5/30/2006

O tempo pasa e non se detén

Frases escoitadas no día de hoxe:

1. "Ti busca un perdidiño coma min!"
2. "A ti o que che convén é un coma Barrié, cun ollo pra riba e outro pra baixo e un dente de medio lado"
3. "A ver, non berres e confesa, canto pasamos dos 30?"

E ben, todo isto ía con idea de falar do Isaac, pero pouco poido dicir, so que ten a miña simpatía.




"QUERIDO CASTELAO:

Hola: Gostaríame que me fixeras un cadro e un conto.
Nas cidades xa non se rin de nós se falamos o galego. Eu falo galego e a miña familia tamén. Nas escolas de Trasmonte falase o galego." Inés,6 anos.

6 comentários:

Anónimo disse...

Corre o tempo velozmente
Como a água da corrente
Nós também da mesma sorte
Correndo vamos à morte

O GADANHA

O Breogán de Gáidil disse...

Rir non rin, pero estes días descubrín que segue sendo obxecto de desprezo e rexeitamento por moitos.

acedre disse...

Non e mui normal falar galego sendo un neno e nunha cidade. Mais que risa provoca asombro.

Veloso disse...

O tempo pasa, por fortuna. Cando chegues aos trinta, verás que é unha idade perfecta, a mestura ideal de xuventude e madurez. Iso dígoo agora, aos 36, pero vendo o Isaac penso que aínda hai outra xuventude mellor: a dos 90. Cóidate, e non lles fagas caso nin aos "perdidiños" nin aos "Barrié".

besbe disse...

O breogán, ánimo co proxecto e que non decaian as forzas ("mais só os iñorantes, e féridos e duros, imbéciles e escuros, non nos entenden non") que eu penso que a xeración que ven detrás apreciará todo o que fagamos e veremos máis galego nas cidades e Veloso, máis música me traes á cabeza:

"When I was just a little girl,
I asked my mother, “What will I be?
Will I be pretty?
Will I be rich?”
Here´s what she said to me:

Qué será, será,
Whatever will be, will be;
The future´s not ours to see.
Qué será, será,
What will be, will be."

Mourullo, tamén van por vostede as evocacións.

Anónimo disse...

Xa non rin, pero algúns miran raro...