6/28/2007

Delicioso é como se di o teu nome

María e Berlín e Fanny e Alexander e David Rubín e Mario Regueira, todos en A Regueifa Plataforma.




Para escoitar hoxe e sempre: Berlín.

Tan bonito que precisas que te abracen.

6/27/2007

Oroso es "solo" un estado de ánimo

"Solo" un estado de ánimo. Non o puxen en dúbida en ningún momento. E nun comezo ía ser cousa de tres que se converteron en catro (para ser 5 de 5), e ao remate acabamos sendo seis. A praza do Concello de Oroso nunca tivo tan bos inquilinos nas terrazas, nin sorpresas tan gratas e, moito menos, rapaces tan guapos. O sol acompañou en tan bonito encontro iluminando as ideas e os contos que surxían sen parar nunha conversa que nos descubría os monumentos do concello e que continuou nun coche cotroso coa facción menos tensa do grupo.

Creo que nunca me sentín máis agusto na miña vida namais coñecer a alguén, nótase no trato, nótase nas miradas e nótase nos risos. E como non, fun colmada de agasallos e xa teño a miña serigrafía nº 13 no meu poder que, anque mete medo, xa ten un lugar reservado nunha das paredes da miña casa.



Remolca Madriña son especiais, e se non cadramos antes, o 28 de xullo en Vigo será un gran día para celebrar en concerto o "Born 31th de Xullo" e para volver a vernos, desta vez sen presas e sen perder máis cousas. Menos mal que Cinderella sempre terá a súa fada Madriña.



Nenos: Campei!!!

Punto importante: eu non vou a Colombia, os voy a hacer trabajar duro. Resumo da reunión: homérica si, pero o de kafkiano tamén se deixou oír.

B.S.O. Remolca Madriña- Al uso principal. Un 10.

6/26/2007

Greyboxes na Coruña

O día de San Xoan mentres iamos camiño da casa, ifrit parouse a facer unha foto dunha caixa do semáforo ou das de comunicacións, xa non sei. Creo que era esta, pero non lle vimos o lado de atrás que estaba máis chula.



Díxenlle que lle sacase unha foto a esta outra que quedaba na beirarrúa de enfrente



e faleille que eu o verán pasado lle sacara unha foto a esta outra:



Resulta que Wicho tivo a mesma idea e anda "afotándoas" todas e podedes velas no seu flickr, que foi de onde as saquei.



Hai outras polo mundo adiante que tamén son igual de bonitas, esta, de Bandid of Oz, vai adicada e non é moi complicado saber a quen a falta de 20 e poucos días do cabodano da súa defunción.



Gústanme estas cousas porque aledan bastante unha cidade, non serán Bansky cos seus estarcidos, pero agradécense igual.

6/25/2007

Agapimú

Como sóis.

Dices que me quieres
con una fuerza que me hiere
agapimú.

Non facía falla chuzalo para preguntarmo.

Matarile-rile-ron.

6/24/2007

Churruscando Coruña

A noite de San Xoán para min é sagrada, xa ten que haber forza de causa maior para non celebrala como se merece. Por ese motivo, de primeiras non tiña idea de ir á convocatoria A Coruña arde quetecagas!! porque xa quedara coas integrantes da banda da pachocha para baixar á praia. E alí andabamos, cando SugarKane me mandou un sms premonitorio do que ía ser a noite: Tem coidado co alcool! Te pones del revés!

Canta sabeduría en tan poucas palabras, o conto é que pouco caso lle fixen porque en seguida o Julián explicando como se facía un portugués me convidou a licor café e alí nos puxemos a discutir se o devandito licor se fai con café ou coa tona da laranxa...alguén ten a receta? E casualidades da vida, apareceu Sak que resulta que tamén coñecía ao das tonas de laranxa, botamos un anaco falando e non sei como foron pasando as cousas que rematei tirada na area mil e unha veces xogando e pintando na mona todos xuntos.



Á banda da pachocha dóuselle por ir á carpa techno-dance que seica había preto da Torre e Sak máis eu collemos camiño do Desquite, onde estaban o resto dos integrantes do Arde Coruña, a saber: Snob, ifrit, ghanito, mourullo, Modesto e ascárida (bueno, faltaba Pawley). A partir daí foi o que dicía o SugarKane...al revés, al revés: decateime cando no 14 lle fun pedir ao Javi non sei que cousa para beber e non tiña a carteira nin as chaves da casa, acompañoume ghanito ao caixeiro e non sei que números marquei que se me bloqueou a tarxeta, volvemos para o 14 onde todo transcurriu correctamente como experiencia interpersoal, etílica, sobona e alucinada que era.

