E como algún día a igualdade será plena, como ten que ser, prefiro pensar en todas esas mulleres traballadoras contentas co seu traballo, cos seus dereitos recoñecidos e tratadas de iguais en tódolos ámbitos, disfrutando do seu tempo de ocio merecido como é debido.
Adicado pois a tódalas mulleres (e homes) que son e serán ociosas/os despois da xornada laboral do seu traballo digno e cos seus dereitos recoñecidos.

11 comentários:
gracias a ti tamén, e disfruta da túa tarde ociosa
Iso, reclamemos o dereito a traballar sen esquecer o tamén lexítimo dereito á preguiza (no que eu milito dende que vin ao mundo).
Saíches moi ociosa na foto, pero logo dos post anteriores, boto de menos as gafapasta :D
Saúdos
Como xa tanto falei de ocio e traballo e como se (non) complementan ás veces durante o mes pasado sería redundante proseguir. En todo caso, viva o tempo libre ben invertido!.
Os deuses te escoiten!!
ogallá algún día a equiparación sexa plena. De momento, imos tirando...
Zerovacas, son as 22:43 da noite e veño de choiar :P non foi tan ociosa a tarde, pero si entretida.
Moucho branco, xa sabes, deixa o elefante na casa a curar que eu xa che dixen onde o podías invertir ben :P
E claro que imos tirando carraboujo, uns-unhas das outras-outros con tódalas combinacións posibles :)
Larvós, que che vou dicir se militamos no mesmo partido, e a foto é de hai uns meses...daquela aínda non había gafapastas na miña vida.
Bicos!
Eu hoxe, sen que sirva de norma por sorte, cheguei á casa ás 22:45 e comecei o traballo ás 8:00 así que xa me dirás.
E no tema das mulleres traballadoras... Todo o que teña que ter un día adicado, mala cousa, ogalla desapareza ese día logo, por que non haxa nada que reivindicar.
Que teñades todas moi bo día.
Eu reivindico o tempo de ocio, que carai!
Eu moi bos días procuro telos todo o ano e si,a ver se non hai un so día para conmemoralo porque significaría que non ten sentido, e iso sería moi boa cousa. A día de hoxe, aínda hai lugares onde se precisa recordalo e reivindicalo.
E descansa ho, non vaia ser que nos dignifiquemos demasiado co traballo.
Parabéns! Eu já quase me esquecera de que manhá é o 8 de março... já! que rápido passam os dias :(
Eso seica é porque imos maiores ou andamos moi atarefados facendo cousas ou todo xunto :)
E que viva o OCIO.
E pensar que un "negocio" é exactamente a "negación do ocio"... qué terribilitá!!!
E vendo a foto, eu tamén reivindico o Día do Sofá Traballador!
E que ninguén se esqueza da igualdade de portas pra dentro (que é das que menos se traballa), paridade nas tarefas do fogar!!
Enviar um comentário