3/31/2007

Malas Pécoras, fenotipicamente falando

A min é que me gusta conducir e Compostela queda a poucos minutos musicais e despois de pensalo outra vez, dixen, teñen razón, teño que poñerme as pilas e alá fomos a cargalas ben cargadas.

A primeira parada foi nese grande evento que é a Xuventude Galiza Net, onde estaban Sak, Iarrowarro (a quen non vin) e Andrés Milleiro, un encanto de rapaz (dáme una U, dáme una P, dáme una...), a quen lle encargamos unha complicada misión: atopar entre todos eses millóns de ficheiros a primeira película porno galega, que non sabemos se é lenda urbana ou non. Mentres tanto, Sak facía das súas con idea de podcastear algo.

Quedei atontanda ante tamaña concentración de xente no lugar e a imaxe de tantas pantallas xuntas impactoume tremendamente porque o meu nivel de frikismo é algo escaso, de tódolos xeitos é para pensarse ir un ano destes a estas festas. Supoño que algo contarán tamén Modesto máis ghanito que hoxe ían andar por alí como mafiosos fedelladores que son.



E despois de estar alí un anaco baixamos a deixar a nosa pegada polas pedras desa cidade que tanto nos gusta coincidindo no camiño a Oko, tan simpática coma sempre pero que se lle vía nos olliños o cansancio. E ao final chegamos ao noso destino onde nos atopamos cos responsables de mmmmmúsicas!, ese meme glorioso que está unindo ao blogomillo mediante notas musicais, co equipo de sono-tone case ao completo, con gañadores de premios de narrativa e gañadoras de premios de ensaio, con poetas que ao final da noite se convirten en cantantes, co capitán dun navío oceánico, co amigo do capitán ao cal non vin na Playa onde debiamos coincidir, con un que quere ser enterrado na discoteca, cunha ausencia de vacas por mor de tanta pécora reunida, co dono dunha mítica camisola e arremecaghona!...houbo serendipias de novo.

Creo que non se me esquece ninguén e se así é, que me perdoen que desmemoriada son abondo e non sei que conxunción de planetas nin que designio do destino fixo que se xuntase tanto persoeiro no lugar, pero dou gracias á decisión arroutada de poñer o coche camiño da aldea máis grande do mundo porque de novo foi outra grande noite, dende o comezo ata o final. Bos momentos e mellores cancións, ou ao revés.

Pixies-Here comes your man


Coma sempre un tremendo abrazo, porque non hai cousa que mellor sente que compartir uns risos con todos vos. Grandes, que sodes grandes!

(nota: esto xa parece a revista de cotilleos, eventos y ociosidades varias do blogomillo)

3/28/2007

Eu tamén quero a Dylan

Bob Dylan-Blowin´In The Wind


Chiquito de la Highway 61 manda unha mensaxe nunha botella, que xa recolleu arume dos piñeiros. Fagamos que se expanda a mensaxe e a ver se logramos que traian a exposición Bob Dylan American´s Journey 1956-1966 ás nosas terras, ao MARCO de Vigo ou a calquera sitio da xeografía galega.

Vamos ho, que hai datas libres para poder traela (por non falar da proximidade das eleccións, que tamén interesa), a quen corresponda...que vaia tomando nota.

Avante blogomillor, a espallar esta boa iniciativa. Conseguirémolo? The answer my friend, is blowing in the wind...si es que Dylan, es mucho Dylan.

3/27/2007

mmmmmmúsicas!

Pois de parte de Gustavo Harvey recibo unha proposta: videoclips para foder, idea xestada nas súas conversas con maria de mallou. Despois de ver as súas escollas, case as copiaría unha por unha pero imos facer un esforzo.

Antes de nada, dicir que estaba tentando lembrar algún momento deses de facer o amor asociado a algunha música en concreto e éme imposible, debe ser pola concentración que non me acordo de melodía ningunha. Procedemos pois a xuntar momentos de ocio e diversión:

1. Marvin Gaye-Let´s get it on



Máis ca nada porque é unha proposta en toda regla e moi sincera. Ademais que che digan que te queren, anque sexa mentira, con esa tremenda voz e eses ritmos tan pausados e sensuais, esperta unhas bonitas cóxegas no baixo ventre, paso previo a todo o que pode vir despois.

2. Millie Small-My boy lollipop

E claro, unha vez que tes cóxegas e ganas de xogar...you´re sweet as candy. O tema de facer o amor tamén o hai que tomar con esa inocencia picarona, con ganas de pasalo ben e cun sorriso na cara.

3. Benny Benassi-Who´s your Daddy?

Unha que é algo macarra. Lémbrame noites tolas de cando tiña menos anos, e a algunhas igual de tolas xa máis medrada. As discotecas déixanche a pel empapada de suor, tes unha aliada na escuridade, o ritmo da música guía os teus movementos, embébeste da xente e xa todo che da igual...

4. Nine Inch Nails-Closer

Ás veces sáelle a unha a parte rallante e escura, esa parte que te mira fixamente aos ollos e que parece que se vai arrastrando cara ti coma a melodía da canción ata posuírte por enteiro. Creo que é delirio apaixoante e sinceridade o que expresa a canción.

5. Janis Joplin-Piece of my heart

Non por ser especialmente sexy esta canción, se non porque me pon eufórica esta muller, gústanme os berridos e o come on vai e vai e vai e sube e sube e...


