4/16/2007

Opositar, hobby nacional

É que nos encanta o tema das oposicións, máis ca nada por eso de reencontrar amigos que non sei como facemos que nunca damos aprobado. O mellor de todo é que se non levas o exame preparado sempre atopas aos outros dous de turno que van exactamente igual ca ti e axudas a relaxar o ambiente falando xa de que o que máis che fastidia é ter que perder o partido Celta-Depor, que que guapos estamos, que hai que quedar para saír e a ver se baixas ti a Vigo ou subo eu a Coruña, que vamos xogar a cubrir a quiniela nos exames tipo test e "tía, que mal, que eu saín onte" ao cal se lle resposta "ti tranquilo que eu tamén". Hai cousas que nunca cambian.

Ao conto, que tivemos exame de galego e decateime de que non teño moita idea da lingua que falo. Ale, fáganme que opositan e a ver que lles parecen as preguntas.

1. Das seguintes conxuncións e locucións conxuntivas cales son as correctas:

A. Sen embargo
B. Nembargantes
C. Porén
D. Ningunha é correcta

2. Cando leva acento a contración "ca":

A. Sempre cando contrae cun artigo determinado
B. Sempre cando contrae con calquera tipo de artigo
C. Sempre cando contrae ca, conxunción comparativa, cun artigo determinado
D. Sempre cando contrae con, preposición, co artigo determinado a

3. ¿Cal das seguintes palabras non se pode acentuar graficamente?

A. Día
B. Partíu
C. Dá
D. Téxtil

4. ¿Cal das seguintes palabras non se acepta no galego normativo actual?

A. Decontino
B. Até
C. Devagar
D. Entonces

5. ¿Cal das seguintes expresións está mal escrita?

A. Dacordo
B. Talvez
C. Mao
D. U

6. Marque a palabra incorrecta:

A. Médula
B. Omoplata
C. Xeonllo
D. Virilla

7. Na escrita en galego o signos de interrogación empregaranse

A. O seu emprego é obrigatorio ao inicio do enunciado.
B. O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado
C. O seu emprego é recomendable pero non obrigatorio
D. O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado e recomendable ao seu inicio para evitar ambigüidades

8. ¿Cal das seguintes expresións é incorrecta?

A. Vouno levar deitado
B. Eu marcho
C. Marchardes xa
D. Estarrica-lo brazo

9. Na frase Onte non parou de lapiñar substitúe o termo lapiñar por un sinónimo correcto

A. Molestar
B. Manchar
C. Orballar
D. Lapidar

10. Dos seguintes termos ¿cal nomea á rexión comprendida entre as vértebras cervicais altas e a zoa occipital?

A. Calostro
B. Sacaluga
C. Xalouco
D. Caluga

Preguntas de reserva:

11. ¿A cal dos seguintes termos correspon a diagnose Esguince?

A. Escordadura
B. Torcedura
C. Extrusadura
D. Todas as respostas anteriores son correctas

12. ¿Cal é o nome galego da articulación radio-carpiana?

A. Boneca
B. Pulso
C. Cóbado
D. Ningunha das anteriores respostas é correcta

13. A que nos estamos a referir ao nomear un cabaleiro?

A. Tortícole
B. Parálise braquial
C. LUmbociatálxia
D. Tendinite de Supraespinoso


As respostas nos comentarios e estoume dando conta de que fallei moitas por non lelas con atención. Que desastre de exame!

29 comentários:

besbe disse...

Respostas correctas:

1.C
2.c
3.B
4.D
5.A
6.A
7.D
8.C
9.C
10.D
11.A
12.B
13.A

A pirámide disse...

Sete de dez dá para aprobar?

besbe disse...

espero que si pq é o resultado que teño :)

besbe disse...

ah eso, catro mal quitan unha ben e as que non se respostan non se penalizan, para quen non estea posto no tema

Arale Norimaki disse...

