10/22/2006
Historias de posibles ceas e comidas
Un señor púxose a muxir a vaca. A vaca era algo revoltosa e doulle a unha pata para atrás e tiroulle co caldeiro ao señor. Este, algo enfadado, colleu e atoulle a pata para que quedase quieta. A vaca mosqueouse algo e, cando o señor se puxo outra vez ao tema despois de voltar a colocar o caldeiro, colleu e coa outra pata voltou a tirarllo. O señor xa se enfadou algo máis, "vas ver ti", pensou, e atoulle tamén a outra pata.
Á vaca nin gracia lle fixo, e agardou a que o home estivese outra vez disposto a muxila e daquela doulle co rabo en toda a cara. O home nin o pensou dúas veces, colleu a banqueta na que estaba sentado, agarroulle o rabo e levantoullo coa idea de atarllo ao teito...nesa postura tan estirada vai e cáenlle os pantalóns e nese intre entra un veciño na cuadra e ao ver o panorama dille:
- Oe, e ti que andas facendo?
- Estou follándome a vaca, porque se che digo que a estou muxindo non me vas a crer.
Outra de vacas vista en avant-dernières pensées (penúltimos pensamentos):
Unha amiga a outra: "Estou me sentindo como uma vaca sagrada na Índia. Ninguém me come!"
2. Primeiro prato.
Un leonciño feliz cunha mosca revoltosa arredor del. A mosca vai e póusaselle nunha cacha e el dalle co rabo para espantala. A mosca sae voando ao momento e de alí a pouco vai e póusaselle na outra cacha e o leonciño de novo dalle co rabo para que lisque. Despois dun anaco voando dun lado para outro, a mosca colle e póusaselle no fuciño e visto que co rabo non lle chegaba, laaaam dalle un lingüetazo e a mosca queda K.O.
Moralexa: o que non poidas facer co rabo, remátao coa lingua.
3.Segundo prato.
Un formigueiro enteiro quere cruzar un regato porque ao outro lado hai un lote de comida. Despois de pensar moito, moito tempo en como atravesalo, deciden que o mellor vai ser xuntar un lote de paus e restos de pallas para construír unha ponte. Están todas atarefadas cargando palliñas e pauciños e non avanza a obra. Daquela pasa por alí un coello todo roñoso, con pinta de descoidado e ao ver os traballos que pasan ofrécese a levalas a todas encima do seu lombo e dun chimpo pasalas ao outro lado do regato. As formigas despois de moito pensalo e de ver a mugre da pelamia, agradécenllo e dinlle que non e continúan coa súa ponte que xa levaban os traballos moi avanzados. Xusto despois diso e de que o coello liscase, púxose a chover e a auga que baixaba polo regato abaixo levoulles a ponte por diante e quedaron sen ponte, sen coello e sen comida.
Moralexa: máis vale coello roñoso que mil pallas.
4. Postre.
Unha parella de recén casados moi católicos, que entre moitas outras cousas leron esta páxina e non quixeron incurrir na ilegalidade, chegan á súa noite de vodas todos nerviosos e consuman o seu amor. Despois da paixón e desenfreo o rapaz dille á súa muller:
- Tes que perdoar se te lastimei porque non sabía que podía chegar a ser tan bruto.
- Tranquilo, que se non soubese que es tan bruto igual quitaba as medias.
5. Café.
Un amigo a outro:
- Onte soñei contigo.
- E que soñaches?
- Que ti eras rama e eu era vento.
- E que pasou?
- Que te movía e que te movía e que te movía...
Para entendelo algo mellor haberá que recurrir ao diccionario de lunfardo (a buscar o verbo mover aí).*
6. Sobremesa e cigarro.
Como curiosidade, resulta que hai quen ten reticencias a encender tres cigarros seguidos co lume do mesmo chisqueiro. Pregunto por que e a resposta foi esta:
Durante a Segunda Guerra Mundial mentres se estaba nas trincheiras de noite os soldados fumaban, a luz dos chisqueiros ou dos mistos podíase ver dende a liña enemiga. Se había alguén mirando, o primeiro cigarro que se encendía valía para cargar a arma, o segundo para apuntar e o terceiro para disparar, e xa había un soldado morto. Por esa razón din que da mala sorte.
*Para rematar, dicir xa a maiores que o lunfardo ven sendo a xiria que empregaba en Bos Aires a xente de peor vivir, ladróns, presos etc e que se enriqueceu a base de moitas expresións que levaron os emigrantes italianos. Remexendo pola rede vin que nos aportou unhas cantas palabras, entre elas, autobombo:1. m. fest. Elogio desmesurado y público que hace alguien de sí mismo.
Bo proveito.
10/18/2006
Buscando,buscando.
A onde non me disgustaría nada ir sería ao Erasmus Sound Festival 2006, a celebrar o 10 de novembro no Coliseum (tamén da Coruña) anque namais sexa para ir ver a Pony Pony Run Run e a Soardy . A ver se podemos.
Polo demais, aproveito para dar as gracias aos colaboradores da aventura "Buscando gaiteiro desesperadamente" do venres tarde e sábado mañá desta pasada fin de semana: postscriptum, Fátima, Damián, Iago, Rubén, Moncho, Alizinha, Santiago, Guille, Arduina, dorfun, Checha e Noa da Repichoca, Aaron, Dani, Álex, Antón, Dubi, Richi, Pablo, Troitiño, ao gaiteiro anónimo e finalmente the Oscar goes to...Pedro!!!. E perdón polas molestias... procrastinación mala cousa (pero as circunstancias obrigaron)
10/12/2006
Mulleres

