2/02/2008

Dombate

Teño varios amigos interesados no megalitismo en Galicia e na cultura castrexa, de feito a algúns téñolle feito regalos relacionados co tema. O conto é que non se me dera por ir visitar por gusto e interese ningún dos xacementos que abundan por esta terra como ten feito magago. Hoxe mudou o conto, fomos ata o Dolmen de Dombate (de 12:00 a 17:00os sábados e festivos)



Aínda lembraba o que era un dolmen/anta e unha mámoa. En Dombate excavaron e practicamente non queda nada da mámoa que cubría o monumento funerario.
Ten razón de ser porque atoparon restos do dolmen anterior ao que hai na actualidade coñecido como Dombate pequeno, e non se coñece outro caso en Galicia no que se construíse un dolmen nun sitio onde xa había outro.
Atoparon tamén pinturas na cara interior das lousas do corredor e da cámara, 20 idoliños en fila custodiando a entrada do corredor e no límite do túmulo e un axuar lítico e cerámico importante, que agora están no Museo Arqueolóxico da Coruña, no Castelo de San Antón, que dirixe José María Bello que tamén dirixiu as excavacións.

E tamén atoparon a Cousa.



Xa hai tempo que se viña avisando de que Dombate estaba mal coidado: unha lona de plástico por riba que non conservou nada, o dolmen desprotexido sen a mámoa coas súas intimidades ao aire e veña auga, e veña vento e así ata hoxe...gabándonos do que temos (neste caso un monumento funerario máis antigo que as Pirámides de Exipto) e deixando que todo iso se destrúa. O que deron en chamar a catedral do megalitismo galego quedou orfo: o Dombate pequeno foise á merda polo coidado que lle deron. En 20 anos non dá tempo a pensar que facer co patrimonio e agora que decidiran algo, resulta que a metade do que iamos protexer xa non existe e hai que mudar o plan.



Todo este despropósito lembroume un artigo de Manuel Rivas, concretamente un fragmento que vén moi ao caso e que vai tendo trazas de premonitorio se non lle poñen remedio á cousa:

"Hai un motivo da arte parietal, pintado ou gravado, que aparece no dolmen de Dombate. É unha figura senlleira, con moito engado e significado inexplicábel. Enigmática. Con graza. Hai quen di que é unha cunca. Quen ve un peixe. Quen coida que é unha criatura do espazo. Unha especie de anxo. Os arqueólogos non se puxeron de acordo. Foi Shee Twohig, que traballou en Dombate no 1973, e a que incluíu os gravados no seu tratado sobre a arte megalítica occidental, quen lle puxo un nome que fixo fortuna. Chámase a Cousa.

Para min que a Cousa era unha especie de marca anímica, na antiga escrita da pedra. Segundo a posición da Cousa, o que seguía debía entenderse dunha maneira ou doutra.

A Cousa era a retranca. A apertura de sentido. A indirecta. A sutileza. O ideograma de "depende".

Se se perde a Cousa, perdémolo todo."




E que lle imos facer...somos así, non? (a min cabréame un pouquiño)


6 comentários:

Rosa disse...

Cuando veo estas cosas, me da tanta rabia, todo se destruye y nadie es responsable y asi seguiremos perdiendo patrimonio y los que deberian hacer algo ¡bien gracias!
Saludos
PD iba a escribiete en gallego pero no me atrevi por si metia mucho la pata

joao madail veiga disse...

Estou na termas de Baiona, na vossa Galiza, a banhos e a aguas....chuifffff.
O Gin no MAR Y ARTE estava como sempre, excelente

paideleo disse...

Hai anos facía campismo salvaxe pola costa e mirei un cartel indicando o dolmen de Dombate e fun alá coa ilusión de ver cos meus ollos o monumento cantado por Pombal...e levei a maior desilusión da miña vida ao velo todo plastificado.
Hoxe está así porque somos nós así.
Mui boa a foto do terreo en venda. É un perfecto resumo do impaís que somos.

Anónimo disse...

Coincido totalmente co que di o paideleo, sobre todo na derradeira frase...Mágoa de país!

Prosciutto Mourente disse...

Que bonita essa foto final do hórreo! Galiza, cada dia + linda e + linda!

Anónimo disse...

Numca comprendin nem comprendo nem comprenderei que co patrimonio artistico/megalitico que temos nem o aproveitemos para turismo especializado, nem que construamos un parque infantil o caron dun dolmen(Axeitos), que para estudiar as pinturas do interior se desmonte a lousa superior ase ponhan uns ferros e se escarallen esas pinturas( e se deixe asi que mais da-forno dos mouros), que as pedras sexan abrevaderos, pontes.. ou se desmonten por que ten que pasar umha estrada(n Touro deixaron as pedras na cuneta e creo que inda seguem ali)....
sulfurome, e como xa postei a semana pasada tenhem que vir de fora para descubrirnos todo o que posuimos ( + de 3000 dolmens/mamoas) e aledarse dos que seguen cubertos polo toxo.
Galiza calidade....