Pois ata aquí a miña lista, que non será moi ERDF, pero é o que hai. A ver que se lles ocorre a...aí van os nominados:

-SugarKane por Vidas Verticais
-Ghanito por Apocalipse do Porco
-Zerovacas por Zerovacas
-Elianinha por Elianinha
-Oko por Dor na retina


Pensamento e posterior edición: foder con música, desacompasa.

3/25/2007

Un pouco de todo

Fun a Vilagarcía, deille recordos ás corredoiras, tiven de banda sonora a Remolca Madriña, a Niño y Pistola e a Colectivo Oruga.



Comín eu soa, un pouquiño menos gracias ao móbil que ás veces me fai sentir preto da xente que máis aprecio.



Vin monte queimado.



E ao chegar a casa vinme reflexada nun texto ao que lle quitaría un E do nome, mudaría o apelido, de boa gana diría con coñecemento de causa que me gusta Estocolmo, eliminaría a pornografía e ao mellor as vodas das cousas que me disgustan, diría que a sexualidade non se pode definir e que nos últimos cinco anos non lle levo dando voltas a Descartes, pero que si levo facendo a mesma cousa.



Teño que ler Herba Moura e, querido diario, a sorte do amor é sentilo.

Noite de agasallos

Pois que iamos facer o venres máis que ir dar unha volta por aí? Despois de atopar pola tarde a dúas deportistazas saíndo do ximnasio e ver que o cúmulo de casualidades nunca remata de esgotarse, perdín algo o tempo limpando a casa e cando me quixen dar conta xa era hora de ir baixando. Non querendo baixar o coche vou e collo un taxi, que cada día van máis caros, coa COPE de banda sonora. O taxista informoume que teriamos que ir polo Paseo Marítimo porque había dúas manifestacións: a dos traballadores de Atento e a dos funcionarios do Concello, ante o cal falamos tamén da prevista para o día seguinte, esa que reza...na túa puta vida.

O home deixoume preto do punto de encontro e cando me dispoñía a baixar despois de deixarlle un billete enteiriño a cambio do servicio prestado e dicirlle que quedase co cambio, vai e dime: "Oe, desexo que pases un moi bo fin de semana". Si señor, así si que da gusto.

Pois eso, que alí estiven un anaco agardando ao segundo mosqueteiro e pensando en que tal lles estaría parecendo o concerto do Matt Elliot a outras dúas almas perdidas. E unha vez listos, alá nos fomos a ver a Niño y Pistola, concerto xenial e público entregado. Vamos, que se todo ía ben ao final foi mellor ao rematar o concerto coa chegada do terceiro mosqueteiro.

Kaiser Chiefs-Ruby


Como xa é habitual, dirixímonos ao 14, agora con fotolog. O bo de andar con esta xente é que ao final conversas e música sempre están relacionadas, va que si? Pois eso, que eu de informática nin flowers, pero que me gusta escoitalos.



A próxima parada foi o Polvorín e, ao pouco, uns cantos xa se dirixían cara o Puticlú e outros decidiamos retirarnos ante o pesadelo de ter que erguerse ao día seguinte para cumprir cos compromisos e obrigas consabidas. Antes de despedirnos completei o meu trío de agasallos da noite, desexei que este quinteto da morte non se desfixese nunca e, ante a ausencia de bágoas de emoción, unha refrescante choiva primaveral veu a bendecir o desexo e fixo que a despedida fose máis curta pero non por iso menos sentida e que cada un collese camiño cara onde lle pedía o corpo.

O meu foi o da retirada a tempo e que lle volvese a tomar o gusto a Fanny e Alexander.

Fanny e Alexander-Lene

3/23/2007

E agora que me puxen boa...

...you´ll see me surfing on the crest of the wave...como ben din os meus remolcadores favoritos.

Handiwork Shelving-Remolca Madriña

Enfermidade e creatividade

Estes días estiven enferma. Lembro outras dúas veces nas que estiven así de mal: hai nove anos onde me coidaron moi ben as compañeiras de piso e hai vinte que me coidou moi ben miña nai. Desa vez foi por culpa do sarampelo e mentres estaba metida na cama enchín un caderno vermello de contos e historias e daría un mundo por atopalo, porque me resultaría interesante saber que é o que escribín.

Estes días non fixen nada máis que sonar o nariz, toser coma unha bronquítica e durmir, durmir e durmir. Nos momentos en que espertaba algo febril e a pesar de que poida sonar raro, gustábame a sensación de estar enferma (sabendo que non era cousa grave) porque me sentía recollida en min mesma. Na enfermidade notas coma nunca o teu corpo, sínteste protexida polos demais, desenvolves unha capacidade de agradecemento infinita e a cabeza non deixa de rebulir porque xa non se ten que ocupar da rutina pautada de cada día e so desexa que o corpo se poña ben para poder facer todo aquelo que se lle ocurre.

Vin por aí un libro, de Philip Sandblom: "Enfermedad y creación: Como influye la enfermedad en la literatura, la pintura y la música." onde fala de enfermidades, malformacións conxénitas, consumo de drogas, desequilibrios mentais e no que investiga a autores como Sylvia Plath, Munch, Klee, Chopin, Hölderlin, Chéjov etc por citar uns poucos. O libro tamén está ilustrado con pinturas e debuxos de Picasso, Goya, Van Gogh... en definitiva, que Sandblom argumenta que ás veces e en certas circunstancias a enfermidade pode convertirse en fonte de inspiración e a dor, en arte.



