
Ademais dos Megaloves actuaban os Telephones Rouges e as Patty Difusas. Destas últimas e do final dos Telephone Rouges perdinme a performance, que andaba pola cociña falando por teléfono, e cando volvín ao cuarto-sauna onde estaban vin un lote de grelos ciscados polo chan co cal penso que debeu ser algo grande o que alí fixeron.

Pouco máis vou contar, que houbo pogo e que da gusto ver como a xente se move e crea as súas propias alternativas de ocio. E non, non veu a policía nin fixo falla o DNI.
2 comentários:
O do pogo é o mellor invento que hai, despois do baile agarrado.
E no pogo cantos máis sexan mellor, que está unha agarrada ou atrapada, por tódolos lados.
Enviar um comentário