Canta sabeduría en tan poucas palabras, o conto é que pouco caso lle fixen porque en seguida o Julián explicando como se facía un portugués me convidou a licor café e alí nos puxemos a discutir se o devandito licor se fai con café ou coa tona da laranxa...alguén ten a receta? E casualidades da vida, apareceu Sak que resulta que tamén coñecía ao das tonas de laranxa, botamos un anaco falando e non sei como foron pasando as cousas que rematei tirada na area mil e unha veces xogando e pintando na mona todos xuntos.

Á banda da pachocha dóuselle por ir á carpa techno-dance que seica había preto da Torre e Sak máis eu collemos camiño do Desquite, onde estaban o resto dos integrantes do Arde Coruña, a saber: Snob, ifrit, ghanito, mourullo, Modesto e ascárida (bueno, faltaba Pawley). A partir daí foi o que dicía o SugarKane...al revés, al revés: decateime cando no 14 lle fun pedir ao Javi non sei que cousa para beber e non tiña a carteira nin as chaves da casa, acompañoume ghanito ao caixeiro e non sei que números marquei que se me bloqueou a tarxeta, volvemos para o 14 onde todo transcurriu correctamente como experiencia interpersoal, etílica, sobona e alucinada que era.
Menos mal que está ghanito para contar como foi toda a noite, porque eu a verdade debín ser presa dalgún meigallo porque cando saiamos do 14 case deixo a cazadora do despiste que levaba encima e nin me lembro de terlle avisado ao SugarKane da ubicación que tiñamos naquel momento, nin posiblemente doutras moitas cousas.

Sei que volvemos para casa andando o ghanito, Sak, ifrit máis eu. Nós os dous atopamos despois na estación de tren a Modesto, ascárida e a Snob, aí decateime tamén que perdera o chisqueiro e que tiña dous paquetes de tabaco, pero á hora da verdade resulta que cheguei á casa sen ningún.
E ben, deixoume ifrit na casa e seguimos coa racha del revés:
Chamei a un cerraxeiro e despois de sacar alí unha placa dunha radiografía máis non sei que outro plástico vai e cóbrame 164,72 eurales, pero que majo el tío. Resulta que tamén teño o corpo cheo de negróns que parece que me deron unha malleira, xa debín andar facendo ben a croqueta pola area...e, de novo, outra quentura desas na boca, vou ir ghuapirma á voda, menos mal que non son eu a que casa.
En resumo, que o pasei pipa, que foi unha noite de sorpresas, que non sei como non perdín a cabeza que era o que me faltaba. En definitiva, unha noite del revés ou polo menos non como a agardaba, estivo ben.
A próxima esta, non?
11 comentários:
Por que ninguén me dixo que había unha carpa Techno?? Grrrrhhhh
Ainda sen Tecno, non estiveron mal os clásicos do 14 :D
o 14 está pero que moi ben, e pensei que che dixera o da carpa esa...da igual, que revisando as mensaxes do móbil creo que se me esqueceron moitas cousas desa noite. bicos neno :)
Hoxe en La voz de Galicia saían unhas fotos pouco favorecedoras da praia de Riazor. Aquilo parecía o portiño en tempos.;)
aiaiai...
Ao final, non puiden ir (tiña outro compromiso previo, noutra cacharela). Cacharela que por certo converteuse un pouco nunha blogofesta improvisada.
parece que o pasaches ben, eso é o que conta, para min foi o ano máis frouxo e "ligth" que lembro, espero non sexa unha premonición do que me espera cos meus anos, a ver se en san pedro o corrixo ;) un bico
Polo que contas foi a apocalise da carne...Pois nada, un masaxe reparador e a por outra! Escolle ben o masaxista.
arume, a verdade é que Riazor queda feita unha pena, eu o único que deixei foi a carteira coas chaves e por certo, creo que a teño en obxectos perdidos polo que me dixeron...eso de falar con moita xente da os seus resultados :) creo que foi o Julián o que a atopou.
zerovacas, xa estiven vendo por aí, non desmereceu a chararela entón :)
pois eu deste non teño queixa an, e eso, a desquitarse no San Pedro, que, por certo, nunca o celebrei.
Lula, nin que estiveses alí :D
Ui, menos mal que eu teño o Leo para non andar de can por aí perdendo carteira, chaves e que máis sei eu.
Menos mal que chegaches enteira.
O que me extraña é que teñas gañas de máis festa.
Un saúdo.
Ai muito rim lendo esta actualizaçom! Algum dia terei que passar o Sam Joám na Corunha, ainda que o de Compostela nom está mal tampouco... Para quando entom essa festa? Onde? I'll stay tuned! Ah lembra que o 7 de julho é a festa do Orgulho aqui na capi ;) Bicos de croqueta!
menos mal que foi a noite máis curta do ano...
acedre e como é que ves preto da Coruña e non avisas?? Enteira, enteira, o que se di enteira...vale, aceptamos enteira :D Festa si, que agora veñen todas.
Prosciutto ahahaha máis me rin eu con tódalas penalidades que sufrín que ata me atacaron na pista de baile ahahaha. Convidado quedas para o próximo San Xoan se te animas e o da festa retro aínda non sei que non se concretou nada, pero xa se fará saber, todo está en falar con elianinha. 7 de xullo, tómoo como unha invitación formal :), chámote!
occam, menos mal...pero cundiu, eh?
Enviar um comentário