E dixen eu, que é a creatividade? como chegamos a ser creativos? A creatividade ven sendo crear algo da nada. Como chegamos a iso non o sei pero algo que inflúe no creativos que podemos chegar a ser é o pensamento diverxente, un pensamento que non está necesariamente baixo un control consciente nin se rixe polas leis da lóxica, anque nel predominen as conexións lóxicas. É un pensamento rico en metáforas, atemporal, simbólico e que funciona máis no ámbito da fantasía que na realidade concreta (según Antonijevic e Mena, 1989) Ese é o pensamento creativo e vendo o traballo e as ideas de moita xente que anda neste blogomillo, unha non pode facer máis que abraiarse e desfrutar desas creacións. Eu tamén quero ser creativa, e como hai autores que pensan que esa habilidade se pode traballar, comezamos hoxe a poñernos as pilas e a esquecernos da enfermidade como soporte artístico que xa vamos curando. E hai que saír, claro!

3/21/2007

Sobre as euforias nocturnas



Os cúmulos de casualidades e serendipias encántame e ás veces ata che dan ideas. Hoxe seguimos con Rilke e con algo de Quevedo á honra do señor da foto (agardo non enganarme, que se non menuda metida de pata). Máis ca nada porque me gusta a noite e porque non hai idades dentro dela.

A ti, oscuridad de la que vengo,
te amo más que a la llama
que limita el mundo
y brilla sólo
para algún círculo
fuera del cual ningún ser sabe de ella.

Pero la oscuridad lo retiene todo:
formas y llamas, animales y a mí,
tal como los atrapa,
personas y poderes...

Y puede que una gran fuerza
cerca de mí se agite.

Creo en las noches.


Rilke "El libro de las horas"



A LA EDAD DE LAS MUJERES

De quince a veinte es niña; buena moza
de veinte a veinticinco, y por la cuenta
gentil mujer de veinticinco a treinta.
¡Dichoso aquel que en tal edad la goza!

De treinta a treinta y cinco no alboroza;
mas puédese comer con sal pimienta;
pero de treinta y cinco hasta cuarenta
anda en vísperas ya de una coroza.

A los cuarenta y cinco es bachillera,
ganguea, pide y juega del vocablo;
cumplidos los cincuenta, da en santera,

y a los cincuenta y cinco echa el retablo.
Niña, moza, mujer, vieja, hechicera,
bruja y santera, se la lleva el diablo.

Francisco de Quevedo

Sobre a poesía

Non son moi dada a recomendar libros nin falar deles anque si a regalalos, o cal non é o mesmo que facer bookcrossing. Tódalas letras que escribimos teñen un significado que so nos sabemos e que todos poden interpretar, máis aínda no caso da poesía.
Hai anos regalei O principiño a unha persoa moi querida por min (daquela, agora e sempre), que me correspondeu cun libriño que hoxe vou citar: Cartas a un joven poeta. Son as cartas que Rainer Maria Rilke lle escribiu a Franz Xaver Kapuss e que este publicou 20 anos despois da morte de Rilke.



Hoxe, por ser o día que é, deixo aquí un anaco, algo longo, desas cartas:

"(...)Pregunta usted si sus versos son buenos. Me lo pregunta a mí. Antes ha preguntado a otros. Los envía usted a revistas. Los compara con otros poemas, y se intranquiliza cuando ciertas redacciones rechazan sus intentos. Ahora bien (puesto que usted me ha permitido aconsejarle), le ruego que abandone todo eso. Mire usted hacia fuera, y eso, sobre todo, no debería hacerlo ahora. Nadie puede aconsejarle ni ayudarle, nadie. Hay sólo un único medio. Entre en usted. Examine ese fundamento que usted llama escribir; ponga a prueba si extiende sus raíces hasta el lugar más profundo de su corazón; reconozca si se moriría usted si se le privara de escribir. Esto, sobre todo: pregúntese en la hora más silenciosa de su noche: ¿debo escribir? Excave en sí mismo, en busca de una respuesta rofunda. Y si ésta hubiera de ser de asentimiento, si hubiera usted de enfrentarse a esta grave pregunta con un enérgico y sencillo debo, entonces construya su vida según esa necesidad: su vida, entrando hasta su hora más indiferente y pequeña, debe ser un signo y un testimonio de es impulso. Entonces, aproxímese a la naturaleza. Enconces, intente, como el primer hombre, decir lo que ve y lo que experimenta y ama y pierde. No escriba poesías de amor; apártese ante todo de esas formas qaue son demasiado corrientes y habituales: son las más difíciles, porque hace falta una gran fuerza madura para dar algo propio donde se establecen en la multitud tradiciones buenas y, en parte, brillantes. Por eso, sálvese de los temas generales y vuélvase a los que le ofrece su propia vida cotidiaa: describa sus melancolías y deseos, los pensamientos fugaces y la fe en alguna bellea; descríbalo todo con sinceridad interior, tranquila, humilde, y use, para expresarlo, las cosas de su ambiente, las imágenes de sus sueños y los objetos de su recuerdo. Si su vida cotidiana le parece pobre, no se queje de ella; quéjese de usted mismo, dígase que no es bastante poeta como para conjurar sus riquezas: pues para los creadores no hay pobreza ni lugar pobre e indiferente.



