar á casa deixo os folletiños tirados por aí e cando toca recoller a casa, van dereitos ao lixo sen prestarlles máis atención. Hoxe foi distinto non sei por que. E ben, corto e pego o que máis me chamou a atencion:
"Localizar amigos por Internet provoca escalada de divorcios
Los sitios de Internet que permiten el reencuentro de antiguos compañeros de estudios están "provocando una oleada de separaciones matrimoniales a medida que los cónyuges, aburridos el uno del otro, encuentran a sus antiguos enamorados", señala el semanario Guardian Weekly, de Gran Bretaña. Sobre el efecto que este fenómeno tiene en el índice de divorcios del país (que para 2004 alcanzó su punto más alto en los últimos siete años), la portavoz de la organización de asesoría matrimonial Relate, Christine Northam, comentó: "Una gran cantidad de personas guardan un grato recuerdo de su primer amor de la escuela o la universidad, y si non están contentos con su pareja actual, comienzan a preguntarse qué habría pasado si se hubieran quedado con aquel primer amor". El periódico indica que jamás había sido tan fácil que un cónyuge descontento "se conectara a Internet en busca de un ididlio, en lugar de resolver los problemas emocionales del matrimonio"."
Acabo de darme conta de que a revistiña é de outubro de 2005, novas resesas pero á vez supoño que actuais. Dá igual, eu sigo citando cousas da revistiña esta (¡Despertad! 22 outubro 2005) porque ten uns puntos curiosos.
"Si tu pierdes tu valioso tiempo conversando en Internet, es posible que tú también te estés aislando de las personas que más te importan. La Biblia nos da esta oportuna advertencia: "El que se aísla buscará su propio anhelo egoísta; contra toda sabiduría práctica estallará"(Proverbios 18:1). Los extraños que encuentres en las salas de charla difícilmente te alentarán a vivir en armonía con la sabiduría práctica que se halla en la Biblia. Más bien, te animarán a que satisfagas deseos egoístas y a que rompas con las normas morales cristianas."
"Sin embargo, pregúntate: "¿Me conocen de verdad la gente con la que converso en los chats? ¿Se interesan en mi bienestar a largo plazo?" "
"A pesar de que fueron escritas hace miles de años, las palabras del sabio rey Salomón encajan muy bien con los peligros que encierran las salas de charla: "Sagaz es el que ha visto la calamidad y procede a ocultarse, pero los inexpertos han pasado adelante y tienen que sufrir la pena"(Proverbios 22:3)"
E para acabar de convencerme de que a apostasía non foi boa opción, sempre quedarei con isto.
Estoume metendo medo.
5/07/2006
A posibilidade
Do que falaba Marinha aquí*.
Dende que tiven uso de razón (igual non foi con 7 anos) o feito de ter a posibilidade de ser nai non me gustou nada. Houbo un tempo no que non me achegaba moito aos nenos co medo de que me gustase o feito de telo nos brazos, de ensinarlle cousas e todo iso. Agora no traballo unha compañeira trae ao seu sobriño de 4 meses e son a que máis parvadas lle fai. O post da pícara e os conseguintes comentarios fixéronme pensar de novo.
Ten que ser algo moi fermoso, tes que recibir unha morea de satisfaccións e dende logo seguro que se experimentan moitas emocións, sensacións e momentos únicos, irrepetibles e exclusivos que nunca che farán arrepentirte da decisión ou das circunstancias que un día fixeron que ese neno aparecese na túa vida.
Eu non calculo ben a miña idade biolóxica (cousa importante e a ter en conta para o embarazo, anque visto o visto, cada vez menos) porque a miña cabeciña pensa que teño, así sen moito cálculo, 5 anos menos. Fágome responsable de min mesma pero en canto alguén precisa de min, a pesares de estar sempre aí, éntrame un medo terrible e xa non son eu. Os que me coñecen son moi dados a regalarme plantas para a casa e poño todo o meu tesón no seu coidado e aínda así teño que ver como algunhas morren diante de min, día a día, por non saber que facerlles. Non falo xa de ter un animal.
Falando da independencia, penso que ter un fillo múdache os costumes e eu, a día de hoxe, non quero mudalos e penso se algún día quererei ou se será boa a escolla que faga.
Eu son froito dunha parella que me levou ao casamento dentro da barriga dela con seis mesiños de xestación. Co tempo ela díxome que cando soubo que ía ter un fillo (filla neste caso) tirábase do carro da herba embaixo inconscientemente. Tamén me di cada vez que nos vemos, co seu mirar tan bonito, que nunca se arrepentiu de terme ao seu carón. A min so me queda devolverlle o mirar e enxugar as bágoas (tan usuais, por outra parte) sen que me vexa.
(*Se eu me enterase dos trackbacks...)

