4/15/2007

Concerto Megaloves

Alí andivemos ghanito máis eu, groupies coruñeses dos Megaloves, nun piso que se converteu por horas nunha sala de concertos. No medio do rebumbio de xente que alí había atopei a L., grande promesa do mundo audiovisual, coma case todos os que por alí andaban.



Ademais dos Megaloves actuaban os Telephones Rouges e as Patty Difusas. Destas últimas e do final dos Telephone Rouges perdinme a performance, que andaba pola cociña falando por teléfono, e cando volvín ao cuarto-sauna onde estaban vin un lote de grelos ciscados polo chan co cal penso que debeu ser algo grande o que alí fixeron.



Pouco máis vou contar, que houbo pogo e que da gusto ver como a xente se move e crea as súas propias alternativas de ocio. E non, non veu a policía nin fixo falla o DNI.

4/14/2007

Blogoesmorga, convocatoria pública

Día: 14 de abril, hoxe
Hora: 00:00
Lugar: Compostela, Casa das Crechas

estar alí ou non é cousa de cada un, pero prometer prometen festa

(a min sempre me teñen que correxir :D, gracias guapa)

4/13/2007

Denunciando cousas que se poden solucionar

Pois esto vai de denuncias e chamamentos cidadáns:

1. Dous campos de golf en Tomiño e 800 vivendas, un absurdo máis. Copio e pego:

Un monte comunal, expropiado aos veciños de dito municipio, será o sacrificado pra construir os DOUS CAMPOS DE GOLF E AS 800 VIVENDAS PROXECTADAS , quebrántando a Lei 13/1989, do 10 de outubro, (publicada o día do meu nacemento, que casualidade) de Montes Veciñais en Man Común, que estabelece no seu artigo 2 que os montes veciñais en man común son indivisibeis, inalienabeis, imprescritibles e inembargables.

Esto supón o 40% dos montes comunais da parroquia de Pinzás, que hoxe en día ten 161 habitantes. Para que tanta vivenda e tanto campo de golf???? Non coñezo Tomiño, si xente do lugar e penso que non é moi razonable facer estas cousas. Vos diredes e vos denunciaredes.




2. As Pontes, a nosa Springfield querida (meto a tódolos castigadores no mesmo lugar de orixe), vai ser víctima dun acto máis de destrucción do patrimonio, neste caso do círculo lítico da Mourela. Seica dende o ano 1970 se andan destruíndo xoias arquitectónicas (non sei canta importancia histórica teñan, pero destrúense igual a favor do progreso e da industria e etc) coma ermidas, cemiterios paleocristiáns, castros etc... para enterarse máis a miúdo este pdf en galego e en castelán, e esta páxina, a de choiva ázeda, que é quen ven a preocuparse do tema, sobre todo agora que queren facer a autovía Ferrol-Vilalba e o goberno ten a oportunidade de facer un túnel e non arrasar cos restos da Mourela, do que quedan tres mámoas (das cinco que había) e os restos dun círculo (dos dous que existían). O mesmo digo, vos diredes e vos denunciaredes.

3. Adopción de cans. Isto xa é tema de amor aos animais, que resulta que pechou unha "perrera" (canceira? definitivamente o galego é un idioma deturpado e incompleto) na Coruña, e so hai dúas opcións ou sacrificar aos animais, ou dalos en adopción. Agora mesmo están todos na casa dunha rapaza, Mónica, que non se pode facer cargo deles.
Se alguén está interesado en adoptalos este é o teléfono:

629 278 238 e aquí podedes ver os cans.

Moi agradecida e a ver se entre todos libramos a algún de ser sacrificado. Gracias por adiantado.

Megaloves strikes again

Megaloves-Henry Lee



Chego a casa e vexo estreado en exclusiva o primeiro video clip dos Megaloves no blogue de Modesto e publicitado no de ghanito. Para quen non saiba nada deles, autobombo e entrevista aos Megaloves.


Snob, vou facer un esforzo tremendo por ver se poido ir vervos actuar a ti e a Vil. O DNI se ao fin poido ir, ten por seguro que o levarei nos dentes, que por algo fixen esta cola para conseguilo.



Xa sabedes todos: Megaloves o venres 13 na Coruña, Rúa Vizcaya nº 55 1º D ás 18:45. Tentarei estar, e menudo corte de pelo!

4/12/2007

Lerching, lerching!


Como non teño que facer vamos a falar deste noso grande blogomillo:

Que nos contará veloso na súa tan agradable volta?

Que acontecerá co envite de cambote?

Virá a exposición de Bob Dylan a Galicia?

A onde se retira Gustavo Harvey?

Por que será que parece que non enganchan os podcasts?

Como transcurrirá esa xuntanza blogueira o sábado 14 en Compostela?

