-Si?
-Mingos, son Helena, temos que falar. Podes quedar agora?
-Helena? Helena, pero ti sabes que horas son, rapaza? E como é que chamas? Pasou algo...non quedaramos en que me mandabas un correo para o mes? Pero ti como me chamas?
-A ver, pero podes quedar ou non? Que esto é serio.
-Mulleres, dende logo...si, ho, si. Ves ata a miña casa? Non, esquécete, a ver...-"na de Pepe" pensou ela- na de Pepe, váleche?
-Si, veña, xa vou indo. Non tardes.
- Non tardes ti que...-xa lle colgara e deixou a frase sen rematar- A ver que neura lle dou agora a esta.
Media hora despois estaban diante dun café irlandés, ela tremando dos nervios e el con cara de enfado.
-Tes que buscar maneira de sacarme disto, van facer estourar algo, aínda non sei o que pero estanse movendo moito. Dixéronme se quería participar, temos que ir á policía ou á garda civil ou a algún lado. Aceptei claro, a ver que lle ía dicir, non? Pero pode que sexa algo moi forte, non sei quen máis está nisto...teño que moverme máis e descubrilo, hai xente que se cega e ata lle parecerá boa idea. A serio, que a min case me estaba convencendo co seu discurso. Seguro que son poucos os que saben o plan enteiro, estoume asustando que estes teñen trazas de facer as cousas, de verdade...
-Seguro que non esaxeras? Que estes non son quen de tirar máis que catro petardos mal tirados, non cres que o estas levando a onde non é?
-O que me faltaba, ti cres que te levantaría da cama a estas horas por catro petardos? Hai que chamar a policía!
-Oes, estate tranquila, si? Que xa sabía eu que unha muller traería problemas.
Despois dunha hora discutindo o tema decidiron que ela seguiría facendo o seu papel, que el se encargaría de avisar á policia, garda civil ou o que fose non revelando as fontes e que ela pesquisase máis. El marchou da de Pepe e ela aínda quedou sentada un anaco máis rumiando as súas futuras accións a levar a cabo. Tiña que serenarse, ultimamente estivera implicándose moito no grupo e notábase que o fixera moi ben cando lle confiaban plans desa envergadura. Ía ser complicado finxir aínda máis. E pensou en Roi...moito tempo. Finalmente decidiu liscar do lugar e saiu como medosa para a rúa, non debera apresurarse tanto en chamar ao Mingos, fora un momento de non saber que facer e parecéralle a mellor opción pero agora non a consideraba tal.
Ao pouco de saír á rúa cruzouse con Marcos, mirouna aos ollos e sorriulle, ía case correndo e díxolle que ía apurado, que xa se verían mañá. A cidade quedou conxelada por un intre para ela, despois foi ela a que se conxelou camiño da casa. Tardou moito tempo en quedar durmida.
(Ben, está claro que a música non é o meu forte...xa paso de ambientar todo)
1 comentário:
Isto dá para unha curtametraxe...
Segue, segue...
Enviar um comentário