7/03/2007

Sobre o café e blogues no Vecchio

Non fun a convocatoria feita por Frank porque xa tiña compromiso, pero cando vin as fotos que fixera ghanito, en vez de apenarme aledeime un montón. Volvemos a atoparnos!!



E alédome moito por el, moitísimo.



Pasou moito tempo, pero o meu primeiro ano na Coruña está e estará marcado por todo o que vivín con el e con toda a súa pandilla, o meu primeiro San Xoán, as cuadas patinando (aínda non aprendín), a "te paso a recoger, ya!", as hamburguesas no Delicias despois de saír toda a noite, as cancións de U2, a SuperCoco...a risas mil!

Agora, tantos anos despois, voltamos a atoparnos: mil bicos e os meus parabéns a LordMax e á súa Musa, esa ejecutiva agresiva.

Esa voda!

De voda again

Hai vodas e vodas e esta foi das sonadas. Xa dixen que o feito de casarse non me é apetecible pero para outra xente non é así, de todos os xeitos é motivo de festa porque as dúas persoas (e familias) que organizan semellante evento están máis felices ca nunca.

E nunha voda:

Aos noivos hailles que tirar de todo, acéptase arroz, acéptanse macarróns...os garbanzos son algo máis perigosos e o alpiste...os paxarons agradecerano. Tamén se leva moito eso de tirar pétalos de rosa, pero non foi o caso.

Hai que aguantar o tipo subidas nos tacóns así a misa dure hora e media, así non teñas onde sentarte e non rirse cando o cura saca unha lupa para ler a letra pequena. Despois hai que andar coma se foses unha modelo de Cibeles anque por dentro estés maldecindo a quen inventou os zapatos imposibles que levas nos pés.

E toca emocionarse cando os noivos saen a bailar o vals e evitar en todo momento que o señoriño de turno te colla para bailar un pasodoble español.

Dios, que voda.

7/01/2007

De voda



Así de jlamurosa

6/28/2007

Delicioso é como se di o teu nome

María e Berlín e Fanny e Alexander e David Rubín e Mario Regueira, todos en A Regueifa Plataforma.




Para escoitar hoxe e sempre: Berlín.

Tan bonito que precisas que te abracen.

6/27/2007

Oroso es "solo" un estado de ánimo

"Solo" un estado de ánimo. Non o puxen en dúbida en ningún momento. E nun comezo ía ser cousa de tres que se converteron en catro (para ser 5 de 5), e ao remate acabamos sendo seis. A praza do Concello de Oroso nunca tivo tan bos inquilinos nas terrazas, nin sorpresas tan gratas e, moito menos, rapaces tan guapos. O sol acompañou en tan bonito encontro iluminando as ideas e os contos que surxían sen parar nunha conversa que nos descubría os monumentos do concello e que continuou nun coche cotroso coa facción menos tensa do grupo.

Creo que nunca me sentín máis agusto na miña vida namais coñecer a alguén, nótase no trato, nótase nas miradas e nótase nos risos. E como non, fun colmada de agasallos e xa teño a miña serigrafía nº 13 no meu poder que, anque mete medo, xa ten un lugar reservado nunha das paredes da miña casa.



Remolca Madriña son especiais, e se non cadramos antes, o 28 de xullo en Vigo será un gran día para celebrar en concerto o "Born 31th de Xullo" e para volver a vernos, desta vez sen presas e sen perder máis cousas. Menos mal que Cinderella sempre terá a súa fada Madriña.



Nenos: Campei!!!

Punto importante: eu non vou a Colombia, os voy a hacer trabajar duro. Resumo da reunión: homérica si, pero o de kafkiano tamén se deixou oír.

B.S.O. Remolca Madriña- Al uso principal. Un 10.

6/26/2007

Greyboxes na Coruña

O día de San Xoan mentres iamos camiño da casa, ifrit parouse a facer unha foto dunha caixa do semáforo ou das de comunicacións, xa non sei. Creo que era esta, pero non lle vimos o lado de atrás que estaba máis chula.



Díxenlle que lle sacase unha foto a esta outra que quedaba na beirarrúa de enfrente



e faleille que eu o verán pasado lle sacara unha foto a esta outra:



Resulta que Wicho tivo a mesma idea e anda "afotándoas" todas e podedes velas no seu flickr, que foi de onde as saquei.



Hai outras polo mundo adiante que tamén son igual de bonitas, esta, de Bandid of Oz, vai adicada e non é moi complicado saber a quen a falta de 20 e poucos días do cabodano da súa defunción.



Gústanme estas cousas porque aledan bastante unha cidade, non serán Bansky cos seus estarcidos, pero agradécense igual.

6/25/2007

Agapimú

Como sóis.

Dices que me quieres
con una fuerza que me hiere
agapimú.

Non facía falla chuzalo para preguntarmo.

Matarile-rile-ron.

