4/23/2007

Chinarradas e globos verdes

Fomos ao concerto do Sr Chinarro, que despois de beber un cubata de ron e confirmar as nosas sospeitas de que no Playa dan garrafón, recibiu un sonoro aplauso por parte do público alí congregado.



Houbo xente coñecida con logo vaqueiro incluído, como ben captaron as cámaras do noso paparazzi oficial: ghanito



e tamén houbo desmelene, non sei se cando sonaron os acordes da última canción ou non,



o caso foi que pasamos toda a noite así, baila que te baila, visitamos outra vez o Milk dos nosos amores, ata que non puidemos máis e decidimos ir ata esa hamburguesería mítica do Orzán, onde o noso Chinarro particular nos amosa o menú da noite.



E como non todo é festa nesta vida, ao día seguinte, e lamentando a ausencia do moucho, fomos a María Pita a inchar unha morea de globos seguindo a iniciativa da asociación de fibrose quística



unha morea ben grande, por certo.



Á unha da tarde saíron todos voando cara non se sabe onde



anque quedamos con un de recordo: o globo verde,



que nos acompañou na degustación dese xamón tan rico do que non quedou nin rastro, mentres dous dos comensais non sei de que demos falaban porque eu andaba máis ben noutro mundo.



Despois fomos tomar algo o sol e que saibades que me queimei.

Pola miña parte moi agradecida a Sak e a ghanito por ter vido o domingo despois de semellante noite, e eso, a seguinte festa...xa se está achegando!! Seremos máis, non?

(Por certo, boto de menos ter cámara e é unha pena que a acústica do Playa sexa tan mala)

18 comentários:

Asimè Triko disse...

Sobre o de Camera Obscura, gracias polo ofrecemento, pero ir o venres á Coruña fáiseme imposible, teño obrigas que non podo deixar de cumprir. Aínda así, gracias e pena que lle fago, pero non podo.

E vaia vida que levamos, si, que vida dura e estresante esa de andar de festa. ;)

Anónimo disse...

Moi boas as fotos, fánseme coñecidas ;-)
E no sei como puxeches a última, ¡agora vanme coñecer pola rua! XD

Ra disse...

Usted sí que sabe, Besbe!
Besote

A pirámide disse...

Besbe querida. A Pirámide está a facer xestións urxentes para que algunha consellería, secretaría xeral, fundación, consorcio, empresa pública, consello e empresa privada ao servizo da xunta ou en trámites de estalo, faga unha remesa de cámaras dixitais de "merchandising". En canto algunha faga amago, xa nos poñemos en contacto contigo para que nos digas de que cor a queres.
Non podemos permitir que a cronista oficial do blogomillo ande polo mundo sen cámara dixital.
Estamos abraiad@s coas túas crónicas de sociedade.
Bicos.

Manuel Ángel Candelas Colodrón disse...

Non es homeless pero non tes teito, rapaza: o teu é impresionante.

besbe disse...

Sr nohara, ao final creo que solventei o tema de Camera Obscura, pero se viñeses a oferta ía seguir en pé. E sobre a vida que levamos...que non é ouro todo o que reloce!! :P cumple con esas obrigas e un bico.

ghanito, e tanto que che teñen que sonar as fotos que se non a ver quen as quitou :D e sobre a túa foto, xa era hora de saír do anonimato ho!

ra, faise o que se pode :) Bico!

a pirámide estou por ver de mercar unha cos cartos que me devolva Facenda, anque vista a calidade das reportaxes gráficas doutras persoas case mellor pedilas prestadas e deixar que fagan outros o traballo muahahaha. Agradézovos as intencións e se algo conseguides dende logo non vou dicir que non.

arume, o certo é que a casa creo que so a teño para vir comer e durmir e menos mal.

Ale e para outra festa ou evento: toditos por alí.

TXARI disse...

os, um dese globos creo que o atopei á esquina da península, o do gharrafon do playa, creo que nom é nada novo...tampouco que seja o único sitio que os dá na cidaade de vidro...

besbe disse...

sería bonito que desen chegado ata aí txari, e sobre o garrafón que vamos contar...por certo, cidade de vidro si, pero no Playa ao populacho sírvennos de beber en vasos de plástico, son cutres a máis non poder.

Anónimo disse...

