6/23/2006

Catro

O fume do cigarro que saíra da súa boca, inspirábao de novo o seu nariz por un erro de cálculo. Botárao fóra tan forte que rebotara no cristal da ventá e volvera contra el.
Levaba alí dúas horas seguidas dende que seu irmán chegara e non deixaba de fumar e pensar na súa cara desencaixada abrindo a porta, indo a toda présa cara o seu cuarto e pechar dun golpe a porta.

- Roi, que che pasa? Enterácheste do da catedral?-fitoume cos ollos conxelando desesperadamente as bágoas. Quixen preguntarlle se estivera alí, pero as palabras non saíron porque un nó na gorxa mo estaba impendindo. Estábanseme vindo de súpeto moitas imaxes, moitas conversas e moitas cousas á cabeza que me dicían que si e que ademais non me gustaría saber toda a verdade. El seguía sentado na cama coa cabeza entre as mans, creo que xa chorando e paseille unha man por riba das costas.

Era meu irmán...suponse que o tiña que coñecer ben pero nunca me preocupara abondo por el, non polo menos no que máis me tiña que preocupar. Un pensa que todas esas conversas onde se misturaban palabras coma independencia, reintegracionismo, imperialismo, españois, nación, lingua, colectivo, plataforma, comunicado, cultura, asoballamento, opresión, reivindicación... non pasarían máis alá de conversas, ideas e ideais. Pode que estivese errado. Deille un abrazo e díxenlle que descansase, que xa falariamos e que non se preocupase. Saín do seu cuarto e creo que o oín saloucar.

Lembraba unha vez que viñera esa rapaza, Helena, á casa. Falaban de loita armada, medio en broma, medio en serio. Cando cheguei ela tentábao convencer de que esa non era boa idea anque sempre se comentase entre os outros.

- A ti que che parece, Helena? Faremos del un terrorista sanguinario ou so rematará facéndolle boicot aos garitos de comida rápida e consumindo "Galicia calidade"?
- Hahahahaha, se ti es o cociñeiro faremos boicot e tan contentos.- respostou ela collendo un pemento, dos que me tiña pinta que ían picar, do prato. Roi non facía máis que mirala coma un embobado que quere demostrar algo.- Ademais, míralle para os ollos. Esa mirada non é sanguinaria.

Outro cigarro. Tiña razón ela, non é sanguinaria, pero non podía deixar de pensar no que podía descubrir nas próximas horas.




Música para ambientar.
Kylie Minogue. In your eyes.
ou
Kylie Minogue. Can´t get you out of my head.

1 comentário:

Anónimo disse...

Desculpem a intromissão, mas a vontade é maior

Festival Paredes de Coura
Norte de Portugal
(cerca de Vigo)

Entrada geral 70 €

Agosto 2006
Dia 15
Morrissey
Fischerspooner
Broken Social Scene
White Rose Movement
Madrugada
Gomez

Dia 16
Bloc Party
Yeah Yeah Yeahs
Eagles of Death Metal

Dia 17

Bauhaus
The Cramps
!!! (chk chk chk)
Shout Out Louds

Mais nomes a confirmar

Para informações detalhadas: www.paredesdecoura.com