4/13/2007

Denunciando cousas que se poden solucionar

Pois esto vai de denuncias e chamamentos cidadáns:

1. Dous campos de golf en Tomiño e 800 vivendas, un absurdo máis. Copio e pego:

Un monte comunal, expropiado aos veciños de dito municipio, será o sacrificado pra construir os DOUS CAMPOS DE GOLF E AS 800 VIVENDAS PROXECTADAS , quebrántando a Lei 13/1989, do 10 de outubro, (publicada o día do meu nacemento, que casualidade) de Montes Veciñais en Man Común, que estabelece no seu artigo 2 que os montes veciñais en man común son indivisibeis, inalienabeis, imprescritibles e inembargables.

Esto supón o 40% dos montes comunais da parroquia de Pinzás, que hoxe en día ten 161 habitantes. Para que tanta vivenda e tanto campo de golf???? Non coñezo Tomiño, si xente do lugar e penso que non é moi razonable facer estas cousas. Vos diredes e vos denunciaredes.




2. As Pontes, a nosa Springfield querida (meto a tódolos castigadores no mesmo lugar de orixe), vai ser víctima dun acto máis de destrucción do patrimonio, neste caso do círculo lítico da Mourela. Seica dende o ano 1970 se andan destruíndo xoias arquitectónicas (non sei canta importancia histórica teñan, pero destrúense igual a favor do progreso e da industria e etc) coma ermidas, cemiterios paleocristiáns, castros etc... para enterarse máis a miúdo este pdf en galego e en castelán, e esta páxina, a de choiva ázeda, que é quen ven a preocuparse do tema, sobre todo agora que queren facer a autovía Ferrol-Vilalba e o goberno ten a oportunidade de facer un túnel e non arrasar cos restos da Mourela, do que quedan tres mámoas (das cinco que había) e os restos dun círculo (dos dous que existían). O mesmo digo, vos diredes e vos denunciaredes.

3. Adopción de cans. Isto xa é tema de amor aos animais, que resulta que pechou unha "perrera" (canceira? definitivamente o galego é un idioma deturpado e incompleto) na Coruña, e so hai dúas opcións ou sacrificar aos animais, ou dalos en adopción. Agora mesmo están todos na casa dunha rapaza, Mónica, que non se pode facer cargo deles.
Se alguén está interesado en adoptalos este é o teléfono:

629 278 238 e aquí podedes ver os cans.

Moi agradecida e a ver se entre todos libramos a algún de ser sacrificado. Gracias por adiantado.

6 comentários:

Anónimo disse...

Uns cantos recordos para Os Ponteses, que han ler esta páxina. Nun pobo onde estragaron unha enteira mazá de casas no medio da vila qué se pode agardar dun círculo lítico, que parece máis o nome dunha enfermidade ca unha cousa prehistórica.

besbe disse...

Para min están escangallando totalmente o sitio, e non quero pensar como quedará despois coa lagoa artificial que queren facer...

Falando de máis desgracias, xa presenciei o meu primeiro incendio de pre-verán nun monte preto de Cerceda, con helicóptero e camión de bombeiros incluídos.

Imos de mal en peor. Saúdos arume.

Anónimo disse...

Non serás ti tamén pontesa?

besbe disse...

Non, pero coñezo xente alí.

besbe disse...

logo ti si?

Anónimo disse...

Eu non son pontés, pero coñezo xente alí.