Y aunque estuviera usted en una cárcel cuyas paredes no dejaran llegar a sus sentidos ninguno de los rumores del mundo, ¿no seguiría teniendo siempre su infancia, esa riqueza preciosa, regia, el tesoro de los recuerdos? Vuelva ahí su atención. Intente hacer emerger las sumergidas ensaciones de ese ancho pasado; su personalidad se consolidará, su soledad se ensanchará y se hará una estancia en penumbra, en que se oye pasar de largo, a lo lejos, el estrépito de los demás. Y si de ese giro hacia dentro, de esa sumersión en el mundo propio, brotan versos, no se le ocurrirá a usted preguntar a nadie si son buenos versos. Tampoco hará intentos de interesar a las revistas por esos trabajos, pues verá en ellos su amada propiedad natural, un trozo y una voz de su vida. Una obra de arte es buena cuando brota de la necesidad. En esa índole de su origen está su juicio: no hay otro. Por eso, mi distinguido amigo, no sabría darle más consejo que éste: entrar en sí mismo y examinar las profundidades de que brota su vida: en ese manantial encontrará usted la respuesta a la pregunta de si debe crear. Tómela como suene, sin interpretaciones. Quizá se haga evidente que usted está llamado a ser artista. Entonces, acepte sobre sí ese destino, y sopórtelo, con su carga y su grandeza, sin preguntar por la recompensa que pudiera venir de fuera. Pues el creador debe ser un mundo para sí mismo, y encontrarlo todo en sí y en la naturaleza a que se ha adherido.



Pero quizá, después de ese descenso en sí y en su soledad, deba renunciar a llegar a ser poeta (basta, como he dicho, sentir, que se podría vivir sin escribir para no deber hacerlo en absoluto). Sin embargo, tampoco entonces habrá sido en vano este viraje que le pido. En cualquier caso, a partir de ahí, su vida encontrará caminos propios, y le deseo que sean buenos, ricos y amplios, mucho más de lo que puedo decir.(...)"

Deixa que todo che aconteza: a beleza e o espanto. Rainer Maria Rilke

3/20/2007

Aviso

Isto é o que che pode pasar se andas a mocear coa rapaza doutro.



Aparte diso, penso que ninguén é propiedade de ninguén a menos que queira selo (o amor é entregarse ao outro, xa sabedes). E mañá éche o Día Mundial da Poesía...

3/19/2007

Billarda: outro deporte é posíbel!


E tanto que é un deporte con posibilidades esto da billarda, eu xa me enganchei. Aínda non recuperada da noite do venres pero facendo caso ao que as camisetas de e-music nos inculcan e con medo a ver que era eso da billarda, achegueime o domingo pola mañá, invitada por Sak, ao lado da CUAC.fm alá na "Pateira" bautizada así por un dos integrantes da Liga Nacional de Billarda.

Celebrábase o II All Stars da Billarda e resultou todo un éxito: o equipo do Leste conta o do Oeste, laranxas contra azuis, e fixémolos sufrir: Sak, David, Aitor, Toño, Leti, Anxo, Calve máis eu, integrantes do equipo azul do Oeste podemos estar orgullosos do traballo realizado, que non sei como demos para tanto sendo tan principiantes como eramos, non todos, pero si a maioría.

No encontro coñecín a David, rapaz a mar de feito onde os haxa, e semifinalista do concurso de mates (que non de triples) de billarda, a ilustres mandriles das ondas coma Zimmer 103 e durante a comida tivo lugar o encontro con ese gran home que fai posible A Randeeira, e cando digo gran home quédome curta. Canto da de si o blogomillo, eh?

Despois de encher ben os bandullos e tomarlle o obrigado licor café de sobremesa dirixímonos ao Patachim onde voltamos a lembrar a noite do venres no 14 con Rubén que nos agardaba detrás da barra.



Eu dende aquí non poido facer máis que darlle a miña noraboa e as gracias á xente do Varal por todo o que andan a facer con eses campionatos a través da LNB (Liga Nacional de Billarda), polo ben que se pasa con eles, pola boa xente que son e porque si, porque me da a gana e porque me meteron as ganas do corpo de xogar máis a billarda, onde tamén hai un equipo feminino, as Fanecas Bravas que animan calquera celebración en menos de nada.

E a prepararse todo o mundo que eu trouxen para casa con que entrenar, e a ver se imos pensando en montar un equipo aquí na Coruña porque hai canteira, e eso, que esto vai en serio, así que a prepararse que xa sabedes onde conseguir todo o que fai falla para xogar, so falta poñer as ganas e eu teño moitas.



O dito, todo un placer e unha marabilla de día :) e agardo que toda esa xente chegara ben a casa guiada polo conductor da guagua.



E a quen botamos de menos desta vez foi ao Gustavo Harvey, non sei que excusa tería, pero tamén lle perdoamos a ausencia.

3/17/2007

Crónica dunha festa anunciada

A festa anunciada e moi esperada por moitos (polo menos por min) foi a de e-music e botando man da sabiduría popular: pasou o día, pasou a romería. Pero que ben pasou.

Os meus momentos previos á festa paseinos traballando, co cal paso ampliamente de comentar a divertida xornada laboral ata altas horas da noite que me da que non procede. O que si procedía, unha vez ceada e lista para baixar, era chamar e localizar a xente. Ghanito, Modesto, aluguer, ictios e ascárida estaban ceando a típica comida galega que chamaremos kebab e Gustavo Harvey, Sak e os rapaces do Colectivo Oruga estaban na pizzería Roma preto do lugar do evento.



