na mañá daquel día de agosto de 2004 ía calor. lembro que me sentei diante do ordenador e escribín neste diario un "?" co que iniciei unha viaxe máis interior que exterior -pese ó que algúns de vós pensades- e comecei, sen sabelo, o primeiro blog erótico galego. ten gracia. erótico. dende entón lin mil comentarios sobre el, recibín correos de todo tipo -non podedes facervos unha idea- e seguín facendo na pantalla, que mancha, o que me pedía o corpo. agora, ese mesmo corpo pídeme que faga outras cousas. e que non as conte. así que, sen drama, deixo aquí un latexar silencioso, e xunto cos teus os meus beizos. amor.
E a partir de aí foron surxindo máis: usuaria, the real sex (agora parado), laranxa, madialeva, as minhas mulleres, o blogue colectivo As crónicas do palheiro, fodendo, gaudeatrix e quentidades industriais.
Un caso aparte, é as túas balas, onde Cesare, entre outras moitas cousas, nos relata as súas andanzas e novas conquistas, e din por aí que todo é verdade. Outros, como usuaria, xa respostan as posibles preguntas que se nos formulan sobre ela:
Por qué adicas o teu tempo a facer isto?
Son fetichista, e se hai algo que aos fetichistas nos gusta máis ca adorar o noso fetiche é compartir esa experiencia.
Por qué imaxes e non texto?
Eu non son autora, non teño intencion de crear, gústame máis a idea de compartir o que atopo, polo menos de momento. Pode que algún día escriba, pero se o fago non será tipo relato erótico. Eu non son unha pornoautora.
De onde sacas as fotos?
Das webs ás que apunta o link. Horas navegando. Só hai que seguir os links.
Fas estas cousas de verdade?
Se son practicante de BDSM?, si, son.
E outra non pornoautora é quen nos escribe en fodendo, que nos da o seu punto de vista con sentencias tan entrañables coma esta:
Comer pollas é unha expresión redonda, énchese a boca toda ao decilo. Mamar non me gusta, e carallo nunca me pareceu porca abondo; de membros, falos, palitroques, estacas e esas tonterías nin oir falar. E só aos médicos lles aturo pene.
Hoxe outros integrantes deste grupo tan suxerente respostan a unhas preguntas, comezamos o turno con as minhas mulleres e arrais de laranxa coas mesmas preguntas que se fai a si mesma usuaria:
Por que adicas o teu tempo a facer isto?
as minhas mulleres: O exhibicionista que levo dentro tomou o control, supoño.
arrais: Supoño que foi unha tentativa de encher un oco porque penso que no sexo xa está todo dito, so faltaba que se dixera en galego. Estaba o precedente de vsqn e ao meu ver facían falta máis blogues así.
Por qué imaxes e non texto?
amm: Está claro que hai imaxes e texto, ainda que pode que o mais provocador sexan as imaxes, mais explicitas do habitual na rede galega.
a: Texto si que hai, ás veces mesmo de máis e as imaxes está claro, sempre gusta máis ver as cousas que que chas conten.
De onde sacas as fotos?
amm: Mira que non hai páxinas con fotos porno...
a: Pois todo é poñerse a buscar e sempre se dan con fotos bonitas e máis ou menos explícitas. Hai sitios abondo.
Fas estas cousas de verdade?
amm: Non penso que fale de cousas moi raras, son mais ben normaliñas. Con mulleres distintas pero cousas normaliñas, si que fago esas cousas e si que reflexa moitas das miñas preferenzas sexuais.
a: Foder fodemos todos, non é?
e seguimos
A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?
amm: A idea apareceume despois dunha noite de moito foder e a xestación foi moito mais breve que nove meses.
a: Pois xa dixen, con idea de axudar a encher un oco e a xestación foi máis ben curta, so queda pensar un pouco no tema e xa se che ocorren ideas.
Lore di en madialeva "Igual eu tamén teño algo que decir". Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?
amm: Aínda o estou descubrindo. Igual cando o descubra paro.
a: Está todo máis ca dito. Penso que cada un expresa o seu punto de vista de como lle vai o sexo, de como o vive etc e visto así quedan sempre moitas experiencias que contar, pero do sexo en si e do pracer penso que xa está case todo dito e redito.

