É que nos encanta o tema das oposicións, máis ca nada por eso de reencontrar amigos que non sei como facemos que nunca damos aprobado. O mellor de todo é que se non levas o exame preparado sempre atopas aos outros dous de turno que van exactamente igual ca ti e axudas a relaxar o ambiente falando xa de que o que máis che fastidia é ter que perder o partido
Celta-Depor, que que guapos estamos, que hai que quedar para saír e a ver se baixas ti a Vigo ou subo eu a Coruña, que vamos xogar a cubrir a quiniela nos exames tipo test e "tía, que mal, que eu saín onte" ao cal se lle resposta "ti tranquilo que eu tamén". Hai cousas que nunca cambian.
Ao conto, que tivemos exame de galego e decateime de que non teño moita idea da lingua que falo. Ale, fáganme que opositan e a ver que lles parecen as preguntas.
1. Das seguintes conxuncións e locucións conxuntivas cales son as correctas:
A. Sen embargo
B. Nembargantes
C. Porén
D. Ningunha é correcta
2. Cando leva acento a contración "ca":
A. Sempre cando contrae cun artigo determinado
B. Sempre cando contrae con calquera tipo de artigo
C. Sempre cando contrae
ca, conxunción comparativa, cun artigo determinado
D. Sempre cando contrae
con, preposición, co artigo determinado
a3. ¿Cal das seguintes palabras non se pode acentuar graficamente?
A. Día
B. Partíu
C. Dá
D. Téxtil
4. ¿Cal das seguintes palabras non se acepta no galego normativo actual?
A. Decontino
B. Até
C. Devagar
D. Entonces
5. ¿Cal das seguintes expresións está mal escrita?
A. Dacordo
B. Talvez
C. Mao
D. U
6. Marque a palabra incorrecta:
A. Médula
B. Omoplata
C. Xeonllo
D. Virilla
7. Na escrita en galego o signos de interrogación empregaranse
A. O seu emprego é obrigatorio ao inicio do enunciado.
B. O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado
C. O seu emprego é recomendable pero non obrigatorio
D. O seu emprego é obrigatorio ao final do enunciado e recomendable ao seu inicio para evitar ambigüidades
8. ¿Cal das seguintes expresións é incorrecta?
A. Vouno levar deitado
B. Eu marcho
C. Marchardes xa
D. Estarrica-lo brazo
9. Na frase
Onte non parou de lapiñar substitúe o termo
lapiñar por un sinónimo correcto
A. Molestar
B. Manchar
C. Orballar
D. Lapidar
10. Dos seguintes termos ¿cal nomea á rexión comprendida entre as vértebras cervicais altas e a zoa occipital?
A. Calostro
B. Sacaluga
C. Xalouco
D. Caluga
Preguntas de reserva:
11. ¿A cal dos seguintes termos correspon a diagnose
Esguince?
A. Escordadura
B. Torcedura
C. Extrusadura
D. Todas as respostas anteriores son correctas
12. ¿Cal é o nome galego da articulación radio-carpiana?
A. Boneca
B. Pulso
C. Cóbado
D. Ningunha das anteriores respostas é correcta
13. A que nos estamos a referir ao nomear un
cabaleiro?
A. Tortícole
B. Parálise braquial
C. LUmbociatálxia
D. Tendinite de Supraespinoso
As respostas nos comentarios e estoume dando conta de que fallei moitas por non lelas con atención. Que desastre de exame!