5/06/2006
Rexeito

Copio e pego o que me chegou, despois de ler isto:
"COMUNICADO DE REXEITA AO PROXECTO DE DECRETO DE TERAPIAS NATURAIS INICIADO POLO DEPARTAMENTO DE SALUT DA GENERALITAT DE CATALUNYA
A Generalitat de Cataluña pretende publicar un decreto para regular as Terapias Naturais que permitiría a persoal non sanitario desempeñar actividades terapéuticas e de prevención sanitaria.
No borrador de dito decreto recóllense contidos formativos e procedementos terapéuticos que xa están regulados académicamente nos plans de estudos das titulacións universitarias de Fisioterapia e Medicina, como son: Terapias manuais (osteopatía, quiropraxia, masaxe, etc.) Kinesiterapia nas súas diversas modalidades (drenaxe linfático, reeducación postural global, electroterapia, etc.)
Esquece a Sra. Conselleira, a definición e funcións da Fisioterapia, tanto no seu significado etimoóxico: "terapia manual"; como conceptual: "A arte e a ciencia do tratamento, prevención e rehabilitación por medios físicos".
O decreto nace adoecido por unha evidente desinformación sobre a fisioterapia dende os ámbitos académico e profesional, que non foron consultados pola Consellería de Saúde, e consecuentemente invade os ámbitos competenciais dos fisioterapeutas que xa veñen ofrencendo á sociedade os recursos asistenciais antes citados, VULNERANDO a lexislación académica e profesional das condicións para o exercicio profesional da fisioterapia en Cataluña e o resto de España (Ley 44/2003. Ordenación das Profesións Sanitarias. BOE nº 280 de 22/11/2003. Art. 7.B).
..........
..........
Entendemos que o Ministerio de Educación, a través dos plans específicos, é o único Organismo competente para a concesión dun título propio das Ciencias da Saúde. Cremos estar, polo tanto, ante a regulación encuberta dunha profesión sanitaria, realizada totalmente de costas á Universidade e aos Organismos competentes.
..........
.........."
Aquí o proxecto, e aquí os que o piden. E aquí a definición do que me da de comer. A ninguén lle gusta que lle corten as ás e con isto eu sinto que me están rompendo as mans. Esta é unha opinión coma outra calquera e un sentimento propio.
Dicir tamén que a Consellería de Saúde do Goberno Catalán comprometeuse a retirar o Decreto de Regularización das Terapias Naturais.
5/01/2006
4/29/2006
Su, temos que falar.

SMS recibido: "Boas, a que andas? Eu estou de finde en tal sitio e acabo de descubrir que temos outro amigo en común! Un tal fulanito co que coincidiches nun casamento. E non me contaches nada!"
SMS respostado: "E onde demos queda tal sitio? E j...er cos amigos en común hahaha dille se aínda ten o tacón do meu zapato....Dios, aínda estou flipando, un bico pa cada un !"
Nena, aínda que non nos vemos moi a miúdo, está visto que acabamos coñecendo ás mesmas persoas e o conto é que xa van varias veces que pasa o mesmo...coma nos chistes de Chiquito: uno que llega jaaarl!. E resulta que te/me coñece.

Pedazo bodorrio, por certo.
4/28/2006
Eu, que quero ser ghaiteira...
...e dame que nin para frautista.

pifiaflautista.WAV
Powered by Castpost
O Caneco
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo
se o botei feixen ben
tamén o botou Manolo.
Tamén o botou Manolo, tamén o botou Manolo.
Miña nai a min berroume
por botar un ferrancholo.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
E súmballe o caneco e o caneco sumba
e súmballe o caneco e o caneco sumba sumba.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar
agora dime rapaza
cantos polbos che hei botar.
Cantos polbos che hei botar, cantos polbos che hei botar.
Vindo dos polbos da illa
parei no medio do mar.
E súmballe o caneco...
Boteiche un polbo na saia
túa nai ben me mirou
agora vaite queixar
ó cono que te botou.
Ó cono que te botou, ó cono que te botou.
Boteiche un polbo na saia
túa nai ben me mirou.
E súmballe o caneco...
Pois iso, que a tocaron os de Muxicas (No colo do vento) e ben, iremos zumbarlle tamén ao caneco.Pi-pí!