Estou lendo "Mulleres" de Charles Bukowski e reproduzo unhas liñas do libro, unha conversa, para min, cargada de razón e traducida libremente ao galego:
"- Non quero foderte, Dee Dee -dixen eu-, ás veces pórtome mal coas mulleres.
- Díxenche que te quero.
- Non o fagas. Non me queiras.
- De acordo -dixo ela- non te quero, case te quero. Está ben así?
- É bastante mellor que o outro."
E a Dee Dee esta, estame caendo ben:
" Dee Dee sabía unhas cantas cousas sobre a vida. Dee Dee sabía que o que lle pasaba a un pasáballe á maioría de nos. As nosas vidas non eran tan diferentes, anque gostasemos de pensar o contrario"
E fóra dramatismos que vai con toda a inocencia.
10/11/2006
Luras
E que aprendemos de todo isto?
Pois agora sei o que son os cromatóforos e o comportamento dos chocos: seica se cando os vas pescar, se están un macho e unha femia xuntos e pica o macho, a femia lisca do sitio. Se é o caso contrario, o macho queda coa femia e levas a parelliña á casa. Será por iso que utilizan como cebo a unha femia viva e cando a ve o macho, este agárrase cos tentáculos a ela e ... voilá! xa o tes collido.
Dentro de pouco sacarei a licencia e iremos pescar CEFALÓPODOS
10/05/2006
Piltrafilla

E se Calvo deixa de ser unha boa opción La Pureza vai ser a seguinte a escoller (aquí dan outra dirección, non sei cal é a actual,que a min trouxéronmas e non preguntei).
Esta conserveira está en Cariño, si, de aí é un candidato aos Premios Chanante Piñeiro, ale, en compló, a revolver.
Polo de agora so probei as anchoas...e babexo, delicatessen onde as haxa.
9/29/2006
Sección contactos

Agradecería voluntaria para exploración vaxinal e voluntario para palpación prostática.
Vai en serio.
Xa a maiores.
9/27/2006
Landras en Madrid ou "E ti de onde es?"

De todo o que podía contar da estancia madrileira so vou dicir que se me esqueceron uns pantalóns no sitio no que me hospedei (trato impagable, por certo) e non foron os que tiña postos este día:
O Retiro está cheo de castañas de Indias, pero xa levaba unha no bolso da fin de semana pasada e, como sempre dixen, que viva o producto nacional. De feito, na horta que teñen no Real Xardín Botánico hai "coles gallegas" e "grelos de Santiago"(estes últimos mellor pillalos en Ordes)...eu collín unha landra do chan.
O conto é que iamos a un congreso e aí van unhas cantas ligazóns:
Saúdos xa dende a casa y que bien nos lo pasamos.
9/18/2006
Un domingo calquera

Como o sábado nin fun ver a Fanfare Ciocarlia no Reperkusión, nin a The Homens en Desarmando Teo en vez de amargarme de mala maneira, o domingo arrancamos uns cantos cara Monforte de Lemos, máis que nada, para dicir que non somos dalí.

