A descuberta da recén comezada (e recomendada) historia con crime por medio de
Ricardo Taveiro titulada "A vida escarpada", a iniciativa de
Ediciós da Rotonda (da que pronto teremos novas novas, válgame la redundancia.
Aquí dorfun deixa onde baixar "O home inédito" e outras cousas), o 1º concurso de microrelatos de pseudos
Á maneira de Manuel Rivas, idea que tivo
bola extra e o
premio Xerais en si, fanme pensar en que igual se podía convoar un premio de narrativa dentro da
Blogomorgue seguindo a liña dos
Chanante Piñeiro vs Chano Piñeiro.
Como se sospeita que aínda hai vida na blogomorgue igual sae
A GRAN NOVELA GALEGA debaixo dalgunha lápida do
cemiterio. Así pois, aí vai a convocatoria:
Edicións Blogomillo de Galicia/Galiza convoca a
primeira edición do premio Blogomorgue de Novela en lingua galega dotado dalgún recoñecemento aínda por determinar que se rexerá polas seguintes bases:
1º. Poderán concorrer ao premio todos aqueles blogueiros/as de calquera nacionalidade que presenten os seus orixinais en lingua galega, conforme á normativa vixente na súa cabeza. Os textos presentados han ser inéditos e totalmente orixinais.
2º. Cada orixinal presentarase nun blogue feito para a ocasión ou ben tagueado convenientemente antes do día
10 de abril de 2007 ao correo
blogomorguenarrativa no gmail punto com.
3º. O xurado estará composto por cinco membros, escolleitos, para cada edición, entre lectores, recoñecidos profesionais da cultura e un secretario con voz e sen voto en representacion de Edicións Blogomillo de Galiza/Galicia, S.A. O premio outorgarase por maioría de votos.
4º. A composición do xurado darase a coñecer no mes de maio (primeiro a ver se o atopamos e despois a ver)
5º. O xurado emitirá o seu fallo no curso da Cea "Blogomorgue" (similar a
esta) que se celebrará alá por xuño (non se dan datas porque se hai que poñer de acordo, e igual aínda queda para xullo)
6º. O premio poderá ser declarado deserto no caso de que o Xurado así o estime, e a decisión será inapelable.
7º. Aquí ven o tema Creative Commons que se falará convenientemente co gañador.
8º. Os non premiados poderán facer o que lles pete coas súas bló-novelas, que para algo son súas.
A participación nesta convocatoria requerirá a aceptación das normas contidas nas presentes bases e as decisións do xurado que se teñan designado.
Polo de pronto eu presento a miña
pseudo-plaxio-novela fora de concurso e tal.