Vaia! Considerando a resaca do domingo coido que non tería atinado demasiado, máis que nada polo cansazo. A ver se soa a frauta e desta vai.
Por certo, encantada de vos coñecer a todos o outro día, malia perderme á saída do Avante ^^U

mariademallou disse...

emenos mal...que fostes!!!!
un bico enorme guapa.
:)
vémonos prontiño?

besbe disse...

arale, estaba abrindo a boca de sono no exame, todo o mundo nervioso e eu quedándome durmida. E de feito penso que fixen mal algunhas por culpa diso, pero nada, a ver se a frauta sona, que a min íame dar moito gusto. E o mesmo digo, encantadísima :) e xa dicía eu que no forum faltaba xente.

maría si, ou esta noite ou nesta semana :)

Son Unha Xoaniña disse...

Pois eu xa che tiña suspenso seguro.
Pero teño a disculpa de que os da miña xeración non tiñamos o galego como asignatura, tivémolo que aprender de oidas, e nos famosos cursiños de iniciación e perfeccionamento.
Un saudiño

Anónimo disse...

eu non aprobo, non poderei traballar no SERGAS. Porén podo dicir que se fixera o exame antes de comezar co meu blogue ainda o faría pior.

Ra disse...

Ayyy,Besbe...a mí me suspendieron uno igualito con un 4`7! ;)
No hay piedad.
Bico

María M disse...

6 de 13, que mal! Suspendín!, Bua, bua bua... :'(

Basho disse...

E opositavas para médico ou para enfermeira?

É a típica estupidez que põem num exame do castrapo que nos venderam como galego.

Dá nojo.

Eu tenho as minhas "oposiciones" no verão e decidi fazê-las por "Lengua e Literatura Castellana". Estou farto de ensinar inglês porque não há un só aluno que esteja interessado em apreender issa língua! Pelo menos, um certo domínio da língua por parte dos alunos fará com que eu me desespere menos nas aulas... ou isso espero.

Anónimo disse...

tempo levaba sen facer exame ningum ,efalloume o metodo cientifico: se dubidas é a C
sorte o/as opositore/as

moucho branco disse...

pois se ti non sabes a língua que usas mellor eu me escondo... teño un cacao de normativas do galego, koruño, castelán e húngaro que buah, neno...

moita sorte na oposición...

Mario disse...

Bufff, eu paso de dicir o que opino do tema das normativas, porque aínda aspiro a traballar disto. Se tes o exame gárdamo ou fotocopiamo, hai que coñecer como pensa o inimigo. E se queres axuda non son o mellor pero algo vou sabendo, ou iso di o título.

paideleo disse...

Eu aprobaria pero raspado. Ana, que quere opositar, suspenderia.
Este mundo e inxusto.

Zerovacas disse...

9 de 13. Aínda me resta algunha neurona.
Perdoa por non despedirme o sábado, pero, xa sabes, atopeime cuns coñecidos... e a esas horas lémbraste da educación na Praza de Galicia. Falamos (e o sábado, en principio, vémonos no Playa, ¿non?)

rosa enriquez disse...

Eu teño moitas dúbidas porque dende que rematei ata agora houbo moitos cambios na normativa. Merquei un obxecto marabilloso: o diccionario pero tía sigo igual, agora as dúbidas son doutro tipo, construccións feitas... Bla bla bla... É o malo que ten ser educada en castelán. Pero vou mellorando. Un bico rapaza ¡¡ Moi contenta de ter falado contigo. UNha aperta(valdeorosa)

besbe disse...

rifo, os cursiños sempre son bos que miña nai tampouco tivo o galego como asignatura e agora fixo un e venme toda contenta a dicirme "e ti sabías que esto dise así en galego?" Para algo valen.

ghanito, ao final os blós aínda van valer para algo :)

ra, pois ánimo que caramba!

mariquiña, esquécete das de reserva, que con contestar ben a cinco das dez primeiras penso que chega :)

parzival, non oposito nin para médico nin para enfermeira, para fisioterapeuta, a opción que che faltaba :D Sorte ti coas túas e sobre o inglés, a min teríasme de alumna, que me gustan os idiomas anque se me dean todos fatal, pero por tentalo que non sexa.

ak, eu levaba tempo abondo tamén e moitas foron respostadas ao chou e así me foi que non dei unha, máis me voulera deixalas sen respostar. E gracias que sorte vai facer falla moita.