E cando cheguei ao 14 xa estaba Breogán pinchando e todos felicitando a os rapaces do proxecto-ds polo deseño dos flyers e das camisetas de e-music, a mar de chulas. E así en menos de nada o local foise ateigando de xente: os habitantes do kebab chegaron acompañados de Calidonia (vámonos de viaxe, rapaz!), chegaron tamén maria de mallou máis Lucía Aldao que andaban de celebración, Vincent Jalo e compañía, lourixe e amigos, maceirax, xente de arredemo, xente de Radio Fusión, os amigos ferroláns de Gustavo Harvey, xente que non coñecía de nada e coñecidos doutras noites coruñesas que si acudiron á chamada e foron recibidos con moita alegría.



Tocaron e sonaron xenial os rapaces de Colectivo Oruga ao tempo que se facían as proxeccións, despois Breogán seguiu pinchando, Vincent Jalo (máis majo) repartiu as chapas da sono-tone, ascárida e ghanito fixeron de fográfos oficiais coas cámaras de Modesto e de maria e foi todo un bailar, falar e non parar todos xuntos e revoltos dun lado para outro.



Ao final uns tiraron cara o Soho, outros cara o Patachim, outros cara o Puticlú, que ten uns baños vermellos e divinos a máis non poder, sendo o punto de encontro a altas horas da noite o Playa a onde chegamos poucos e por episodios, que cada un anda ao seu ritmo. Eu fun dos primeiros episodios en chegar e despois de botar un anaco perdida en compañía na pista do Playa sen localizar ao resto da xente (véxase maria, Lucía, Sak e Gustavo Harvey)e cantando eso de "Let´s make love and listen to death from above", ao final o grupo reuniuse para seguir baila que te baila. Pecháronnos o Playa, ante o cal Sak dixo a verdade da noite, que nos estaban a botar de tódolos garitos e decidimos ir a pechar outro local mítico, Soweto, que señores e señoras ten relación con Joaquín Sabina e esa canción mítica de "nos dieron las mil". E a partir de aí uns marcharon e o resto fomos a Casa Mallou a botar unhas risas.

Onte foi a ocasión que máis utilicei o móbil en toda a miña vida, se non fixen mil chamadas non fixen ningunha: ao Gustavo Harvey, a Ghanito, a mariside, a Gustavo Harvey outra vez, aos Colectivo Oruga, a Modesto, a Sak, a Sak outra vez porque non os atopaba na pista...e Calidonia quedou sen chamar porque non lle sabía o número.

É dicir, pasei toda a noite perdida entre unha morea de amigos, compañeiros e xente coñecida e fíxoseme todo tan, tan, tan corto que andaba FRUSTRADIRMA(como me acaban de dicir que confirman as fotos). Hoxe cando espertei (eu quero ser rica e non traballar) so tiña moi bos recordos da noite e unha alegría inmensa no corpo ao decatarme da boa xente que sodes e de que noites así ten que haber máis. E á xente do 14, eso, que nos vemos!



Ah, por certo: non botastes de menos a SugarKane?? Pois eso, que me dou saúdos para todos (e foron dados) por non poder asistir. Pobriño, pensaredes. De pobriño nada, que estaba disfrutando das noites de centroeuropa e por esta perdoámosche a ausencia, pero que non se volva repetir!

Estou desexando ver as fotos, porque as que quitei co móbil foron da decoración do Puticlú. Ale, ata outra.

3/16/2007

Os veciños na rede teñen moito que contar

Estaba lendo este post de Juan Freire no seu blogue Nómada no que comeza falando das redes hiperlocais e remata ligando o blogue do barrio dos Rosales aquí na Coruña e curiosamente hoxe tamén fun dar ao blogue doutro barrio, o dos Mallos.

Este tipo de iniciativas están moi ben, son un medio máis de por en contacto á xente co que acontece no seu lugar de residencia alonxado xa das novas dos xornais e tamén un medio máis para o debate e como non, para a denuncia.

Todo isto lévame a pensar no que están denominando xornalismo 3.0 e na nova páxina mandati.wordpress.com creada a iniciativa de Zerovacas. A rede non deixa de ser un espacio onde todos temos voz e podemos ser escoitados. Xa non haberá ninguén que nos faga calar o que pensamos, poñer trabas para denunciar as deficiencias que atopamos arredor, evitar que critiquemos o que está mal feito, que louvemos o que nos parece un bo traballo e que manifestemos as nosas opinións sobre calquera tema que nos interese.

Din que o que non está en internet non existe, agora con estes proxectos a realidade será cada vez máis real porque é a xente a que se move, a que insta aos gobernantes a abrir os ollos e darse conta de para que serve o cargo que ocupan e que están ao servicio daqueles que os escolleron, co cal deberían facer ben o seu traballo igual que os demais o facemos.

Ogallá que toda Galiza contase con conexión a internet, porque a proximidade das eleccións e surxemento destas redes hiperlocais igual poderían facer espabilar aos políticos e facer que se deran conta de que o seu traballo é avaliado polos veciños e que tivesen máis en conta as suxerencias que lles dan e a problemática de cada sitio en concreto, para non rematar dicindo esa bonita frase que é "yo no sabía nada, me enteré por la prensa".

Creo que a partir de agora non van ter excusa.



E aquí as páxinas dos barrios da Coruña. A min, persoalmente, gústame máis o formato blogue dos Rosales, dos Mallos e de Matogrande. Conta con foros o Mesoiro e Someso e son moito menos participativas a do Ventorrillo e a do Ensanche.