Carlos Marcos ten posibilidades para a conquista do concello de A Coruña?

Para cando ese partido de billarda blogomilleira con posterior saída nocturna na Coruña?

Segue sendo esto a blogomorgue?

Será posible que remate sendo unha funcionaria máis?

É posible que o funcionariado sexa tan adictivo coma a billarda?

Estas e outras cuestións terán resposta ao seu debido tempo, compañeiros, permanezan atentos ás súas pantallas e si, hai vida máis aló de internet. Incrible, pero certo.

4/11/2007

Areias sonoras para o Palheiro



E continuamos co quecemento global, despois do meme de mmmmúsicas e das entrevistas a algúns compoñentes do fodemillo so nos quedaba chegar ás ondas. Que mellor maneira que facelo da man de ictioscopio coas súas areias sonoras (anque Modesto tamén fixo a súa aportación).

O texto adaptado por ictios ía e vai destinado ás Crónicas do Palheiro que me ofreceron colaborar no seu blogue colectivo a cambio das súas declaracións. E xa postos a colaborar, dixen, por que non inmiscuír a máis xente? E pensei en ictios, que anque non fai memes, si fai podcasts dignos de escoitar.

Eu de vos deixaría que as areias sonoras se me metesen polas orellas.

Podédelas escoitar aquí e aquí. A min encantoume.

Sak, eres o seguinte :)

4/09/2007

Fiascos varios



Debo anunciar, xa sen agardar á medianoite e impactada coa tremenda participación no I Premio Blogomorgue de Novela, que o premio que estaba aínda sen confirmar vai resultar deserto, tan deserto como todos estes .

Non sei que foi o que fallou, ao mellor non era o formato blogue o adecuado, ao mellor resulta que cada un de nos xa ten un espacio de creación e expresión propio nos blogues, podcast etc e non precisa amosalo noutro lugar, ao mellor resulta máis apetecible e rentable escribir para gañar cartos, ao mellor non había ganas ou o máis seguro é que non fose moi boa idea.

Tanto ten. Para o ano se andamos por aquí, voltarase a convocar, e igual non teremos o alcume de blogomorgue encima e si haberá participación. Ou non.

De tódolos xeitos parabéns ao gañador do concurso de "interpretando nun mundo de paxaradas" convocado por an.

4/07/2007

Soños, ríos e poesía

Nin recollemento nin nada, a semana santa non está feita para min.

Teño que dicir ao meu favor que o xoves vía vir o meu vía crucis particular e o doutros achegados debido a certos acontecementos que han de influír nas nosas vidas (agardo que para ben) e que podían traer consigo estigmas nas nosas almas, pero pecadores somos e o venres xa estabamos todos repostos dos demos e dos medos e nun chiscar de dedos a vida retornou ao seu feliz cauce.



E a carón do cauce dun río fun o venres a atopar a miña paz interior despois de redimirme co meu primeiro soño en moito tempo.



E vistas as trazas que estaba tomando a semaniña non quedaba outra que ir o sábado ao convite que se nos facía dende casatlántica da man das ramboias periféricas. Ás seis da tarde estabamos en Corme e asistimos na lonxa do percebe, con báscula e chimpín incluído, á Performance literaria e musical coa que nos agasallaban Paco Souto, Suso Bahamonde, Estevo e Davide Creus, María Lado e Lucía Aldao e o artista convidado: un rapaz alemán que co seu ding dong e o danke anke nos fixo participar nas rimas teutonas. Colaborando no evento estaba por aí un dos percebeiros máis queridos polo blogomillo, Suso Lista, e a xente inquieta e chea de ideas de alg-a.

Teño que dicir, entre avergoñada e sorprendida por darme conta do feito a estas alturas, que era o primeiro recital ao que asistía e gustoume. Foron un golpe nos oídos as voces (des)acompasadas de maria e lucia, embelesáronme as verbas de Suso Bahamonde coa sonoridade da guitarra de seu irmán de fondo, impresiona a forza que bota lu pola boca e o grande que se fai maria cando ensina o que leva dentro, foi moi grata a experiencia alemá con ese outro poeta de nome que non lembro e que maria xa se encargará de decirnos, gustoume Paco Souto con ese cambio de temática e estilo máis tradicional e encantoume o que fixeron os semiespidos irmáns Creus pegándonos versos nos corpos mentres as palabras se nos metían a través dos poros: un ollo dis para un ollo dis-tanto.