O do garrafón do "Playa" xa ven de antaño, por certo besbellinha estamos un pouco desconectados: seguen existindo ? ..."green", "pirámide","Soweto","Zyx","O Tranvía", " O Filloa", " As Agullas do reloxo", "Torre esmeralda", "O Otero", " O Bombilla", " O Enrique", " A Estrela", " O Hércules","Munin", " A Barra" e non sigo que vou chorar...( Que tempos, cando as copas se bebian en vasos de cristal )...

besbe disse...

Todos que si menos os que non coñezo que xa podedes vir e ensinarmos, a saber: Zyx, As agulla do reloxo, o Otero, o Enrique e o Hércules...A Barra, se é a que estaba ao lado do Teatro Rosalía de Castro...esa non (snif snif) non sei que comercio ou bocatería ou que é o que fixeron alí.

E de todos eses o Munín, mi ma que bocatas, que bocatas.

Por cier, de Vigo, na rúa Poboadores o cocido sabe moi ben cedo pola mañá.

Anónimo disse...

Impresionante besbellinha atopaches o "Baiona" !!!. Que profesional!!. (6:00 AM Cocido ou spaghetti´s). Por certo, moi perto dos "Estudios Elduayen" onde grava RM !!!.
PD. By the way, o "Otero" e o" Enrique" ainda existen e é imposible que non os coñezas !! senón iste blog non está ubicado en A Coruña, mentireiros.

besbe disse...

Que momentazo, sen sabelo case dou cos míticos Estudios Elduayen, haberá que repetir visita, pero desta vez guiada.

Sobre o Otero e o Enrique, my friends, é o que ten estar emigrada en terras alleas...precisamos de xente "de Coruña de toda la vida" xa como informantes ou no sitio, alguén (véxase A Madriña) que nos informe xa da ubicación deses dous míticos garitos, xa vivo sen vivir en min ante tamaña ignorancia.

I bless you, my friends.

Anónimo disse...

Ambolos dous: bares hora vermouth. Stop. a)Enrique. r/Compostela casi con Juana de Vega.Cutre.(mítico).Stop. b)Otero. r/dos Olmos casi con r/Nova. Calamares & Caña.(un clásico).Stop.Informa urgentemente do seu estado de conservación. Stop.
Asdo.A parte da Madriña que é de Sta. Margarita
PD1. Ainda que si na foto do globo verde, ti e mailo crazy uler voltarais a cachola e miraseis pa´riba, seguramente veriais a casa da miña avoa.
PD2.Como decian os de Siniestro: " Coruña e Vigo ao mismo son, Cachamuiña e Mª Pita, Ron,ron ron la botella de ron !!!!"

besbe disse...

Sigo informando, mirei pra riba no globo verde e non vin máis ca xamóns, moi boa ubicación a da túa avoa. Para a próxima finde vou retomar ese bo costume de ir de vermús e a tomar o aperitivo, así coma se fose o día da festa e informo dos lugares.

E a parte da Madriña que é de Sta Margarita que pretiño que estamos eh? un día quedamos no parque no quinto pino á esquerda entrando pola ronda de Nelle, ok?

Nunca tan certos os Siniestro, se a cidade olívica mais a de cristal tiñan que ser uña e carne, e falando de vermús: Martini en vaso de cristal cun platiño de olivas ao lado (sobre o ron, estou tentando atopar unha mítica canción irlandesa de borrachos para aumentar os vosos himnos morenos)

Anónimo disse...

Eu propóñome como embaixador da cidade olívica na Coruña (se hai coche oficial e/ou desconto na AP9) :-)

Anónimo disse...

Ok. xa estan despedidos ipso facto todos os nos axentes. Ghanito é xa un home RM e da Madriña.
PD. B. ,se ves a miña avoa entre os xamóns avisa, porque será + famosa que o de Rockwell.
(por certo era na foto de arriba da dos xamóns)

besbe disse...

ei, reivindico o re-ingreso do axente parte da Madriña que é de Sta Margarita (ou ese non se despediu?)...e que caché que ten a avoa eh? e mea culpa que nin lera as letras do peito de Sak (aka Crazy Uler).

PD: o único Rockwell que atopei foi este anque non sei se quixestes dicir Roswell.

Anónimo disse...

Ainda que me confundin, agora vou decir que era un xogo de palabras; En realidade era "Roswell" , tanto rock tenme a cabeza roida.
PD. Confirmamos, despedidos todos os noso axentes ( Margaritos, MªPitos, Adormideiros e da Marola)...
Ghanito é o novo axente RM en AC.
Enhoraboa.