Foto de Pascal Abadie
Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.
amm: Se o isolacionismo é onanismo e o reintegracionismo é orxía supoño que en Galiza temos bilingüismo harmónico. Que non quere dicir nada pero quedoume moi aparente. Nunca se me ocorrera esta cuestión, a verdade. Nunca fodín cunha basca e con galegas si.
a: Que complicado eh? Ao mellor todo remata nun problema endogámico onde isolinos follen con isolinos e reintegratas con reintegratas, ogallá que non cheguemos a eses extremos que sempre son malos.
A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?
amm: A xente vella igual fodía mais que os seus fillos, e os seus netos están a recuperar o ritmo, pero na miña experiencia persoal hai de todo, non sabería dicir.Mente aberta e pernas pechadas, ou ó revés, ¡eu que sei!
a: Pois eu penso que é bastante aberta, xa dende as noites no muíño, a picardía da xente maior e a mocidade promíscua creo que o veñen a demostrar. E a día de hoxe é un tema que se tende a tratar con normalidade, non creo que sexa pechada. Non debería ser pechada.
Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?
amm: Ha, ha, ha. Eu non falo de sexo, escribo.
a: Fíxome rir a pregunta. Máis ben non, ao contrario.
Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?
amm: Podería amosar a miña identidade se facemos unha xuntanza do fodemillo, se non ¿para que?
a: Pois non creo que ninguén se interese polas identidades, o blogue non deixa de ser iso, un blogue que relata experiencias coma as que pode ter calquera.
Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?
amm: ¿só unha? En realidade non fantaseo con mulleres ás que non coñezo. Os corpos espidos das fotografías que poño terían outras caras na miña fantasía. Por respostar á pregunta: a poetisa María Lado. Ti que a coñeces, ¿en persoa é coma nas fotos?
a: Buff, pois puxéchelo complicado. Deixa que pense. Nada claro, porque a típica resposta que Jesús Vázquez ou Paula Vázquez non me vale, penso que habería que mirar xa nas novas xeracións e agora mesmo non se me ocurre ninguén, pero seguro que hai alguén interesante.
O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?
amm: Polo de agora só mulleres, nin sequera Cesare chega ó meu corazón ainda. E estou arrodeado de exemplos neste cuestionario, cando elas queiran, xa saben...
a: Pois coñecer non coñezo a ninguén, so polas voces ictioscopio ou Sak o rapaz de e-music e unha voz sempre deixa moito á imaxinación, despois que se corresponda coa realidade é outra cousa. No blogomillo seguro que hai moita xente interesante, mesmo Cesare ou Plattdorf, pero sería o mundo ao revés hahaha. Non sei, todo sería coñecer a alguén pero non é o caso.
Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?
amm: Non o sei, pero gústame. Os blogues sexuais de homes non me poñen, ainda que as túas balas foi inspiración directa do meu blogue. Algún día cambiará esta proporción, por desgracia. Tentarei estar preparado XD
a: Aínda vai ser porque lle damos máis importancia ao sexo da que nos parece ou será cuestión de inquietude, ou de exhibicionismo ou vai ti a saber. Non sei.

Foto escollida por as minhas mulleres
E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?
amm: ¿A estas alturas hai que se excite só vendo as fotos do meu blogue? Igual vistas co texto tamén si que exciten. Non é a miña intención excitar ós homes, só ás mulleres. Aínda que provocar a ambolos dous sexos, eso si quero.
a: Home, está claro que os homes excítanse máis co visual, o que non quere dicir que ás mulleres non lle guste, pero si, igual se nota máis que é un home, que é máis explícito no tema das fotografías. Despois no fondo creo que lle gusta o mesmo aos dous sexos porque espidos acabamos sempre e non pechamos os ollos cando o outro esta desnudo, máis ben miramos con gusto.
E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?
amm: As minhas mulleres saben canto hai de certo, ¿e importa moito ós lectores?
a: Hai verdades fantaseadas, mentira ningunha.
Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.
as minhas mulleres: 1.-Gracias á persoa que creou a verba fodemillo (xa sabe quen é) porque as verbas dan forma á realidade.