moucho eu aprendín un castrapo a mar de chulo e agora xa nin sei o que falo nin o que escribo, tanta normativa vólveme tola, e o koruño...que te voy contar.

mario agradecidísima e si, o exame téñoo por aquí, xa cho pasarei :)

acedre vaille dicindo a Ana que mire a normativa que eu fun sen mirala e así me foi. E sorte a ela tamén, ao igual que a parzival, que me da que van no mesmo ramo.

zerovacas, o mellor de todos ata agora, voute ter que mandar para a próxima no meu sitio. E o sábado fómonos perdendo todos polo camiño e non cho teño a mal ho :D e si, nun principio este sábado a ver ao Sr Chinarro :), xa falamos.

Rosa eu tamén merquei un diccionario hai un lote de tempo e non sei se xa estará caducado :D E o outro día un pracer, para repetir, non? Un bicazo!

Anónimo disse...

Ei... na 10 pon zoa e só zoa o vento. Pódese inpugnar a pregunta por iso?

A rapaza do arco disse...

Estasme metendo un medo... :)
Agardo que todo saia ben e que aprobes, se non, creo que até me vou sentir culpábel.
Cando confirmache que viñas, dixen: que guai, por fin a coñezo, e despois: pero esta tía non tiña unhas oposicións :D
Esta rapaza si que ten valor, foi o seguinte que se me pasou pola cabeza. E o caso é que sería unha pena que non viñeras porque molou moito coñecerte e paseino moi ben con vós.
Bicos e sorte!

Prosciutto Mourente disse...

Que divertido! Eu 12 de 13, mas é o meu choio, assi que nom o tenhades em conta hehe Ei, eu creio que também vou opositar!

besbe disse...

turonio, que a impugnen e de paso que impugnen tamén a 11, que eso de "correspon" non sei de onde o sacaron.

arqueira :) que vou aprobar ho se contrastei respostas e eso, do tema lexislación nin idea (con fallos e todo teño un tercio da puntuación posible) despois nos casos prácticos xa foi mellor que restando as que me ían mal quedo coa metade da puntuación. Ai, se estudiase algo!
Eu tamén o pasei moi ben e seguro que me tiña pesado non ir, así que, oposicións tamén ha de haber máis, non é? Bicos e moitas gracias e un pracer terte coñecido, caéchesme xenial :)

Mourente e agora quedo coa dúbida, cal erraches??? E se opositas, entrena, non fagas coma min, e moita sorte e ánimo.

Mr Tichborne disse...

Por que virilla está mal escrito? Que teñen en contra da virilla? E sobre todo, que demo é unha virilla??!

Anónimo disse...

A min agárdeme o 12 de maio (seica) a miña primeira dunhas cantas oposicións. Digamos que máis que facer a oposición imos cheirar que ambiente hai e de excursión ás fervenzas do Toxa hahaha.

O exame de galego aprobado xustérrimo ;)

Basho disse...

Fico mais tranquilo ao saber que havia uma ração para tanta pergunta sobre anatomia e lesões. A gente têm visto tantas questões sobre vocabulário de especilistas nos lugares menos ajeitados para elas!

Não te desejara sorte com a qualificação, mas seguro que aprovas... :)

besbe disse...

mr tichborne, seica a virilla é a ingua, é dicir: Parte do corpo no que as coxas se unen ao ventre. Mira ti que non saber esas cousas...eu a verdade non tiña nin idea.

pandeirada sideral, pois moita sorte e non sei que me da que vas coa mesma idea que levaba eu. En Silleda moito sol, nada de entrar con móviles e dentro do recinto do exame hai unhas pombas moi majas que andan voando dun lado a outro facendo rurrú e que despistan algo. As fervenzas seguro que siguen preciosas e se ides por alí dime se as xestas siguen tendo nós feitos polas namoradas e casadeiras.

Parzival, xa ves ti o da virilla...palabra descoñecida para min e no tema dos "esguinces" tampouco o tiña moi claro. Sorte para ti home, que mereces aprobar máis ca calquera de nós. Un bico.

Gaceta disse...

:-O
Debacle.

besbe disse...

mi ma canto temos que mellorar maceirax, todos!