Barrio dos Rosales
Barrio dos Mallos
Barrio de Matogrande
Barrio do Ventorrillo
Barrio do Ensanche
Barrio de Mesoiro
Barrio de Someso

Eu o máis parecido que tiña sobre Oroso era o blogue de Miguel Edreira Castro: Por Sigüeiro pasa lixeiro! e un post de Manuel Gago sobre os castros e con denuncia incluida, que non me extraña, que o do patrimonio da pena. Polo de agora conformareime co Metropolitano a falta dalgo máis xornal 3.0.

Curioseando por aí atopo Oroso nas contas de A Madriña Asociados Ltd., blogue que seguro que hei visitar máis a miúdo e tamén á súa Accionista nº 69. Por certo, onde poido escoitar a Remolca Madriña?? Mentres tanto vou ver que tal o Doctor Harapos.

3/14/2007

Seica hai unha festa



A festa de e-music, este venres 16 no pub 14, na rúa San Vicente de Paul,nº 13 e comeza a eso das 12 da noite.

E digo eu que se tanta xente fala dela, será que vai ser boa cousa, non?
Eu non penso perdela, Colectivo Oruga, breogán de dj, främe coas súas video proxeccións e toda a xente que vai acudir fan prometer un venres de infarto.

Que ben.

3/12/2007

Vanitas vanitates et omnia vanitas

Aproveitando esto que dixo X, e referíndome ao que escribiu a rapaza do arco maila rainha vermella vou e repítome ata a saciedade caendo no pecado da vanidade aproveitando as utilidades dun blog.


E asino como besbellinha porque o ñ non existe no mundo anglófono e porque meu irmán cando me enfado con el sempre me di "non te enfurruxes, pequena besbella" (e nessuca quería comezar de novo).

Os meus "que pasaría se" materialízanse no desexo de querer vivir tódalas miñas vidas posibles anque signifique andar bailando dun lado para outro, deixar atrás moitas cousas rematadas ou sen rematar e ter a certeza de que poido voltar a elas porque eu así o quero. Pódese tomar como non-constancia, inmadurez ou vai ti a saber que, tanto me ten.

Beliscos pequenos son iso, pequenas pegadas, bocadiños ou petiscos que diría outro, calquera cousa que se me ocurra sen transcendencia ningunha. E como xa contei, a canción é o que di o primeiro no amor son os bicos/ o segundo os beliscos pequenos/ o terceiro ben achegadiños/ e ó remate sonche os nenos



A fotografía é un silencio, un non digas nada, un non querer que se saiba, un segredo anque sexa a voces ou unha complicidade buscada.

Vanidade,todo é vanidade á fin. E orgullo e inseguridade e falta de recoñecemento e necesidade de que nos fagan caso. Non hai máis.

Bueno si, hai unha revista.

Certezas

Tes a certeza de que calquera cousa que fagan certas persoas, van estar ben feitas. É o caso del e aproveitando un post de W. Sobchak deixo unha mostra aquí.

Erika Svensson

3/11/2007

De azuis, de lagoas, de cormoráns e doutras historias

Pois como hoxe o ceo andaba así de azul celestial, quixemos ir ás lagoas de Cospeito a facer avistamentos de aves, pero non demos coas lagoas que nos perdemos por aí. E antes das lagoas e falando de azuis e avistamentos, lembro a furgoneta azul cerúleo de Expediente X, non sei se vos tamén, pero é algo que se me quedou grabado.
Ao final resulta que o azul cerúleo ou celeste ou cian, obtense de mesturar estanato de cobalto e magnesio. Qué de colores e non hai máis que mirar aquí.

Ao que ía, que ao final demos cunhas lagoas en Rábade e o que vimos foron garzas reais e cormoráns.

A min sorprendeume o dos cormoráns, pero polo visto é unha ave que é habitual aquí en Galicia, polo que vin nestes tres sitios, e de feito os de aquí veñen de Gran Bretaña e son unha especie protexida.

Estes da foto de arriba habitan na ría do Burgo e a fotografía forma parte dunha serie que amosa a cópula entre eles, xa se sabe que a primavera...

Todo iso lembroume a un xeito de pescar que teñen en China con estes animais, atanos polo pescozo e cando os cormoráns se mergullan a pescar os peixes non lle poden pasar pola gorxa embaixo e quedan os pescadores co botín. Aproveitando os recursos naturais, vamos.

E así foi o día de hoxe, que me veu moi ben para airearme. Para outra vez a ver se damos coas lagoas de Cospeito e se non, tanto ten, que ben que me gusta conducir e perderme por aí.

Detalle musical do día: "música para o coche" facíame pensar en Brian Wilson , hai pouco algúen me fixo pensar en Mastretta
.

3/09/2007

Carlos Casares

Súmome ao convite de Marcos Valcárcel para facerlle a nósa pequena homenaxe a Carlos Casares. Lembro a súa columna, que lía tódolos días tal como hoxe leo os blogues de todos (ou case) vós. O seu pasamento, hai hoxe 5 anos, non me deixou indiferente anque non o coñecese máis que polas súas verbas, que non é pouco. Non sei por que un día( hai case 10 anos) recortei do xornal dous dos seus artigos que aínda gardo nun cartafol cheo de anacos de xornais, revistas etc e que mellor momento para deixalos hoxe aquí, facéndolle a miña pequena homenaxe ao Carlos.