2.-Ogallá tiverá moitísimas mais historias que contar, supoño que ainda estamos a tempo.
3.-Agardo que unha foto pornográfica acompañe, como é costume, o que eu escribo.
e moitas gracias, besbellinha.
arrais: Pois creo que máis nada, un pracer e moitas gracias :)
Gracias a vos e mañá máis.
19 comentários:
¡Xa pensei que o correo non chegara, co que tardabas en poñelo! ¡Non me chega o momento de ver o resto!
¡E xa vexo que o final metiches a foto que te mandaba ca resposta! ;-)
Foi a foto foi, a ver se non fire sensibilidades :D, o resto mañá.
xa está, feríchesme a sensibilidade... agora sobéronme as cores e todo o meu fervor catecúmeno de semana santa foi alá ao carallo.
Véxote cada día mais e mais cronista do blogomillo, fodemillo e en xeral todo o que teña que ver con gramíneas e vexetais. Plantexácheste fundar un blogue-xornal tipo "o blogomillo hoxe"?...
- Bravo.
- Si, ben, non está mal.
- Nunca o xénero da entrevista gañou tanto como consigo, Besbellinha.
- Quer dicir que moito gañou o xénero coas súas entrevistas?
- Non, a entrevista co xénero.
- E dálle co xénero! Non falamos de sexo?
- Non se me violente.
- Pero non era eu quen facía a entrevista?
- Non hai entrevista sen violencia.
- Excítante.
Menos mal que estamos na semana santa, se non chegamos a estar...
Estupenda e divertida entrevista que alimentou algunhas das miñas intrigas :D
Fodemilho, quantas necessidades por atender e que poucas satifacções! :)
As fantasias.... melhor leva-las à práctica e depois pendura-las na rede com fotos reais. Mas só é umha sugerência, num país onde a raigame católica segue a castrar os nossos desejos mais ocultos. Sigo esperando a geraçom da liberaçom.
los porros que malos son!
A mín, nesto do sexo, pásame como a Woody Allen, que unha vez lle preguntaron se lle parecía algo suxo e respostou: por suposto, pero só se fai ben.
Pois eu creo que o da raigame católica é de tapadillo, en que aldea non lle contaron a un os famosos contos colorados? Eu teño unha tías avoas que botando contos me sacan as cores máis que calquera destas fotos. E pola península adiante temos boa fama de fodedores (e iso sen entrar nas poetisas que revolucionaron máis dun cenáculo cultural extra-galego, e algún outro de por aquí).
Está moi ben esta nova forma de facer cousas no blogomillo.. E que cousas! jajaja.
Unha aperta!
Si, señora. Se algún día se entregan un premios "blogomillo de ouro" ao mellor post, este debería estar entre os candidatos. Plas, plas.
E por outra banda, ¿non cres que te estás encasillando ultimamente? Este blog parece xa o motel oficial do fodemillo ;)
Por certo, para engadir á colección de mmmmmúsicas, o último vídeo de Los Planetas, Alegrías del incendio
Anda que non me estou esperrechando...
dios, como se está poñendo o blogomillo...esta primavera fría non pode ser boa.
A min tamén me gustaría escoitar as voces do fodemillo, penso que sería o seguinte paso na carreira da excitación.
Xeniais as entrevistas, Besbe.
xa non sei que dicir que xa o dixestes vos todos, quédome coa frase de Woody Allen que comenta de la highway, coa boa fama de fodedores que teñen os galegos pola península adiante e non sei eu se a alguén lle gustaría que se puxesen a postear fotos súas relacionadas con este tema, gustavo harvey.
A sak e a maria...tedes fans :D (o ictioscopio, igual) e non é de extrañar!
A Calidonia, o moucho, X, silvio falcon (canto tempo sen verte por aquí), mourente, ghanito, cesare (muso nesta temática para algúns) e zerovacas...gracias polos comentarios e opinións :)
ah, e o das voces do fodemillo...algún podcasteiro dispoñible??
Como se fode en galego?
Estamos a piques de sabelo.
Moi boa, a reportaxe e a proliferación
Enviar um comentário