Arume dos piñeiros anunciando
Apocalipse do porco 1
Apocalipse do porco 2
Modesto
A regueifa
O demo me leve
AK77
Moderno de merda
Retropower
Luis en tránsito
Re-editando, e vai el, e agradécenolo!! As gracias a ti!
Dende a Coruña fomos Sak, J. máis eu pensando que chegariamos tarde, pero gracias a que os artistas tiñan que cear chegamos máis que a tempo para o evento á sala NASA onde nos atopamos na entrada con Marinha mailo Artipractor (mil gracias e non sei cando nos perdimos a pista), Gustavo Harvey e sergio74. Entramos na NASA, onde nunca estivera antes e que me gustou moito e xa saudamos como poidemos á gran concentración de blogueiros que alí había: ghanito, fer, ifrit, Calidonia, ascárida, Modesto e zerovacas. Surtímonos das cervexas máis baratas que nunca vira e fomos meténdonos entre a xente (copio e pego palabras de AK77: nom entendo como a xente prefire estar apelotonada na metade da sala co bem que se estaba en primeira fila, ou na barra) para escoitar a Los Ruínes que, a min non me defraudaron e como dixo Marinha "que marcha teñen en Cerdido". Nun momento, non sei dicir cando tamén vimos a DJ Helena, a sabelaogrobe e a moita máis xente de Ferrol, misscorpse incluída.

Xa avanzaramos posicións daquela pero cando lles tocou o turno aos The Homens xa non estabamos en primeira fila se non en cuarta ou quinta pola cantidade de xente que se estaba achegando ao escenario. Alí foi cando vimos a xornalistinha por un lado e a Kate por outro. Antes de subir ao escenario Martiño xa dixera que "hoxe a estrela é Mourente" pero confirmamos que The Homens tamén levantaban expectación e as novas cancións que tocaron do seu próximo disco fixéronnos bailar a todos, rainha vermella e rapaza do arco incluídas. Nese intre acordámonos dos emigrados e mandamos cara as españas unha mensaxe tipo "Non sei se escoitaches pero era Sandra Dee dos Homens, que me acordei de ti, bicazos e non é por dar envexa é saudade de ti! bico!" ante o cal respostáronme como merecía.

E despois o noso benquerido Projecto Mourente, primeiro acompañado polos The Homens por iso de verse arroupado (digo eu) e despois el con Noelia que non deixou de bailar nin un so momento. Aquí xa non hai palabras e apareceron novos fans do Carlos, Brunhaven e Luís que transitaba adecuadamente na que polo visto era a súa primeira noite como dios manda despois de moito sufremento. Non hai palabras pero hai vídeos, coma os de Vincent Jalo, que tropecei con el e ben o vin. Despois de moitos temas, entre eles o mítico dos caranguejos, e de moito dar palmas e saltar saiu coma un campión a cantarnos o "Corpiño xeitoso". Xeitoso es ti, rapaz, que menudo concertazo que deches. Abofé que vai ser coma o dos Pistols en Manchester como ben dicían os rapaces da Asociación Xurásica.
Projecto Mourente-Como os caranguejos
Sei que había máis xente alí, como imos descubrindo co paso do tempo, entre eles AK77 presente nesta foto anque non sei cal será. W.Sobchak que sigue sendo un pendejo e non saúda, trivia, nimoi e xxxlurpia, non sei se foron, pero por Compostela adiante andaban.

Cando rematou todo nós fomos cara o Malas Pécoras onde atopamos con moita alegría ao Pastor eléctrico, a Mario e a case toda a xente que o sábado pasado estaba en Fene e non sei porque se lles dou a moitos por liscar pero eu fun detrás, cara a constante do Maycar mentres outro grupo se dirixía ao Tarasca. No Maycar atopamos a Mourente, xa máis relaxado e estivemos baila que te bailotea ata as tantas. Cando saímos eu tiven que marchar, non sen grande pesar, pero dame que xa quedaba moita xente a romper co que quedaba de noite no Ruta 66.
En definitiva, unha noitaza e noraboa a Mourente que observadores alleos a todo este tinglado que é o blogomillo confirmaron que os The Homens son bos e que a ver que era o que nos deran para estar tan eufóricos durante a actuación de Projecto Mourente. LK foi o que nos deron e moitas ganas de bailar.
Fotos de ghanito, todas toditas.