-Á MARXE-
A morte dun golfo
CARLOS CASARES
Acaba de morrer en Inglaterra un dos golfos máis grandes de Europa, o periodista Jeffrey Bernard, un auténtico crápula. A pesar de ser diabético, bebeu o que quixo: non menos dunha botella de vodka diaria. Foi un dos últimos actos da súa vida. Pouco antes de morrer, na cama, sen a perna que lle amputaran había uns anos, pediu unha copa e un pito. Faltoulle o tereiro lado do triángulo, que non é difícil de supoñer. Por esa parte, casou catro veces, pero como dicían os seus amigos, tivo moitas mulleres, incluídas as propias.
A súa célebre columna do semanario The Spectator fíxose famosa, en primeiro lugar, polas súas moitas virtudes: era un gran periodista. Non era menos coñecida, sen embargo, pola nota de redacción que aparecía frecuentemente cando non se publicaba. Dicía "Jeffrey Bernard está indisposto". É dicir, que estaba borracho.
Hai uns días aínda, lin unha das súas columnas. Contaba a historia dun rapaz novo e inexperto, fillo dun editor londinense, que bebeu tanto nunha festa dada polo seu pai que fixo unha desgracia polos pantalóns abaixo. Con disimulo, saíu á rúa e dirixiuse a uns almacéns para mercar uns pantalóns novos. A continuación colleu o tren de cercanías, meteuse no lavabo, quitou a prenda destragada e tirouna pola ventá. O malo foi que cando abriu a bolsa do comercio para cambiarse, atopou un xersei. Mañá contarei o resto.


-Á MARXE-
Final dunha historia
CARLOS CASARES
No artículo de onte, dedicado a reseñar a morte do periodista inglés Jeffrey Bernard, comentaba eu aquí unha das últimas columnas que escribiu, na que narraba a historia dun rapaz borracho. Como se recordará, o mozo, descontrolado pola bebida, acabou tendo unha desgracia nos pantalóns, polo cal foi rapidamente a un comercio a mercar outra prenda coa intención de cambiarse canto antes. En vez de volver á festa, pois o seu corpo despedía un escándalo, meteuse no tren, foi ó lavabo e dispúxose a resolver o problema.
Tal como explicaba eu ó final do artículo, o rapazote, despois de adecentarse, tirou os pantalóns suxos pola ventá e abriu a bolsa coa intención de coller os limpos, recén mercados. A sorpresa e o susto deberon ser tremendos cando o pobre infeliz se decatou de que en vez de pantalóns lle deran, por confusión , un xersei.
Aí remata a historia, tal como lla contaron a Jeffrey Bernard. O que sucede é que un ser tan divertido e maligno como este célebre periodista non podía contentarse cun final tan incerto, cortado precisamente no momento máis atractivo do disparate. Por eso se puxo a especular. Imaxinou entón que o rapaz resolveu a papeleta metendo as pernas polas mangas do xersei, unha decisión bastante lóxica. Menos fácil de adiviñar, segundo conta Jeffrey Bernard, é saber se o mozo colocou o pico do suéter para adiante ou para atrás.


Merecemos ser recordados tal e como fomos en vida, e Carlos Casares para min era un home alegre, sinxelo, que non se daba máis importancia e imposible de separar do seu Samuel. Un saúdo e un sorriso e gracias Marcos por esta oportunidade de voltar a recordalo.

3/07/2007

Gracias, muller

Mañá celébrase o Día da Muller Traballadora e moitas gracias a tódalas mulleres que antes loitaron para que hoxe en día eu me atope así de ben (non me sinto marxinada, nin infravalorada, nin son executiva) e ás que siguen loitando para que outras XX coma min o consigan.

E como algún día a igualdade será plena, como ten que ser, prefiro pensar en todas esas mulleres traballadoras contentas co seu traballo, cos seus dereitos recoñecidos e tratadas de iguais en tódolos ámbitos, disfrutando do seu tempo de ocio merecido como é debido.

Adicado pois a tódalas mulleres (e homes) que son e serán ociosas/os despois da xornada laboral do seu traballo digno e cos seus dereitos recoñecidos.

3/06/2007

Liberdades e opinións de pensamentos, obras e omisións

"...¿qué me molesta de Stallman? En pocas palabras, su intolerancia con los que no piensan como él.""Sin querer entrar en una guerra de licencias (yo prefiero la BSD, una licencia generosa de verdad), lo verdaderamente perverso de la GPL es que niega el derecho de los programadores a decidir qué es lo que puede hacerse con su código (aunque sea el código derivado del trabajo de otro)..."

De aquí, vía chuza!

"...El fiscal jefe del TSXG advierte a los políticos que cuando esa investigación se haga pública, "quien denuncie tramas incendiarias, deberá hacerlo con pruebas"."

"P. Los investigadores de los incendios dicen que si hubiese tramas organizadas sería más fácil perseguir a los pirómanos.
R. Lo que nos transmiten los cuerpos de seguridad es que en el caso de que hubiese tramas organizadas, podrían desmontarse, porque en determinados momentos se harían visibles, a través de sus medios de actuación o de las comunicaciones entre sus miembros. La policía estaría en condiciones -como lo hace en otros delitos en los que sí operan mafias- de descubrirlas. Si existiesen, estaríamos en condiciones de descubrirlas."

De aquí, vía chuza!

