4/15/2007

Blogoesmorga republicana

Unha excusa para saír: eso foi a Blogoesmorga.

Cheguei esfameada e morta de sono pero xa tiñan a cea amañada a raiña vermella, a rapaza do arco, mario, o pastor eléctrico, gustavo harvey máis Sergio, o dj da festa e-music. E non debía ter tanta fame coma o resto dos comensais que fun a única que deixou comida no plato.

Iamos ir cara o Ourense, xa que aínda faltaba tempo para as doce da noite, pero estaba pechado e no camiño tivemos tempo a falar de frases tan poéticas coma as que a rapaza do arco e o pastor eléctrico saben e a ver se teñen a ben recopilar, porque non me digan que "eses si que son ollos e non os das patacas" ou "nótase que es de cidade que non cheiras a silo" (ou algo así...) non arrancan unhas risas.A camiñata levounos cara A Reixa (un saúdo para os camareiros que xa fixemos amistade) onde nos demoramos un pouco máis do debido e por iso chegamos algo tarde á Casa das Crechas, punto de encontro desta blogoesmorga saída dun comentario de mario a harvey noutra festa e organizada pola raiña vermella.

E alí que sorpresas: marinha de allegue, jan, o artipractor, o moucho branco, lourixe, zerovacas, rosa valdeorosa, noúmenos, arale e polo menos cinco ou seis persoas máis, que dicían: eu non teño blogue. Pois mellor! Saímos das Crechas, atopeime cunha antiga compañeira de instituto que había anos que non vía e fomos cara o Tarasca onde foi un gusto coincidir na porta con fer, xornalistinha, orsinia (revulsiva blogueira con todonada) e unha rapaza fotologueira que non coñecía pero que tiven a ben saúdar por iso da educación. Comentouse que non estaban nesta blogoesmorga os "famosos" e pensei en mandarlles un paparazzi detrás deles pero nas nosas filas o fotologueiro mourente aínda non se incorporara. E nós, que somos así tan proletarios e humildes nin fotos nos sacamos a nós mesmos, así que se queda esto tal cual o páramo, escaso de reportaxe gráfica.

No Tarasca comezamos a botar de menos a torreira , a moralla e a cambote, e creo que debiamos notar a ausencia do enviado pola pirámide que eu polo menos, se estivo, non me enterei. A seguinte parada estratéxica da noite, despois de aprivisionarnos ben de licor café, foi o Avante onde amigos de noúmenos sacáronnos o sorriso con esas pelucas (a de cor rosa, preciosa) e disfraces oitenteiros. Ao saír batemos de novo con María máis con berto e despois despois continuamos cara o Forum, cara o Ruta e que vos vou contar se xa o sabedes todo.

Dicir tamén que xa que estabamos pois un tercio dos brindis foron por nós, outro tercio pola República e os que quedaban foron á saúde de maria de mallou que estaba de aniversario :)

Muchachito Bombo Inferno-Siempre que quieras


Bicos, canción adicada e ata outra!

19 comentários:

Anónimo disse...

Os famosos que lhes vaiam dando muito por donde dixo que metesse o plátano Lu. Polo demais estivo mui bem, nom me enterei da metade da gente porque eu quando bebo licor café toleo um pouco. Fiquei com gana de nom ter blog, como dixo a amiga de Rosa. Aborreço essa pressom do postureo além de certos momentos pontuais e encontros desagradáveis com pessoas que melhor era nom ver... Pensei que depois de superar a resaca recuperaria a gana de bloguear... mas penso que vou secundar a proposta do Cambote e abandoar este mundo cruel. Polo momento vou ficar em standby

Anónimo disse...

E a opo? como foi?

besbe disse...

como tiña que ir: con sono, esperanzada, sen estudiar e con ganas de ver a moitos amigos. Creo que mañá xa dan as respostas e xa conto :)

Anónimo disse...

Eu pensaba que non se podía estar a todo, e no meu caso é certo. Pero vendo este blogue ben se ve ti estás a todo, e mais que houbera...

X disse...

Segue sendo a mellor cronista do blogomillo. Saúdos.

Son Unha Xoaniña disse...

Pois a min dádesme envexa, se estivera máis preto de Santiago, tede por seguro que estaría nese encontro, xa me contou a valdeorosa, que o pasastedes moi ben.
un saudiño.

O pastor eléctrico disse...

Haberá logo que recuperar as frases poético-populares para ligar.
Foi un pracer coñecer á besbellinha.

A pirámide disse...