Foi tamén especialmente bonito e pouco participativo a última improvisación de maria con "Lonja", unha subasta que estiven a piques de interromper para quedar co poema nesa puxa de versos e subastar algo coma:

e é meu, como eu sempre quixen que ti foses
e ti foxes cara min coa túa boca
de caramelo e sal. e sal de min.
sen querer sal coa túa boca de mar,
de min, de nós.
a túa boca de flor
da que caen pétalos coma se fosen pérolas,
pérolas de amor,
pérolas de sol.
a túa boca de flor
que me regalas na pel,
que é túa, que é miña
e que eu che dou
sen saber que máis dicir
sen saber que máis falar
sen saber que máis falar
sonan badaladas con son de mar,
de norte e de sorte.
sorte a miña por terte,
sempre a sorte que eu digo:
e é meu, como eu sempre quixen que ti foses.

Pero a "Lonja" non se interrumpiu porque daba xenio oír a maria. Estivo xenial.

E hoxe, domingo de resurección...as chagas están pechadas, a catarse realizada e sigo querendo que me lamban feridas (esto xa é rollo cristianocatólico así dando pena para non desentonar coa semana de paixón, que se non mas lamben, xa as lamberei eu)

4/04/2007

Semana de paixón

E tal como comezamos a semana, comezaremos a santificala.



Son as polémicas fotos de J.A.M. Montoya, nado en Badajoz no ano 53.



Nestes dous sitios (para ler e para ver) conta que "Si me preguntas en general por mi trayectoria fotográfica he de decir que sólo pretendo expresar lo que pienso y lo que siento a través de la fotografía, si me preguntas por Sanctorum contestaría lo mismo, ha sido mi forma de criticar unos acontecimientos concretos que tienen que ver con ciertas actitudes de un sector muy específico del estamento eclesiástico".



Tivo outra obra polémica, In Breeding 1995-1998. A min gústame, é arte, é expresión e cousas peores se teñen visto.



E esta sería unha boa ocasión para falar do que me gusta Badajoz, do que me une con esa terra, de flaxelarme sabendo que esa relación vai mudar...pero non o vou facer porque as procesións van por dentro, anque estas anotacións estanme servindo un pouco de desafogo.

Á volta lamberémonos as feridas do cilicio e das mortificacións internas.

4/03/2007

Fodemillo(3): as crónicas do palheiro e quentidades industriais

E última entrega vai hoxe da man dos creadores das Crónicas do Palheiro e colector lixo (colixo) responsable de quentidades industriais:

Por qué adicas o teu tempo a facer isto?

Opalheiro1:
Pois sempre tés que topar algo no que botar o tempo, e a verdade é que o blog nom consume tanto tempo.

Opalheiro2: Tem razão 1, não gastamos muito tempo no blog, e o bom dum blogue colectivo.

colixo: Por xogo.

Por qué imaxes e non texto?

Opalheiro 1 e 2:
Nós metemos texto! Pero as imaxenes son mui importantes no noso blog.

colixo: Deixa máis liberdade á imaxinación.

De onde sacas as fotos?

Opalheiro2:
Fedelhar pola internete adiante, e mais duma vez modificar nós alguma para que quede melhor. Para ilustrar um post no palheiro sempre metemos en google "photo erotica" e a surfear um pouco. Também contamos coa indicação dos colaboradores

colixo: De webs especalizadas en fotografía erótica.

Fas estas cousas de verdade?

Opalheiro1:
Que se fodemos? Unhas mais que outras!

Opalheiro2: Se o blog não tem mais entradas é pela falta esporádica de sexo dos seus habituais. Temos o compromiso de não escrever se não fodemos.

colixo: Traballar, postear e foder? Claro!

A típica cuestión, como surxiu a idea e a temática do blogue e como foi a xestación?

Opalheiro1:
Pois os creadores do Palheiro non tíñamos blogue de seu, pero somos uns miróns do blogomillo, e un dia que estávamos a falar de temas varios coido que foi este daquí quen relacionou o noso voyeurismo con algún matiz sexual...

Opalheiro2: E o LK fizo o resto. Estivemos um mês a pensar em fazer o blogue, e uma manhã em arroutada registrei o nome (ideia da minha companheira) e mandei-lhe um correio. A verdade é que não foi uma cousa mui pensada.

colixo: Nunha mañá de resaca en boa compaña.



Lore di en madialeva "Igual eu tamén teño algo que decir". Sobre o sexo está todo dito ou aínda queda moito que contar?

Opalheiro1:
Para nada. Levamos fondendo dende antes de baixar das arvores e ainda hai xente que fai libros e blogs sobre sexo. Se todos repetiran o mesmo non teriamos mercado.

colixo: O sexo, como os clásicos, sempre ofrece novas interpretacións.

Outra frase, desta vez aparecida en laranxa, "O problema basco non é o terrorismo, se non o sexo" e a lei de Berto "A medida que unha discusión online en galego sobre calquera tema avanza, a probabilidade de que se mencione o reintegracionismo/isolacionismo achégase a 1", dame pé a preguntar se en Galiza temos o mesmo problema.

