A primeira parada foi nese grande evento que é a Xuventude Galiza Net, onde estaban Sak, Iarrowarro (a quen non vin) e Andrés Milleiro, un encanto de rapaz (dáme una U, dáme una P, dáme una...), a quen lle encargamos unha complicada misión: atopar entre todos eses millóns de ficheiros a primeira película porno galega, que non sabemos se é lenda urbana ou non. Mentres tanto, Sak facía das súas con idea de podcastear algo.
Quedei atontanda ante tamaña concentración de xente no lugar e a imaxe de tantas pantallas xuntas impactoume tremendamente porque o meu nivel de frikismo é algo escaso, de tódolos xeitos é para pensarse ir un ano destes a estas festas. Supoño que algo contarán tamén Modesto máis ghanito que hoxe ían andar por alí como mafiosos fedelladores que son.

E despois de estar alí un anaco baixamos a deixar a nosa pegada polas pedras desa cidade que tanto nos gusta coincidindo no camiño a Oko, tan simpática coma sempre pero que se lle vía nos olliños o cansancio. E ao final chegamos ao noso destino onde nos atopamos cos responsables de mmmmmúsicas!, ese meme glorioso que está unindo ao blogomillo mediante notas musicais, co equipo de sono-tone case ao completo, con gañadores de premios de narrativa e gañadoras de premios de ensaio, con poetas que ao final da noite se convirten en cantantes, co capitán dun navío oceánico, co amigo do capitán ao cal non vin na Playa onde debiamos coincidir, con un que quere ser enterrado na discoteca, cunha ausencia de vacas por mor de tanta pécora reunida, co dono dunha mítica camisola e arremecaghona!...houbo serendipias de novo.
Creo que non se me esquece ninguén e se así é, que me perdoen que desmemoriada son abondo e non sei que conxunción de planetas nin que designio do destino fixo que se xuntase tanto persoeiro no lugar, pero dou gracias á decisión arroutada de poñer o coche camiño da aldea máis grande do mundo porque de novo foi outra grande noite, dende o comezo ata o final. Bos momentos e mellores cancións, ou ao revés.
Pixies-Here comes your man
Coma sempre un tremendo abrazo, porque non hai cousa que mellor sente que compartir uns risos con todos vos. Grandes, que sodes grandes!
(nota: esto xa parece a revista de cotilleos, eventos y ociosidades varias do blogomillo)
14 comentários:
Que vida social tan axetreada levas, arredemo!, :P
Aínda ten que ser un puntazo iso de congregar tanto ordenador e usuario nun mesmo lugar... ten que irradiar unha combinación de frikismo e informática embriagadora.
Caralho, que bem o passamos! ;-)
Por moito que fales de encanto que rapaz creo que Paco Rodríguez non me vai quitar aos da U que levo nas costas xD
Pasámolo ben, si. Eu cando saín desa sala na que todas as malas pécoras estivemos pechados case catro horas perdera a nocíon de espacio, tempo e as demais dimensions. Unha mágoa non mirarnos despois.
E sobre o da revista de cotilleos, ¿por que non crear un blog dedicado especificamente ao blogomillo rosa?
Pois se ficaras un bocado máis aínda me vías tamén a min (eu andiven coas pécoras malísimas). De todos xeitos a idea de facer unha futura blogoesmorga xa foi lanzada e xa tivo a primeira adhesión.
Moucho, tan axetreada que despois o sábado estou para o arrastre. O da party é incrible, o que seguro que irradian despois é sono, porque 3 días sen case durmir...xa é de máis.
Sugar, non me digas que ti non, que sei que si :P
Zerovacas, pois si foi unha pena non despedirnos despois, de tódolos xeitos máis ocasións haberá para volver a xuntarnos todos. O blogomillo rosa...medo me da, sobre todo cando comecen a publicarse as fotos roubadas da Elsa Pataky de turno, ou a falar do Bertín Osborne blogueiro ou algo así. Non sei, eh? que ninguén quere que falen mal del.
Marioooooo estábame andando na cabeza que seguro que tiñas que estar por alí, pois que rabia. Sobre a blogoesmorga, dame a min que vai a haber dúas polo menos en breve espacio de tempo e a ver se nalgunha delas nos coñecemos :) que a miña asistencia penso que ha de estar máis que confirmada.
Bicos!
Eu si! Gostoque se fale de mim, bem ou mal pra poder rajar depois nos comentários anónimos,hahaha! Porfa que alguém faga um blog semanal de vida social blogueira que eu enviarei meus artigos baixo o pseudónimo de Maria Pataquinho.
Vale doutora besbe que parece vostede visitadora médica ou algo assim...
GUSTAVO HARVEY desde computador alheo!
De visitadora médica...se lle curo algún mal a alguén aínda pode valer, pero non me digas que é polo pouco tempo que quedo que xa quedei máis do que debía, que as seis da mañá non son horas para deitarse :P (si que son, pero non se ao outro día hai que gañar os cartiños)
Visitador médico vostede, Sr Harvey, que nin recetas me deixa. Pásao ben polas Compostelas :)
Ademai do da blogoesmorga, eu propoño facer un blog colectivo sobre blogocotilleos. Do tipo de : "hoy, en un conocido local compostelano, se reúne la flor y nata de la intelectualidad, para departir amigablemente sobre los últimos temas candentes y saborear una copa de algún espirituoso"
Hahahahah a ver se o ou a cronista encargado de contar as reunións estas non saborea tamén moitas copas espirituosas porque se non vai ser un blogue do máis parrandeiro.
O que seguro que ía ser interesante habían ser os comentarios: que te esqueceches de falar desto, que tamén estaba fulanita alí, que quen acuñou tal frase foi equis e non xe...mortal, hai que repetir prontiño :) e rainha vermelha non se pode liscar tan cedo que así vai ser imposible coñecernos.
Vaia ho!!!
E da xente que non estaba tamén.
Avisade cunha semaniña pa cando toque, que teño ganas de vos coñecer a moitos de vós e de ver e falar con xente que xa coñezo tamén.
¡ui que carallo!
Dame a min que quedei ca parte mala da fin de semana da XGN.
Haberá que poñerlle un localizador GPS á besbellinha, que semella estar en toda festa que se preze do blogomillo. ;-)
Non perdes unha! :D E que fermosa é Compostela, hehehe. Teño ganas de volver pronto por alí... :D
Bicos!!
Cambote a próxima hemos avisar, que como di mario parece que xa se está xestando unha blogoesmorga e vou adiantando...un campionato de billarda blogomilleiro.
Ghanito pois envéxote porque me da que quedaches cunha parte moi boa que eu non puiden desfrutar, o do GPS creo que tiñamos que poñelo todos...e máis que blogue de cotilleos tiñamos que poñer blogue sobre xuntanzas e eventos do blogomillo que parece que está a dar a cousa de si :)
David, pois eso, próxima blogoesmorga e próximo campionato de billarda...poden ser esas boas ocasións para volver a vernos, e Compostela si que é preciosa e máis cando unha se atopa con tan boa xente :)
Enviar um comentário