Menos mal que está ghanito para contar como foi toda a noite, porque eu a verdade debín ser presa dalgún meigallo porque cando saiamos do 14 case deixo a cazadora do despiste que levaba encima e nin me lembro de terlle avisado ao SugarKane da ubicación que tiñamos naquel momento, nin posiblemente doutras moitas cousas.




Sei que volvemos para casa andando o ghanito, Sak, ifrit máis eu. Nós os dous atopamos despois na estación de tren a Modesto, ascárida e a Snob, aí decateime tamén que perdera o chisqueiro e que tiña dous paquetes de tabaco, pero á hora da verdade resulta que cheguei á casa sen ningún.

E ben, deixoume ifrit na casa e seguimos coa racha del revés:

Chamei a un cerraxeiro e despois de sacar alí unha placa dunha radiografía máis non sei que outro plástico vai e cóbrame 164,72 eurales, pero que majo el tío. Resulta que tamén teño o corpo cheo de negróns que parece que me deron unha malleira, xa debín andar facendo ben a croqueta pola area...e, de novo, outra quentura desas na boca, vou ir ghuapirma á voda, menos mal que non son eu a que casa.

En resumo, que o pasei pipa, que foi unha noite de sorpresas, que non sei como non perdín a cabeza que era o que me faltaba. En definitiva, unha noite del revés ou polo menos non como a agardaba, estivo ben.

A próxima esta, non?

6/22/2007

Despedida Miss Juergas

Fixémoslle a despedida de solteira a nosa querida amiga casadeira e, para non desentonar co ambiente reinante, fomos dun tan gallego como o gazpacho que lla fixemos na Casa de Andalucía da Coruña.

Desta non houbo boy e pasámolo moi, pero que moi ben e rematamos regalámoslle un kit de supervivencia da perfecta recén casada ao máis puro estilo retrógado. O conto foi que ao final da noite a futura noiva tiña que escoller á nova Miss Juergas...de entre 13 candidatas escolleu a unha que se sentiu moi honrada.



Como ben dixen, que me dure o reinado moitos anos.

6/20/2007

Pre-fnac

Pois non chegamos a ver a Deluxe nin Sak nin eu, e acompañados de SugarKane vimos aos Happy Mondays que traían un maraqueiro que non deixou de saltar dun lado para outro no escenario e que comezou a facer o que facía o Raticulín coas mans (ou o símbolo do feminismo, ese trianguliño coas dúas mans) cando cantaron Hallelujah.

Happy Mondays-Halleluja


O momento Raticulín, despistoume de todo.

Despois doutro eterno descanso e ir "á farola ao lado dos cochitos" puiden poñerlle cara a Bran, outro asistente ao concerto que agardaba a Siniestro Total e ver de novo ao señor Harvey e aos rapaces de Quant, Siniestro repasou todos os seus éxitos e despois de referencias a temas futboleiros e das moitas ganas de falar que tiña o Julián apareceu o Reixa coa súa matanza do porco.

O mellor de todo, o himno ruso do final cando os vigueses saíron en fila a saúdar e, para o meu descoloque total, alí ergueron os brazos en alto e de novo o dichoso trianguliño...alguén mo pode explicar?? Será cousa de extraterrestres? Porque tamén avistamos OVNIS esa noite.



En fin, que me gustan as conversas post-concertos, que da gusto escoitar a estes homes e que o venres iremos dar unha volta aos grandes almacéns da fnac.

sé que soy una alimaña...

Rockaricaturas

Debuxos de Charles en Rockaricaturas. Gustáronme moito.

Moby



Josele



Estarían ben unhas caricaturas dalgúns galegos, un Projecto Mourente ou uns 6pm, por exemplo.

6/15/2007

Non terei abuela, pero teño Madriña!

Esta é miña Madriña, Remolca Madriña para máis datos, e é un pracer presentárvola



e así é como me sinto despois de ser declarada oficialmente amiga (ou afillada, que tamén ía estar ben)



agora xa poido presumir de amigos!!



Fantásticos!

Little Besbe di: nice to meet you!

6/14/2007

Xoguemos un cabrón

Cando lin un anaquiño de Herba Moura na de Xabre sentinme bastante identificada e decidín lelo.



O conto é que, gracias xa non á herba moura se non á ortiga morta, acabo de gañar un libro.