Opalheiro1: O sexo non soluciona todo, pero axuda. Unha sociedade "mais satisfeita" no eido sexual seguro que toma as couas con menos dramatismo. E no Palheiro nom admitimos leas, nen políticas nen ortográficas

Opalheiro2: Nós decidimos a normativa da página (dos menus e dos comunicados "oficiais) botando uma moeda... imaginade.

colixo: Onde está o problema de termos mais sexo que terrorismo?

A sociedade galega é pechada de mente en canto á sexualidade se refire ou todo o contrario?

Opalheiro1:
A sociedade galega é mais pechada de mente do que un poderia pensar. Algunha noite podes topar na cama con algún que ten ideas ou prexuizos sexuais que meten medo.

Opalheiro2: A minha experiência não é tam crítica como a minha companheira. Não sei se é cousa da nossa sociedade, pero os galegos adoitam estar mais "esfameados" e se nas conversas não adoitam sair temas sexuais depois na cama amanham essas faltas.

colixo: A sociedade galega ábrese mais de mente que de pernas.



Cando se fala moito dunha cousa é porque se carece dela. En relación ao sexo, no voso caso é igual?

Opalheiro1:
Nós temos a firme promesa de non escribir no Palheiro se esa semana não fodemos. Nada de historias vellas, Todo actualidad! Outra cousa son os nosos colaboradores

colixo: A linguaxe do sexo é a única que se pode falar coa boca chea.

Teriades reparo en amosar a vosa identidade real ou é preferible ser unha incógnita como coyoacan de vsqn?

Opalheiro1 e 2:
Nin de coña!

colixo: Para que? Axuda nalgo saber nome e apelidos en temas de sexo?

Unha personaxe galega que levariades a cama ou coa que fantaseedes?

Opalheiro1:
Xa sei que é un tópico... pero Manolo Rivas.

Opalheiro2: Eu não quero lios com famosas, que depois so dam problemas

Opalheiro1: Ei! Pero ti e mais eu temos um acordo...

Opalheiro2: Sim, bom. Não sei como se chama, pero a rapariga que da os esportos na TVG pela manhã. Se entra a tiro algum dia "A palheira" e mais eu queremos um trio. Pero essa não é famosa!

colixo: Moitas. Desde Teté Delgado a Toñito de Poi. E dos non famosos a lista ainda é máis longa.

O fodemillo integrado no blogomillo. Hai algún blogueiro que vos encha o ollo ou polo cal tedes curiosidade sexualmente falando?

Opalheiro1:
Non é peloteo, pero eu sigo Beliscos Pequenos! Pero nada sexual, non se enfade!.

Opalheiro2: Eu não estou tam metido no blogomilho como ter preferências :D

colixo: Pero os blogueiros teñen sexo?

Predominan as mulleres dentro desta temática, a que pensades que é debido?

Opalheiro1:
Non hai unha viñeta na que sae un home gordo e con barba chateando como se fose unha mulher loira e escultural? ;)

Opalheiro2: A verdade é que todas as colaboraçoes no Palheiros forom de mulheres. Não sei a razão, mais está bem!

colixo: Hai máis onanismo entre os homes e exhibicionismo entre as mulleres?



E falando de homes, as minhas mulleres ten imaxes case pornográficas en comparanza co resto dos blogues. Vense aí as diferencias entre o que poida excitar a un home e a unha muller?

Opalheiro1:
O "case" sobra, que a última que mirei sain conas e carallos en versión macro! Eu podo sentirme escitada por unha imaxen esplícita, pero moitas veces as imaxenes que crea a mente lendo os textos doutros blogs son mais efectivas.

Opalheiro2: Eu nunca precisei de imagenes esplícitas para os meus posts, incluso "difuminei" algunha... Que o nosso é um blogue com estilo! A verdade é que os homens psomos mais visuais e queiras ou não a pornografia, se está justificada, não tem porque devaluar o blog.

colixo: Non creo que a diferencia de estilo teña a ver co xénero.

E por último, todo o que contades no blogue é verdade ou hai moita fantasía posta nas vosas verbas?

Opalheiro1:
Agás cuando falemos de fantasias (e así se indique) todo o que poñamos no Palheiro é pura verdade!! (literalizada).

Opalheiro2: Amem. (Bom, também há sitio para fantasias e histórias inventadas no palheiro).

colixo: Non traballo en fábrica ningunha.

Sen máis moitas gracias e se tedes algo máis que engadir, xa podedes comezar.

Opalheiro2:
Pois aproveitar para fazer publicidade de autos Lobell... digo do nosso blogue e lembrar que cualquera que queira entrar nisto do fodemilho (anónimamente se calhar) pode emprega-lo :D


Pois ata aquí chegamos e hoxe os agradecementos a Snob Megalove e a Gustavo Harvey, e por suposto a tódolos integrantes do fodemillo. Moitas gracias.