A noite de San Xoán para min é sagrada, xa ten que haber forza de causa maior para non celebrala como se merece. Por ese motivo, de primeiras non tiña idea de ir á convocatoria
A Coruña arde quetecagas!! porque xa quedara coas integrantes da
banda da pachocha para baixar á praia. E alí andabamos, cando
SugarKane me mandou un sms premonitorio do que ía ser a noite:
Tem coidado co alcool! Te pones del revés! Canta sabeduría en tan poucas palabras, o conto é que pouco caso lle fixen porque en seguida o Julián explicando como se facía un
portugués me convidou a licor café e alí nos puxemos a discutir se o devandito licor se fai con café ou coa tona da laranxa...alguén ten a receta? E casualidades da vida, apareceu
Sak que resulta que tamén coñecía ao das tonas de laranxa, botamos un anaco falando e non sei como foron pasando as cousas que rematei tirada na area mil e unha veces xogando e pintando na mona todos xuntos.

Á
banda da pachocha dóuselle por ir á carpa techno-dance que seica había preto da Torre e Sak máis eu collemos camiño do Desquite, onde estaban o resto dos integrantes do Arde Coruña, a saber:
Snob,
ifrit,
ghanito,
mourullo,
Modesto e
ascárida (bueno, faltaba
Pawley). A partir daí foi o que dicía o SugarKane...al revés, al revés: decateime cando no 14 lle fun pedir ao Javi non sei que cousa para beber e non tiña a carteira nin as chaves da casa, acompañoume ghanito ao caixeiro e non sei que números marquei que se me bloqueou a tarxeta, volvemos para o 14 onde todo transcurriu correctamente como
experiencia interpersoal, etílica, sobona e alucinada que era.
Menos mal que está
ghanito para contar como foi toda a noite, porque eu a verdade debín ser presa dalgún meigallo porque cando saiamos do
14 case deixo a cazadora do despiste que levaba encima e nin me lembro de terlle avisado ao SugarKane da ubicación que tiñamos naquel momento, nin posiblemente doutras moitas cousas.

Sei que volvemos para casa andando o ghanito, Sak, ifrit máis eu. Nós os dous atopamos despois na estación de tren a Modesto, ascárida e a Snob, aí decateime tamén que perdera o chisqueiro e que tiña dous paquetes de tabaco, pero á hora da verdade resulta que cheguei á casa sen ningún.
E ben, deixoume ifrit na casa e seguimos coa racha del revés:
Chamei a un cerraxeiro e despois de sacar alí unha placa dunha radiografía máis non sei que outro plástico vai e cóbrame
164,72 eurales, pero que majo el tío. Resulta que tamén teño o corpo cheo de negróns que parece que me deron unha malleira, xa debín andar facendo ben a croqueta pola area...e, de novo, outra quentura desas na boca, vou ir ghuapirma á voda, menos mal que non son eu a que casa.
En resumo, que o pasei pipa, que foi unha noite de sorpresas, que non sei como non perdín a cabeza que era o que me faltaba. En definitiva, unha noite del revés ou polo menos non como a agardaba, estivo ben.
A próxima
esta, non?