E última entrega vai hoxe da man dos creadores das
Crónicas do Palheiro e colector lixo (colixo) responsable de
quentidades industriais:
Por qué adicas o teu tempo a facer isto?
Opalheiro1: Pois sempre tés que topar algo no que botar o tempo, e a verdade é que o blog nom consume tanto tempo.
Opalheiro2: Tem razão 1, não gastamos muito tempo no blog, e o bom dum blogue colectivo.
colixo: Por xogo.
Por qué imaxes e non texto?
Opalheiro 1 e 2: Nós metemos texto! Pero as imaxenes son mui importantes no noso blog.
colixo: Deixa máis liberdade á imaxinación.
De onde sacas as fotos?
Opalheiro2: Fedelhar pola internete adiante, e mais duma vez modificar nós alguma para que quede melhor. Para ilustrar um post no palheiro sempre metemos en google "photo erotica" e a surfear um pouco. Também contamos coa indicação dos colaboradores
colixo: De webs especalizadas en fotografía erótica.
Fas estas cousas de verdade?
Opalheiro1: Que se fodemos? Unhas mais que outras!
Opalheiro2: Se o blog não tem mais entradas é pela falta esporádica de sexo dos seus habituais. Temos o compromiso de não escrever se não fodemos.
colixo: Traballar, postear e foder? Claro!
A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?
Opalheiro1: Pois os creadores do Palheiro non tíñamos blogue de seu, pero somos uns miróns do blogomillo, e un dia que estávamos a falar de temas varios coido que foi este daquí quen relacionou o noso voyeurismo con algún matiz sexual...
Opalheiro2: E o LK fizo o resto. Estivemos um mês a pensar em fazer o blogue, e uma manhã em arroutada registrei o nome (ideia da minha companheira) e mandei-lhe um correio. A verdade é que não foi uma cousa mui pensada.
colixo: Nunha mañá de resaca en boa compaña.
Lore di en madialeva "Igual eu tamén teño algo que decir". Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?
Opalheiro1: Para nada. Levamos fondendo dende antes de baixar das arvores e ainda hai xente que fai libros e blogs sobre sexo. Se todos repetiran o mesmo non teriamos mercado.
colixo: O sexo, como os clásicos, sempre ofrece novas interpretacións.
Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.Opalheiro1: O sexo non soluciona todo, pero axuda. Unha sociedade "mais satisfeita" no eido sexual seguro que toma as couas con menos dramatismo. E no Palheiro nom admitimos leas, nen políticas nen ortográficas
Opalheiro2: Nós decidimos a normativa da página (dos menus e dos comunicados "oficiais) botando uma moeda... imaginade.
colixo: Onde está o problema de termos mais sexo que terrorismo?
A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?
Opalheiro1: A sociedade galega é mais pechada de mente do que un poderia pensar. Algunha noite podes topar na cama con algún que ten ideas ou prexuizos sexuais que meten medo.
Opalheiro2: A minha experiência não é tam crítica como a minha companheira. Não sei se é cousa da nossa sociedade, pero os galegos adoitam estar mais "esfameados" e se nas conversas não adoitam sair temas sexuais depois na cama amanham essas faltas.
colixo: A sociedade galega ábrese mais de mente que de pernas.
Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?
Opalheiro1: Nós temos a firme promesa de non escribir no Palheiro se esa semana não fodemos. Nada de historias vellas, Todo actualidad! Outra cousa son os nosos colaboradores
colixo: A linguaxe do sexo é a única que se pode falar coa boca chea.
Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?
Opalheiro1 e 2: Nin de coña!
colixo: Para que? Axuda nalgo saber nome e apelidos en temas de sexo?
Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?
Opalheiro1: Xa sei que é un tópico... pero Manolo Rivas.
Opalheiro2: Eu não quero lios com famosas, que depois so dam problemas
Opalheiro1: Ei! Pero ti e mais eu temos um acordo...
Opalheiro2: Sim, bom. Não sei como se chama, pero a rapariga que da os esportos na TVG pela manhã. Se entra a tiro algum dia "A palheira" e mais eu queremos um trio. Pero essa não é famosa!
colixo: Moitas. Desde Teté Delgado a Toñito de Poi. E dos non famosos a lista ainda é máis longa.
O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?
Opalheiro1: Non é peloteo, pero eu sigo Beliscos Pequenos! Pero nada sexual, non se enfade!.
Opalheiro2: Eu não estou tam metido no blogomilho como ter preferências :D
colixo: Pero os blogueiros teñen sexo?
Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?
Opalheiro1: Non hai unha viñeta na que sae un home gordo e con barba chateando como se fose unha mulher loira e escultural? ;)
Opalheiro2: A verdade é que todas as colaboraçoes no Palheiros forom de mulheres. Não sei a razão, mais está bem!
colixo: Hai máis onanismo entre os homes e exhibicionismo entre as mulleres?
E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?
Opalheiro1: O "case" sobra, que a última que mirei sain conas e carallos en versión macro! Eu podo sentirme escitada por unha imaxen esplícita, pero moitas veces as imaxenes que crea a mente lendo os textos doutros blogs son mais efectivas.
Opalheiro2: Eu nunca precisei de imagenes esplícitas para os meus posts, incluso "difuminei" algunha... Que o nosso é um blogue com estilo! A verdade é que os homens psomos mais visuais e queiras ou não a pornografia, se está justificada, não tem porque devaluar o blog.
colixo: Non creo que a diferencia de estilo teña a ver co xénero.
E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?
Opalheiro1: Agás cuando falemos de fantasias (e así se indique) todo o que poñamos no Palheiro é pura verdade!! (literalizada).
Opalheiro2: Amem. (Bom, também há sitio para fantasias e histórias inventadas no palheiro).
colixo: Non traballo en fábrica ningunha.
Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.
Opalheiro2: Pois aproveitar para fazer publicidade de autos Lobell... digo do nosso blogue e lembrar que cualquera que queira entrar nisto do fodemilho (anónimamente se calhar) pode emprega-lo :D
Pois ata aquí chegamos e hoxe os agradecementos a
Snob Megalove e a
Gustavo Harvey, e por suposto a tódolos integrantes do
fodemillo. Moitas gracias.