Bob Dylan-Blowin´In The Wind
Chiquito de la Highway 61 manda unha mensaxe nunha botella, que xa recolleu arume dos piñeiros. Fagamos que se expanda a mensaxe e a ver se logramos que traian a exposición Bob Dylan American´s Journey 1956-1966 ás nosas terras, ao MARCO de Vigo ou a calquera sitio da xeografía galega.
Vamos ho, que hai datas libres para poder traela (por non falar da proximidade das eleccións, que tamén interesa), a quen corresponda...que vaia tomando nota.
Avante blogomillor, a espallar esta boa iniciativa. Conseguirémolo? The answer my friend, is blowing in the wind...si es que Dylan, es mucho Dylan.
22 comentários:
Gracias, gracias. Que ruleeeeeeeeeeeeeee!
A Madriña é fan incondicional de Dylan.
A Coruña, Porto, Leon e Santiago de Compostela, xa van 4 concertos e agora a expo no MARCO.
Apoio total.
¿ A quen hai que presionar ?
PD. Moveremos os nosos fíos no MARCO e faremoslle unha proposta que non poderán rexeitar.
Informaremos.
A Madriña, a por eles! Traba e non soltes!
Por dylan o que sexa. Eu tamén son un F.O.B. (friend of bob)
Sorry, nos olvidamos de recomendaros...
http://remolca.blogspot.com/2007/02/bob-palindrome-song.html
Genial Al Weird Yankovic ! y su Palindrome song !! obligada referencia a un Bob Revisited
Pois aínda que non é o meu estilo favorito, gosto bastante de Dylan, hehehe... A ver se hai sorte e ven a exposición :D.
Bicos!
Xenial a canción palindrómica e A Madriña...benditos sexades, movede fíos que seguro que sodes capaces diso e moito máis :)
de la highway 61, imaxinas que teñamos exposición? :D
Zerovacas e David, xa estades firmando na recollida de firmas.
Pois eso, que a min íame gustar eh? e tremenda idea a de la highway :), es un crack!
Pois a mim viria-me bem essa exposiçom porque eu de Dylan pouco sei, na verdade... :(
Que porrada de miles de euros ven costando isto?... eu o pagaba do meu peto sen problemas, eh?, o que pasa é que non son así moi de Dylan, :P
Moucho: comeza por Subterranean Homesick blues. Non é heavymetal, pero é heavy. Hai video en you tube e en www.bobdylan.com
Eu apoio a proposta, agora falta buscar algún método de presión. Que tal xuntarnos todos diante de San Caetano e cantar o It's Alright Ma, (I'm Only Bleeding)? Touriño terá que ceder.
Ei Mario, pon data e a ir collendo alento.
Por suposto de la highway en primeira liña, o moucho en segunda coa guitarra, arume dos piñeiros encargaríase de buscar os altofalantes para que se escoitase,ti cunha botella de osíxeno por se de la highway afoga e eu recupero a miña armónica. Prosciutto realizará a grabación do evento para despois colgar no youtube con bases electrónicas :)
Gústame o plan, para cando dicíades que era?
The Band rediviva en Saint Kaetan. Little Bull, aprepárate. Vai soltando.
¡Acojoneiting! ¿Podo entrar na performancia esa? ¡Levo naris de pallaso vermello e jrande coma unha mazá, isto é disposto a todo!
AAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAAhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhhh! Estou a punto de correrme (segunda vez nesta semana, o blogomillo está que se sae). Imos todos aló. Mecagoentodo se desta non traemos a Expositio Totius Dylani.
Im presionante canción palindrómica. Só falta o lema do primeiro presidente Roosvelt: A man, a plan, a canal: Panama.
onde hai que firmar que firmo CON SANGUE se fai falha!!! por dylan...
Aquí hai traballo para todos, R.R. a facer as pancartas, de la highway: bábate, que en público son fluidos máis aceptables, bouzafría invéntate un lema para a ocasión e txari...ti vas ser o noso mártir pola causa.
Esto ten que ir adiante, pero xa!
Oe, Oe, Oe, Oe.......
Esto xa está tardando en saír nalgún xornal...
Informamos:
os nosos contactos interviron directamente co director do MARCO en Vigo, e... a cara de susto do home ainda lle debe durar.
As palabras exactas da resposta no as coñecemos porque non estabamos diante, pero polo exposto polo noso contacto foi algo asim :
- Dylan no MARCO ???!!!!!
- 90.000 $ ?????!!!!!
Resumindo :que nin encaixa, nin hai ganas, nin cuartos...
E dos movementos através da Blogosfera e do Blogomillo nin os coñecían, nin parecen importarlles moito.
Polo tanto, Dylan-expo en Vigo e no MARCO...Definitivamente non.
PD. Compañeiros, Imos a polo CGAC
Confíamos na Madriña coma se fose a nosa nai querida, agardamos novas impacientemente...a ver se no CGAC non poñen tal cara de susto e atenden un pouco ás propostas da xente que ás veces son ben máis interesantes que as que fan eles, sen desmerecer, por suposto.
A Madriña, all of us bless you.
Enviar um comentário