Despois de andar un pouco pola cidade, collemos cara o embalse de Belesar onde paramos na praia de Cobas. Despois veu o rallie do día, en Chantada vimos que por alí preto había unha fervenza (da que agora non me lembro o nome) pero non demos con ela, chegamos a Os Peares e fomos dar a volta a Coles, á beiriña de Ourense xa. Pasar, pasámolo ben, que é o que conta.
Así por contar algo máis, déixovos cun resumo de "La novia cadáver" escoitado na mesa do lado nunha cafetería onde estaban dous matrimonios con nenas de 3 a 5 anos. A máis pequena quería ver un pouco da película ao volver a casa e cando lle preguntan de que vai, non sabe ben que dicir, entón o pai explícallo á outra mamá que preguntou:
" Va de un hombre que se casa con la misma mujer que es cadáver, pero en el futuro, sólo que el no lo sabe."-ante isto, a muller acude na súa axuda- " Se casan porque no pronunció las palabras que tenía que decir en la boda."- e o pai volve á carga- " Como ves es algo complicada, no creo que Alicia la entienda bien."
E a foto dentro da foto de arriba é do Wildlife Photographer of the Year exposición que vai estar en Pontevedra e que xa estivo na Casa dos Peixes da Coruña que resulta que tamén ten flickr.
9/15/2006
Momentos

A noite rematou sendo unha especie de pseudofestapixama entre a que todo o analiza, a que fai as cousas sen pensalas, a responsable irresponsable e a irresponsable responsable.
Momentos coma os de hoxe fan que desprazamentos nocturnos e horas de sono que non se durmen sexan moi agradables.
Recordos sonoros que traio na cabeza son o CD co audioconto de Jean Giono "O home que plataba árbores" que escoitamos nun descanso de risos e palabras e a canción "Ay, Rocío" de Joaquín Sabina que inundaba a rúa cando cheguei a casa, non sei de que ventá saía pero fixo que me parase, con nocturnidade e alevosía, a escoitala. Cando rematou, decidín escribir isto.
Hai momentos que aledan a vida.
9/10/2006
Conclusións do día
Ela acabou traendo moitos cartos a casa, que andaba con homes por aí. Un día díxolle ao home que quería ir a Mallorca e como el xa lle comentara que non lle apetecía moito, convenceuno de que estaría ben se ía ela soa...e foise co querido. Cando voltou aínda viña con máis cartos e a explicación foi moi simple:
- Merquei un décimo en Mallorca e tocoume, e despois volvín a xogar a metade do décimo e volveume a tocar!!
- Pois mira que tiveches sorte eh?
Chegou un momento en que a muller xa tiña moitos cartos e decidiron facer unha viaxe xuntos a Canarias. Unha vez na praia foron para a auga, e ela ía aló diante e seguía meténdose máis e máis e dille el:
- Ou María, non vaias tan lonxe que se che molla o décimo!!!
2. Infidelidades que non infelicidades
Non me gusta nada o tratamento que lle dan á infidelidade nalgúns filmes que andiven vendo ultimamente. Non todo ten que ser tan terrible, de feito, todo é tan trivial que non se debería mesturar nunca o que é sexo co que é amor. E nunca se debería xulgar a ninguén sen saber que tipo de relación ten coa súa parella/s, hai cousas que so interesan aos que lles teñen que interesar.
As que non me gustaron:
Infiel
Match Point
Último tango en París
Lo que la verdad esconde
Terei que ver para opinar:
La habitación azul
Closer
Eyes wide shut (a ver se non a remato durmindo outra vez)
3. Cada cousa no seu tempo e a malla en agosto. Claro que tamén podemos deixar de facela.
Vive La Fête. Maladie D'un Fou.
Tu es la
tu es comme dans mes reves de soi
perdu dans les fantasies de nuit plus
que jamais je n'ai pens de cette vie
oui mes reves sont plus fort que ca
mettes ta joie dans la femme de ta jeunesse
c'est la maladie, maladie d'un fou
c'est l'enfaible qui ce marie par amour
maladie, maladie d'un fou
tout les nuits tu es comme ca
je suis la frois dans tes bras
est-ce qu'il y a une vie si je reste ici
l'amour est nul mais masqu
c'est ok ca je le sais
tant fois tu m'as dit c'est une autre vie
c'est l'enfaible qui ce marie par amour
maladie, maladie d'un fou