6/24/2007

Churruscando Coruña

A noite de San Xoán para min é sagrada, xa ten que haber forza de causa maior para non celebrala como se merece. Por ese motivo, de primeiras non tiña idea de ir á convocatoria A Coruña arde quetecagas!! porque xa quedara coas integrantes da banda da pachocha para baixar á praia. E alí andabamos, cando SugarKane me mandou un sms premonitorio do que ía ser a noite: Tem coidado co alcool! Te pones del revés!

Canta sabeduría en tan poucas palabras, o conto é que pouco caso lle fixen porque en seguida o Julián explicando como se facía un portugués me convidou a licor café e alí nos puxemos a discutir se o devandito licor se fai con café ou coa tona da laranxa...alguén ten a receta? E casualidades da vida, apareceu Sak que resulta que tamén coñecía ao das tonas de laranxa, botamos un anaco falando e non sei como foron pasando as cousas que rematei tirada na area mil e unha veces xogando e pintando na mona todos xuntos.



Á banda da pachocha dóuselle por ir á carpa techno-dance que seica había preto da Torre e Sak máis eu collemos camiño do Desquite, onde estaban o resto dos integrantes do Arde Coruña, a saber: Snob, ifrit, ghanito, mourullo, Modesto e ascárida (bueno, faltaba Pawley). A partir daí foi o que dicía o SugarKane...al revés, al revés: decateime cando no 14 lle fun pedir ao Javi non sei que cousa para beber e non tiña a carteira nin as chaves da casa, acompañoume ghanito ao caixeiro e non sei que números marquei que se me bloqueou a tarxeta, volvemos para o 14 onde todo transcurriu correctamente como experiencia interpersoal, etílica, sobona e alucinada que era.

Menos mal que está ghanito para contar como foi toda a noite, porque eu a verdade debín ser presa dalgún meigallo porque cando saiamos do 14 case deixo a cazadora do despiste que levaba encima e nin me lembro de terlle avisado ao SugarKane da ubicación que tiñamos naquel momento, nin posiblemente doutras moitas cousas.




Sei que volvemos para casa andando o ghanito, Sak, ifrit máis eu. Nós os dous atopamos despois na estación de tren a Modesto, ascárida e a Snob, aí decateime tamén que perdera o chisqueiro e que tiña dous paquetes de tabaco, pero á hora da verdade resulta que cheguei á casa sen ningún.

E ben, deixoume ifrit na casa e seguimos coa racha del revés:

Chamei a un cerraxeiro e despois de sacar alí unha placa dunha radiografía máis non sei que outro plástico vai e cóbrame 164,72 eurales, pero que majo el tío. Resulta que tamén teño o corpo cheo de negróns que parece que me deron unha malleira, xa debín andar facendo ben a croqueta pola area...e, de novo, outra quentura desas na boca, vou ir ghuapirma á voda, menos mal que non son eu a que casa.

En resumo, que o pasei pipa, que foi unha noite de sorpresas, que non sei como non perdín a cabeza que era o que me faltaba. En definitiva, unha noite del revés ou polo menos non como a agardaba, estivo ben.

A próxima esta, non?

6/22/2007

Despedida Miss Juergas

Fixémoslle a despedida de solteira a nosa querida amiga casadeira e, para non desentonar co ambiente reinante, fomos dun tan gallego como o gazpacho que lla fixemos na Casa de Andalucía da Coruña.

Desta non houbo boy e pasámolo moi, pero que moi ben e rematamos regalámoslle un kit de supervivencia da perfecta recén casada ao máis puro estilo retrógado. O conto foi que ao final da noite a futura noiva tiña que escoller á nova Miss Juergas...de entre 13 candidatas escolleu a unha que se sentiu moi honrada.



Como ben dixen, que me dure o reinado moitos anos.

6/20/2007

Pre-fnac

Pois non chegamos a ver a Deluxe nin Sak nin eu, e acompañados de SugarKane vimos aos Happy Mondays que traían un maraqueiro que non deixou de saltar dun lado para outro no escenario e que comezou a facer o que facía o Raticulín coas mans (ou o símbolo do feminismo, ese trianguliño coas dúas mans) cando cantaron Hallelujah.

Happy Mondays-Halleluja


O momento Raticulín, despistoume de todo.

Despois doutro eterno descanso e ir "á farola ao lado dos cochitos" puiden poñerlle cara a Bran, outro asistente ao concerto que agardaba a Siniestro Total e ver de novo ao señor Harvey e aos rapaces de Quant, Siniestro repasou todos os seus éxitos e despois de referencias a temas futboleiros e das moitas ganas de falar que tiña o Julián apareceu o Reixa coa súa matanza do porco.

O mellor de todo, o himno ruso do final cando os vigueses saíron en fila a saúdar e, para o meu descoloque total, alí ergueron os brazos en alto e de novo o dichoso trianguliño...alguén mo pode explicar?? Será cousa de extraterrestres? Porque tamén avistamos OVNIS esa noite.



En fin, que me gustan as conversas post-concertos, que da gusto escoitar a estes homes e que o venres iremos dar unha volta aos grandes almacéns da fnac.

sé que soy una alimaña...