O paso dos anos fai que reconsideremos moita das nosas posturas, ideas, conviccións e fagamos xuízos morais das nosas propias accións. Nalgunhas persoas o tempo fai que se arrepintan das súas accións. Eso explicaría que dous mozos cun pasado salpicado pola implicación nun dos movementos máis activos do nacionalismo galego, pola presunta actuación nun acto de violencia terapéutica contra civís para reivindicar o dereito de libre determinación do pobo galego e demais pingas aceitosas nun traxe novo, quedasen esquecidas e conseguisen integrarse de novo nunha sociedade que de boas a primeiras os rexeitaría.
Estes dous mozos, Marcos e Daniel, despois dos sucesos do 21 de xuño do 2006 nunca máis quixeron saber nada sobre o que antes lles levaba a vida. Un estudiou Empresariais e o outro adicouse á Física e non se voltaron a ver, nin ganas que tiñan. Nunca Daniel soubo que Marcos chegou a ser o director dunha sucursal bancaria e que con 35 anos morreu a causa dun tiro na caluga. Os atracadores que pertencían ao GRAPO, ao que lle quedaba nada para desaparecer, levaran a cabo un atraco ao estilo de "Bandits", no último momento o Marcos púxose nervioso e un dos atracadores, tamén, co conseguinte falecemento do xoven. Marcos tampouco soubo que Daniel , militante dun partido de dereitas e profesor asociado no Departamento de Física da Materia Condensada, recriminara nunha das clases a un alumno que tiña tódalas trazas de ter moito amor propio. O que pasa a esas idades é que non se ten moi claro o que se fai nin por que, tamén pode ser que algún transtorno debido a algunha adicción propiciase que unha noite na alameda se cruzasen e que Daniel se transformase nun poema :
"Juan Antonio el de Montilla
rueda muerto la pendiente
su cuerpo lleno de lirios
y una granada en las sienes.
Ahora monta cruz de fuego,
carretera de la muerte."
**fragmento de Reyerta, Romancero Gitano, Federico García Lorca.
A dereita gobernou na Galiza moito tempo máis, ata que un grupo de xornalistas un día decidiron facer unha revisión dos atentados do 2006. Non se sabe como fai a xente desta profesión que sempre acaba sacando trapos suxos á luz: altos cargos do goberno, dirixentes municipais, caciques de medio pelo e mesmo algún que outro cargo dentro da Policía, Garda Civil e Exército, víronse implicados no que deron en chamar "Operación Troia". Infiltraran xente nos núcleos independentistas máis radicais para levar a cabo a súa propia
guerra preventiva a costa de
danos colaterais. O plan fora perfecto, conseguiran un acto terrorista, conseguiran demonizar todo o que sonase a nación e mesmo o himno galego esquecérase da forza bravía do "fogar de Breogán" e so pregaba nas bocas dos poucos que o entonaban "a redenzón da boa/nazón de Breogán". Conseguiran a través do sangue de víctimas inocentes acalar as voces dos que reclamaban atención para unha terra que seguía sendo caciquil e voltaran a facerse co poder. Pero os xornalistas son así, meten os narices en todo.
Roi recibiu a noticia a través dunha chamada de Xelís. Contoullo con tódolos detalles a Ulrich e a Sven. O recordo de Helena non sería mancillado nunca máis. Esa noite saiu das súas vísceras toda a impotencia, a dor, a tristeza, a humillación, a xenreira, o odio, a ausencia e todo canto sentemento acumulara neses anos. As bágoas ían arrastrando pola súa faciana os anos que non poidera disfrutar con ela. Ela, a quen tanto quería.
Aprópiome dunha canción para adicarlla a Roi e a Helena.
Mus e Nacho Vegas. La D´amor.
(resulta que castpost non funa, o savefile anda en venda e de novo a buscarse a vida noutro lado, desta en rapidshare...e de novo, download download)
Ayer vite na fonte tabes cantando
y hoy que pase per ella tabes llorando,
Díme por qué tras triste y descoloría
dime por qué sospires prenda quería.
Sospiro por amores que yo quería,
sospiro por amores que yo tenía.
Amores que tuvisti sigues teniendo,
ya sabes que te quixi y sigo queriendo.
¿Si tanto me quixisti y sigues queriendo,
por qué nun vas a veme cuando te espero?
Ya se que tienes otra que t'enamora,
bien se qu'a mí me dexes llorando sola.
La qu'a mí m'enamora tu bien lo sabes,
que yes tu prenda mía coles tos gracies.
Les gracies que yo tengo nun son dalguna,
por eso vivo sola como la lluna.
Pues si tu yes la lluna yo soy lluceru,
que te voy persiguiendo per todo'l cielu.
Ya se fue l'amor, ya se fue'l querer
al pie d'una fonte m'amaste y t'ame.
Espero que vos gustase e gracias por ler.