Desculpade tod@s a non asistencia da Pirámide a evento tan ilusionante para algún de nós. Dez minutos antes das doce tiñamos confirmación de que o representante da Pirámide para asuntos de nocturnidade e alevosía estaría na blogoesmorga republicana. Dicir na súa defensa de que avisou de que ía chegar tarde. Por suposto, está cesado no seu cargo ata que se lle volva a nomear para a seguinte. Prégolle a Marinha de Allegue que se encargue de levalo polas orellas agora que sabe que son viciños.
Agardamos que se nos desculpe. Adoitamos a ser máis formais en horario de oito a tres.
A propósito, non hai membros da Pirámide no Sergas pero agardamos impacientes a que iso se solucione. Non sei se iso te anima, Besbe querida ;)

A pirámide disse...

Rectificación. Segundo novas de última hora, o representante da Pirámide si se achegou a esa blogoesmorga republicana. Parece que foi no Tarasca e grazas á nosa amiga Marinha de Allegue puido coñecer a Moucho Branco e non sei a quen máis. Si alguén aprezou nel algún sinal de desubicación ou descoñecemento de onde carallo estaba metido, descúlpádeo facede o favor, pois aínda non está moi ao tanto das nosas andainas polo blogomillo.
Queda pois ratificado no seu cargo pero cunha sanción de dous puntos do carné e curso de actualización blogomilleira.

Anónimo disse...

Un clásico (eu son un clásico, xa o sabes) para ligar:
"Es de aquí ou ves a festa?"

besbe disse...

ghanito aproveitar mentres se pode que total...

X gracias e para a próxima vente.

Rifo, eu polo menos si que o pasei ben, e a valdeorosa a mar de simpática, anque como dicía moita xente, non dou pé a coñecerse moito, pero era unha blogoesmorga e a festa é o que ten.

a pirámide, non sería un de gafas e xersei a raias negras e vermellas, pq se foi el...que me desculpe :D De tódolos xeitos xa lle preguntarei a Marinha e bueno, o da blogoesmorga foi así de última hora, consérvalle os puntos do carné polo menos.

pastor eléctrico di que si, que as frases esas fixéronme rir moito. E o pracer foi meu :)

de la highway, si señor, clásico entre os clásicos. Eu coma sempre, viña a festa.

lourixe disse...

Cronista oficial do blogomillo, sí señora! Con tanta prensa electrónica menos mal que hai un soporte blogueiro para o blogolercheo, que sería de nós sen as coloridas reportaxes de Besbelliña para rememorar as blogoesmorgas! Bicos a todos os blogofesteiros!

moucho branco disse...

aprezada cronista, debo dicer que paseino ben no sarao malia as dificuldades comunicativas (non esencialmente debidas ao ser dúnha cidade con língua própria)... crónica completa, sí señora, :P

A Raíña Vermella disse...

Chego tarde, coma sempre, pero é que es das posteadoras veloces. Pois eu, ao contrario que a canción, ogallá vos coñecera antes. Un bico forte;)

Mario disse...

Eu que sempre agardei que nunca me adicasen esa canción... ai que desastre.

rosa enriquez disse...

A blogesmorga pareceume xenial. Encantariame repetir porque , a verdade resultou moi divertida. Ti es moi simpática e faladora. Un bico Besbe:rosa-valdeorosa

besbe disse...

lourixe ao final o Candelas vai ter razón, hai moito que contar e o que non se conta parece que non existe, co cal hai que dar fe destes acontecementos. E esta reportaxe quedou descolorida a falta de fotos, pero vamos, que nos lembramos todos perfectamente :)

raíña vermella, o mesmo digo que para min foi todo un gusto e unha sorpesa :)

mario non me sexas así, que ser é moi bonita e a verdade para min ven sendo unha bonita forma de decir que queres a alguén, igual algo desesperadamente, pero é querer.

rosa-valdeorosa, gracias a ti os que quedamos no Tarasca mentres a avanzadilla ía cara o Avante poidemos disfrutar da canción esta e a min tamén me gustou moito a blogoesmorga. Un biquiño para ti,e o que dis de min dígoo eu de ti :)

Torreira disse...

Besbellinha...grazas polos aloumiños en moeda de botar de menos...bicos

besbe disse...

conste que a primeira que se lembrou de ti foi valdeorosa e todo foi comezar a preguntar ela por ti para que todos desexasemos que te corporeizases nun home de voz engaiolante e nos dixeses...calquera das cousas bonitas que ti dis.bicos.