E como a cousa vai de plantas e de libros, recomendo a lectura de Ortigas, de Xía Arias que é a onde pertencen as seguintes letras:

"Cando vou en coche miro para fóra e véxome correndo ao par,
á mesma velocidade, poñéndome carantoñas.
Teño por norma non pisar o chan.
Vou por riba dos quitamedos,
salto ao sinal,
cambio para o muro,
volta ao quitamedos e outro sinal.
Son eu e non son eu: ás veces, son un debuxo animado.

Cando na estrada teño medo agárrome a todo.
Laura non se move, mírame de esguello e como que ri.
Pensas que se perde algo?"


O seguinte vai adicado

"Ensínasme a deda grande do pé montada no índice. Teño que entender que non? Xoguemos un tute a tres. Iso é un cabrón. Xoguemos un cabrón."

Rematarei escollendo Herbario? Algunha recomenda? Ten que ser de Rinoceronte.

6/09/2007

A lo tonto, a lo tonto



Elos é un blogue colectivo ao que se pode unir quen queira mandando un correo a silvinho.galiza(arroba)gmail.com. As normas para escribir nel son ben sinxelas:

1. Coller a última frase que se puxo no último post publicado.
2. No caso de que dúas persoas contesten á vez, a contestación debe ser unha mezcla das dúas frases.
3. Aconséllase un/dous posts por semana e persoa (ás veces eu farei máis pra dirixir os temas cara un lado ou outro).
4. Non insultar nin faltar ao respeto a ninguén.

Xa hai moita xente participando. A día de hoxe eu recomendaríavos ir seguindo (e uníndovos) unha historia que surxiu así daquela maneira e que a min, agora mesmo, tenme intrigada porque non sei o xeito no que rematará.

1. Obsesion de Rosa Enríquez
2. Re-start de Elianinha
3. Gústame o azul clariño (mea culpa)
4. Que mo digan a min de Rifo I de Zeuquirne
5. Marabillosa urxencia de Ghanito
6. De película (mea culpa)


Esto dos blogues colectivos e colaborativos está moi ben, e non hai máis que ver o + dylan, o Contasoños e as Historias eléctricas. Anda que non temos cousas que contar e sen cobrar polos dereitos de autor.

6/08/2007

Piratas de medio pelo

La creación en tiempos digitales
Mensaje de Eduardo Bautista

Los 365 días que hemos dejado atrás estuvieron marcados por la tramitación parlamentaria de la reforma de la Ley de Propiedad Intelectual (LPI), que se alcanzó con el respaldo casi unánime de los grupos políticos y de la que los autores nos sentimos razonablemente satisfechos. Pero también por un falso debate en torno al papel del creador en la era digital que nos encontramos. Quienes han alimentado esa absurda polémica han tratado de situar al autor en una posición de mero espectador respecto a la cadena de valor añadido de la creación. Incluso se han atrevido a manifestar que representamos un obstáculo para la sociedad de la información, como si fuera posible acometer su desarrollo sin autores, sin contenidos, sin creaciones artísticas. Defienden los soportes y los vehículos de difusión como los nuevos dioses de la modernidad y el progreso, negando la labor autoral y ocultando que, sin música, sin películas, sin obras teatrales, sin coreografías, sin entretenimiento cultural, de nada sirve la tecnología digital, por muy avanzada que sea.

En tiempos analógicos o en tiempos digitales, el autor es el primer eslabón en la cadena de valor. Así ha sido y así seguirá siendo siempre, en este año 2007 al que ahora damos la bienvenida y, por supuesto, también en años venideros. La creación ni es residual, ni es elitista. Pero tampoco se ha democratizado o universalizado simplemente por disponer de mayores avances técnicos. Ser autor exige formación, sensibilidad y una mirada especial sobre el mundo que nos rodea y en el que habitamos. Insistir en lo contrario es caer en la demagogia y pretender situar la creación en la más baja de las posiciones. Y, lo que es más grave, olvidar que nuestra contribución al concepto de cultura ha sido decisiva e imprescindible.

Quienes se empeñan en minusvalorar al creador y su trabajo han situado a la Sociedad General de Autores y Editores (SGAE) en el centro de su diana. En lugar de amilanarnos, esta circunstancia nos llena de orgullo. Porque significa que, a lo largo de más de cien años de historia consagrados a la noble tarea de defender los derechos autorales, hemos conseguido lo que nos proponíamos: poner al autor en el lugar que, por derecho propio, le corresponde. No vamos a renunciar bajo ningún concepto a ese principio de actuación que ha guiado nuestro caminar durante más de un siglo. Y vamos a seguir luchando para que la capacidad creativa y el talento tengan el reconocimiento social que merecen.