"De todo lo que se ha dicho sobre la esperanza-decepción del plan Barrerras para devolverle la vida al astillero de Fene, me quedo con una desoladora imagen que circula en Internet y que puede que hayan visto: la desbandada de diputados en el Congreso cuando el representante del BNG se dirige al púlpito a hablar de la situación de Navantia y de la propuesta de privatización que ha sido respaldada por unanimidad en el Parlamento gallego. Cuando Francisco Rodríguez intenta hablar, no puede por el ruido que hacen sus señorías al levantarse de sus asientos, no por rabieta o protesta como otras veces, sino para pedir fuego, comentar el Betis-Sevilla o la última diatriba radiofónica sobre el 11-M. Pocos de ellos se quedan a demostrar algún interés por el futuro de la comarca de Ferrol, y entre los que se van podemos contar a varios diputados gallegos del PP y del PSOE."

De aquí, vía chuza!



So penso que cada un é moi libre para dicir e facer o que lle peta, pero non hai que ser intransixentes, nin botar a boca a pacer e ser consecuente co que se fai e co que se di. Máis nada, espero que sexa a primeira e última vez que me meto en asuntos destes dos que nada entendo.

3/04/2007

Yo quiero ser moderna y gafapasta, que es guay

Estaba lendo o tremendo post de el duende sobre A constante do Maycar e como non tiña que facer volvín mirar a ligazón que deixaba API de viruete sobre o gafapastismo. Teño que dicir que seguía sen ter moito que facer e pareime a ler os comentarios sobre o tema e descubrín un xeito de convertirme en guay, como di a canción, ser cool ou megatrendy e facer que estou superpuesta en todo. Mentres o moderno de merda non nos da clases, apañémonos con esto para ser gafapastas de proveito:

Coolness


Ser é do ano 2005, pero penso que as leccións valen para os días de hoxe igual. E para festivais a discusión está na casa de Zerovacas, que se FIB, Summercase, Primavera etc etc :P. Encantoume a canción coa que remata esta curta: Modern Talking de L-Kan, que van sacar novo disco no 2007 (que puesta, oyes). E como me gustaron, aí quedan outros minutos musicais:

L-Kan-Aburrida de estar salida



De tódolos xeitos quédome co... soy tan moderno, me he comprado un traje de rododendro...yo no salgo nunca, la noche me parece de gente chunga...yo soy el más gay, menos cuando se acerca el bombón de Inés, pues yo soy bisexual, que es lo más de lo más fashion y total, pues hazte gayetera...this is a Modern Talking yeah!!! Non me poido resistir.

L-Klan-Modern Talking

3/03/2007

Outra noite máis

"Hola, somos Triángulo de Amor Bizarro y ya sabéis donde os podéis meter el dedo"

E menos mal que racharon coa lista de invitados e puidemos entrar ao concerto o Sak máis eu, porque se esgotaran as entradas. Alí reunímonos con estes dous elementos que estaban chorando cual plañideras a nosa ausencia e con Zerovacas e compañía, tivemos ocasión de asistir a un desmaio e desexamos que alguén se decatase de que existe algo que se chama aire acondicionado e que todo local debería ter, sobre todo en días nos que está ata arriba, porque se non a xente cae fulminada.


Supoño que alguén fará a crónica do concerto para Sono-Tone e mentres agardamos por ela, deixo aquí a miña valoración da noite.

O concerto: ben. As reivindicacións dos baños: ben. Zerovacas marchando: mal. SugarKane e Isa de TAB: ben. Gustavo Harvey metanonseique con pintopintogolgorito: ben. Sak marchando: mal. O 14: requeteben. O ron que se confunde con guisque: mal. O Telefunken case baleiro: mal. O Desquite nas mesmas condicións: pode valer. O Playa e toda a tropa: moi ben. Momento Melalcoholic: moi mal. Hamburguesas no Delicias: ben. Momento "que tristes son las despedidas pero xa é de día": ben. Traballar os sábados: fatal.



Volvín para casa con cousas que non son miñas pero xa terei ocasión de devolvelas outra noite destas. E hoxe estou que non poido co corpo (estades no meu pensamento, moucho branco e taranganho vermelho) e voume poñer en modo sofá gardando nas retinas A Princesa Prometida e coa cabeza posta na lúa eclipsada no seu saber facer.


A ensoñarse de novo (como desexes).

3/02/2007

Bizarradas varias



Ghuapa, eh? Pos é Jessica Drake a gañadora do premio a mellor actriz dos outros Oscars (non os Razzies que ese levouno este ano Sharon Stone), os da AVN. E o filme que non hai deixar que ver, segundo se ve nos premios da AVN , é "Manhunters" que levou o premio á mellor película. Nela sae esta moza e tamén o mellor actor, ademaislevou o premio á mellor escena de sexo anal, ao mellor guión e á mellor actriz de reparto. Todo un peliculón (que alguén se molestou en subir á rede e todo) .



Dicir, como curiosidade, que entre as categorías que teñen están a Mellor Comedia de Sexo e a Mellor Música que gañou este tema de Eddie Van Halen e Loren Alexander: "Catherine" (aquí Van Halen no youtube coa súa versión guitarreira). A película onde sae o tema, por se alguén lle interesa, é "Sacred Sin".

E agora pasamos ao tema das bizarradas con Fashionistas Safado: The Challenge que tamén levou algún premio(too much para o meu body).



E xuntando todo isto e sen vir moito a conto e porque me da a gana, o que sae é Triángulo de Amor Bizarro, que van dar esta noite un concerto na Mardi Gras. Será todo moi light en comparanza con todo o anterior, pero non por iso menos interesante. E vémonos alá, va que si?