4/26/2006
Extremadura
Porque eles tamén teñen historia e ás veces síntense esquecidos do mundo cando todos miran para os cataláns, os bascos e os galegos considerados nación. Dixéronme que Ibarra non é tonto e que se o queren crucificar que non sexa polo que acaba de dicir, se non polo que leva facendo todos estes anos cun territorio que goberna coma un cacique.
"Consejos del tío Perico" de "El Miajón de los Castúos" de Luis Chamizo (editorial Pueyo, 1921)
"......
Quiere un hombre, quiere un hombre d´estos hombres
ya curtíos por el frío del invierno,
y tostaos por el sol del meyodía,
y bañaos po las aguas de febrero,
y besaos po la luna cuando duermen
en las eras, junt´all trillo, cara´l cielo.
Qu´estos hombres son los machos d´una raza
de castúos labraores extremeños
que inorantes de las cencias de los sabios
las jonduras d´otras cencias descubrieron
cabilando tras las yuntas
en la pas de los barbechos.
.....
Qu´estos hombres qu´al amor de sus terruños
ayuntaron el sentir de sus adentros,
despreciando la pereza sin descanso
de los hijos poltronaos del dinero,
con la juerte calentura de su gloria
que manó del corazón a sus celebros,
conquistaron pa los reyes de su Patria
los Peruses y los Méjicos;
y llenaron de pinturas sus iglesias,
y parlaron su sentir en los Congresos,
y cantaron la belleza de sus campos,
y elevaron sus plegarias a los cielos,
y murieron orgullosos por la causa
de las santas libertades de su pueblo...
Son asina los cachorros de la raza
de castúos labraores extremeños,
que, inorantes de las cencias d´hoy en día,
cabilando tras las yuntas, descubrieron
que los campos de su Patria
y la madre de sus hijos, son lo mesmo."
"Prólogu" de "El Prencipinu" de Antoine de Saint-Exupéry traducido ao Castúo por Antoniu Garríu Correas.
".......
Comu homenaji a las variedadis lingüísticas estremeñas -nu reconocías ni potenciás- queu esti prólogu en : ALTU ESTREMEÑU (quiciás pol sentilu prósimu); en A FALA, usá en el Valli de Xálima (Noroesti de Cazri); en PORTUGUÉS de Olivenca/Olivencia y algotras zonas lindantis (con las súas variantis). Y tamién en castellanu. ¡Disfrutái al leélu!
¡Prencipinu...bienveníu, amiguinu!
..........
Comu homenaxi ás variedáis lingüísticas estremeñas -nun ricuñicías ni potenciás- deixu esti prólogu in ALTU ESTREMEÑU (quizás pul sintilu celca); in A FALA du Valli de Xálima (NOroesti de Cáciris); en PORTUGUÉS de Olivenca/Olivenza i de oitras zonas fruntiridas (cun máis u menos variantis). I tamén en castellanu. ¡Que disfrutéis ú lelu!
¡Prencipinu...benvidu, amiguiñu!
*Textu en lagarteiru pul cortesía de Sivirinu López (As Ellas).
......"

4/25/2006
Love me tender, love sweet, never let me go.

Xa todos teremos oído falar da fibromialxia, ese síndrome ou, como refiren por aí moi ben, entidade de etioloxía idiopática-descoñecida que afecta a un 2% da poboación, que se caracteriza por unha dor músculo-esquelética crónica. Sempre me chamou moito a atención porque ata o de agora non hai probas clínicas coas que confirmar o diagnóstico, co cal non é considerada enfermidade e si un síndrome (un conxunto de signos e síntomas).
E como non lle vou descubrir nada a ninguén pois comentar algo curioso: o transtorno de conversión, que é cando a nosa cabeciña expresa as súas cousas afectando ao noso corpo acabando nun estado nada saludable, similar á somatización, so que as conversións seméllanse máis aos procesos neurolóxicos. Hoxe falamos destes transtornos pero fai un tempo falaban de histeria cuns tratamentos que calquera rexeitaría e a conto de todo isto, cos avances da ciencia, resulta que os transtornos de conversión que antes se manifestaban en forma de cegueira, parálise dalgún membro etc comezaron a non ser tan frecuentes, posto que xa se podía saber se o problema era real ou non.
Hai por aí varios estudios sobre se a fibromialxia pode ser unha manifestación dalgún transtorno psicolóxico-psiquiátrico, o cal seguro que pode molestar a quen a sufre.
De momento quedamos co que di o American College of Rheumatology sobre os criterios diagnósticos.
Subscrever:
Mensagens (Atom)