Eduardo Bautista
Presidente del Consejo de Dirección
Sociedad General de Autores y Editores


Copieille isto a Teddy porque me dou ganas de vomitar. Fun á páxina da SGAE despois de ler o que Mario contaba:

Hai pouco viñéronme contar que a resolución do conflicto legal que tiña a xente do Cineclube de Compostela resolveuse para o seu mal e o de todos. Independentemente do debate sobre dereitos do autor, resúltame moi difícil de asumir que trinta persoas reunidas diante dun proxector, asistindo a unha copia facilitada polo propio director e sen ningún ánimo de lucro incurran nun delito que os obrigue a pagar unha multa de non escasa cuantía.

Un dos motivos polos que me gustaría vivir en Compostela é o Cineclube de Compostela e a posibilidade de poderme pasar algún mércores polo número 21 de Santa Clara. Pero non poido. E dentro de pouco non vou poder nin respirar, porque alguén respirou antes ca min e cobra dereitos de autor por iso. Eu entendo que quen queira cobrar pola súa obra o faga, o que non entendo é a necesidade dunha Sociedade para xestionar eses cartos polos demais nin a idea de recaudar ata o infinito. Dese xeito o autor non importa, a cultura non importa, o que importa son os cartos.



E como hoxe vai de plaxios, tamén me fago Pirata e copio os puntos 4 e 5 de 20.000 leguas de viaxe subnormal (de Samuel Solleiro como ben me corrixeDaniel Salgado) que entre outras cousas podedes ler aquí, en Pirata:

4. Está o mar, está a terra e na terra hai o réxime copyright para xestionar o que se dá en chamar dereitos de autor. Todo o mundo sabe queo copyright é ao seu xeito un monstro doutros tempos, becho enorme que non se corresponde ás formas de transmisión da información que hoxe hai. Porén, intereses diversos fan que o réxime de copyright continúe absolutamente vixente e determinados lobbies de poder recaden o seu diñeiro cando teñen fame ou se senten luxuriosos. Ñam, ñam.

5. Tamén podemos subir no lombo do golfiño das licenzas abertsa, nadar até Hawaii e deleitármonos nas cordas do ukelele. Mais a maior parte do coñecemento ao que podemos acceder non ten unha licenza aberta. Debemos conformarnos con ser un pouco máis burros? E todo o que nos perdemos nas simas, nas profundidades? Por que renunciar? Se as criaturas abisais teñen unha luz na cabeza talvez sexa porque hai algo interesante que ver alá abaixo, nas augas escuras.


E como di Leo: Facer pallas mentais está ben, pero plaxiando coñeces xente.

Con isto so quería denunciar a inxustiza cometida co Cineclube de Compostela, que a actitude do señor Pablo Llorca é de pena e que Ramiro Ledo comparte na Regueifa un documental ben interesante.



Para todos, que é para quen se deben facer as cousas.

-Cineclube de Compostela: O Cineclube ante xuízo por proxectar Terra Negra.
-Cinemafriki: O Cineclube de Compostela a xuízo
-O porto dos escravos: Piratas!!!
-Cultura pirateable en galego: Piratas!
-Zerovacas: A SGAE, os Piratas e a Inquisición.
Dias estranhos: En solidaridade co Cineclube de CompostelaE mañá marcho a pagar no Reina Sofía, pero alí non me importa tanto, porque o edificio si que hai que mantelo, supoño.

6/06/2007

Volta ao Medievo

A expulsión do paraíso de Downing Street.



"There he was, elected by a huge majority, and he has allowed his vanity to destroy it all.", Michael Sandle.

O peor é que é arte contemporánea.

6/05/2007

Dobarrismo

Dende A regueifa , unha alegría e un sitio onde informarse: dobarrismo.com



e entre outros...

Elodio y los seres queridos-O tren

6/03/2007

Máis do mesmo

En Capítulo 0 sempre atopo cousas moi interesantes e hoxe quedo con Confianza (ao mellor o menos interesante de todo o blogue), da que copio esta frase e esencia do post:

"-No traballo, comezo a fiarme dunha persoa -aseguroume- cando lle escoito dicir: “Non sei”. Pero realmente confío nela a partir da primeira vez que me di: “Trabuqueime”."

Eu aplicaríao non so ao traballo se non ao resto dos ámbitos da vida.

6/02/2007

e ti a onde vas?

Opción A



Opción B



Opción C




Para todos os gustos, eh?