4/04/2007

Semana de paixón

E tal como comezamos a semana, comezaremos a santificala.



Son as polémicas fotos de J.A.M. Montoya, nado en Badajoz no ano 53.



Nestes dous sitios (para ler e para ver) conta que "Si me preguntas en general por mi trayectoria fotográfica he de decir que sólo pretendo expresar lo que pienso y lo que siento a través de la fotografía, si me preguntas por Sanctorum contestaría lo mismo, ha sido mi forma de criticar unos acontecimientos concretos que tienen que ver con ciertas actitudes de un sector muy específico del estamento eclesiástico".



Tivo outra obra polémica, In Breeding 1995-1998. A min gústame, é arte, é expresión e cousas peores se teñen visto.



E esta sería unha boa ocasión para falar do que me gusta Badajoz, do que me une con esa terra, de flaxelarme sabendo que esa relación vai mudar...pero non o vou facer porque as procesións van por dentro, anque estas anotacións estanme servindo un pouco de desafogo.

Á volta lamberémonos as feridas do cilicio e das mortificacións internas.

22 comentários:

Anónimo disse...

Oremus...

Zerovacas disse...

Bravo! Hai que canonizar o sexo dunha vez! Pásao ben esta semana (eu marcho en media hora para o aeroporto) e sé feliz

Anónimo disse...

semella que tódolos santos teñen "poderes", e o que máis, como non, el cristo del Gran Poder...

DDD

Arale Norimaki disse...

Vaia así que temos un Mapplethorpe extremeño e devoto, grazas pola descuberta. Moito aprendín eu de ortodoxia esta semana por aquí ;)
Boas vacacións e as mortificacións deíxallas áos do Opus, ti pásao ben!

Anónimo disse...

Nom sei que dizer... tinha o bom rolho do alcoolismo congénito mas já se me passou... vou pra a cama a morrer de nojo!

Anónimo disse...

Canta razóns tes. Cousas moito peores se ven todos os días nos xornais sen que cheguen escandilar a la gente bien.

besbe disse...

O mesmo digo, as minhas mulleres, oremos nesta semana.

Zerovacas pásao ben e fareiche caso, serei feliz.

Cambote :D toda a razón, que os santos non deixan de ser persoas.

Arale a min tamén me lembrou ao Mapplethorpe, penso que daquí tamén se poden exportar cousas moi interesantes en canto a arte. Desfruta ti tamén das vacacións que eu tentarei aproveitalas o mellor posible :)

Harvey tamén estiven onte reconciliándome co alcolismo conxénito e de noxo non morreu ninguén. Falamos!

Randeeiro, boa verdade que nos xornais se ven cousas peores e máis escandalosas, pensar nas guerras escandalízame e revólveme máis o estómago que estas fotos. Bicos.

Prosciutto Mourente disse...

Geniais essas fotos! Resultou-me especialmente impactante a do cristo empalmado na cruz. Saudinhos!

Sheila disse...

O cristianismo sempre desprezou o sexo e a carnalidad: a vida mesma. Odio as procesións.

A Raíña Vermella disse...

POis eu creo que todo o contrario: toda esa dor e todo ese sangue (e a complacencia nelas) non deixa de ser unha sublimación un pouco morbosa da carnalidade, e ao meu entender estas fotos van diso. Moi boas, por certo. Terá a relixión un punto sado?

Sheila disse...

Vendo as procesións de Sevilla, sen lugar dubida a relixió non ten un punto sado, sino que é sado.

franetico disse...

no puedo esperar mucho más para leer tus impresiones cilícicas... semana santa de pasión y carne

besbe disse...

Mourente, son ideais para estas datas e calquera delas, a min polo menos, faime ver as cousas dun xeito distinto.

Sheila :) a min as procesións... e máis que seguro ese punto sado rainha vermella, de sufremento, de martirio que ao final lles provoca unha satisfacción orgásmica e unha descarga de endorfinas tremendas unha vez que deixan de mortificarse e cesa a dor.

Hai moitas maneiras de entender o pracer e sufrir por el pode ser unha.

Franético, están sendo moi boas as impresións que estou sacando esta semana, continúo de recollemento ata nova orde :) e encantada de verte por aquí.

bicos de pecado a repartir entre *s fieis!

An disse...

Gosto delas, nalguns casos parecenme moi naturales, a situación pudo ser dese xeito perfectamente :D Saudos

Anónimo disse...

Concordo, non hai nada máis sado que unha procesión de semana santa. A igrexa sempre soubo dárlle ao fregués o que o fregués precisa. Caña, moita caña.

Anónimo disse...

Cosas como estas son las que le alegran el día a Ratzinger, ja,ja,ja.

Bueno a lo que iba, lamentablemente el día ocho no es la mejor fecha para que podamos acercarnos por allí. Esperamos que haya una oportunidad mejor, porque tenemos muchas ganas de visitar tu tierra.

Muchos besos.

besbe disse...

Claro que si an, a ver de onde veñen esas teorías de que o Xesús casou coa Magdalena e tiveron fillos, que o Espíritu Santo non pode estar a todo.

Doutora Seymour é vostede todo sabiduría, coide da paciente :)

Dr infarto ahahahahaha seguro que Ratzinger las tiene enmarcadas en la pared y les reza todas las noches. Y sobre lo del día 8 es una pena, de todos modos invitados quedáis a pasaros por aquí, como seguro que dicen las escrituras por algún lado: mi casa es vuestra casa :D Besos!!

Ra disse...

Amén...
Bico,Besbellinha

Anónimo disse...

1. A Semana Santa de Sevilla non é sado. O que probou o sabe. É máis sado un minuto no festival celta de ortigueira.
2. Estar con ese trancazo nesas circunstancias claramente hostís é digno de louvanza. O que ten mérito é o que pousa e a que pousa.
3. En Extremadura por estas datas (concretamente o domingo de resurrección) son típicas as xiras campestres por entre as oliveiras e as encinas. As parellas (ou tríos ou ás formacións que cadren) aproveitan para coller espárragos silvestres. E xa dixen moito.

besbe disse...

Ra, así sexa :)

Arumes,
1.nunca estiven en Sevilla nestas datas pero algo sado si que é, que os costaleiros sufren a pracer. Sobre Ortigueira, concordo totalmente...sobre todo se che toca non-durmir ao lado da carpa dance chunga.
2.non sei que dicirche ao respecto que non me enterei ben do que querías dicir.
3.non me recorde vostede máis a extrema e dura, que tamén xa dixen moito.

bicos :)

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Digo eu que hai que ter humor (quero dicir sangue) para elevar esa porción de carne con tanto ropaxe de monxe. E sobre todo morrer crucificado co membro mirando para Inri. As e sobre todo os que pousan para o fotógrafo teñen todo o mérito do mundo.

besbe disse...

eu tamén o pensei, pero tamén me decantei pola opción photoshop...non sei.

Debe ser un comedeiro de cabeza pros fotógrafos buscar modelos, sempre o pensei.