Resulta que as venas dos testículos recollen o sangue do pelxo pampiriforme. Cando as válvulas non son capaces de facer a súa función, as venas dilátanse e elónganse. Iso chámase varicocele. Polo xeral danse máis no lado esquerdo, que seica tamén é o máis grande.Ou non. Pero para medir tamaños, xa está o orquidómetro:
Non sei se se utiliza ou non nas consultas dos urólogos, pero seguro que mandan o equivalente que nos mandan a nós, ademais de preocuparse doutras cousas.
E todo isto enlaza cos calzóns porque andaban discutindo cal era mellor, o slip ou o boxer. Partindo da base que o mellor é o algodón (por iso de que a licra e outros tecidos provocan aumento de temperatura na zona, o cal repercute negativamente nos espermatozoides): uns rexeitaban o slip porque, como van máis apretadiños, tamén aumentaría a temperatura local e outros, rexeitaban o boxer porque viran por algún lado que, levándoos tan folgados, posibilitaba a aparición de varicocele. Isto último non se demostrou de ningún xeito, pero debe ser porque cando xa diagnostican o varicocele, recomendan usar slip para que a zona estea máis recollida e aliviada (igual que as medidas de compresión no caso de I.V.C.). Todos tranquilos que xa solucionaron o problema: tres modelos e total garantía.
Así, a ver se facemos entre todos que as orquídeas (do grego orchis, testículo) deixen de ser consideradas pola CITES como flora salvaxe ameazada. Fotos aquí e aquí. E de paso, devólvolle a Larvós a inspiración.
10 comentários:
Ah,tamén hai outra inspiración, que se me esquecía, esta ou tamén chamada"el rollo del follar".
mellor boxers
Velaí vai unha confesión persoal: Eu probei os slips e os boxers; de algodón e sintéticos; e ó final paseime a un termo medio, os de microfibra que fai Unno.
Eu penso que non hai nada como ir sen calsonsillos, "a bola suelta", a sensación de liberdade é total, e supoño que máis san.
Pola miña banda teño dicir que gusto de ámbolas posibilidades, sempre e cando sexan suficientemente folgados para permitir a maniobrabilidade da área (para que a parte deixe de quentarse, máis que algodón, teriamos que arrincarnos os ollos... chegado o verán as mozas facedes imposíbel que a temperatura da área se manteña por debaixo dos máximos recomendados).
Eu sempre me dacantei polos "taparrabos" de pel de leopardo. O malo é que a estética "Conan" non concorda cos baremos legais establecidos sobre estilismo... :(
muita teoría pero ao final a comodidade á a que manda...non rematei de entender o da enfermidade isa...
Que che saen varices nos eses, así resumindo mal. Síntome voyeur total ante as vosas declaracións...so me queda a dúbida de saber cal é o tour que corren.
Confesión rebuznante: a enfermidade esa doe de collóns. Por experiencia. Pero pégan un par de cortes e puntadas e todo volve ó seu.
PD: non sabía eu que teño unha case-veciña que bloguea.
A case-veciña quere saber, se é que falou algunha vez con ela, saberá que che é moi curiosa :)
Enviar um comentário