3/27/2007

mmmmmmúsicas!

Pois de parte de Gustavo Harvey recibo unha proposta: videoclips para foder, idea xestada nas súas conversas con maria de mallou. Despois de ver as súas escollas, case as copiaría unha por unha pero imos facer un esforzo.

Antes de nada, dicir que estaba tentando lembrar algún momento deses de facer o amor asociado a algunha música en concreto e éme imposible, debe ser pola concentración que non me acordo de melodía ningunha. Procedemos pois a xuntar momentos de ocio e diversión:

1. Marvin Gaye-Let´s get it on



Máis ca nada porque é unha proposta en toda regla e moi sincera. Ademais que che digan que te queren, anque sexa mentira, con esa tremenda voz e eses ritmos tan pausados e sensuais, esperta unhas bonitas cóxegas no baixo ventre, paso previo a todo o que pode vir despois.

2. Millie Small-My boy lollipop

E claro, unha vez que tes cóxegas e ganas de xogar...you´re sweet as candy. O tema de facer o amor tamén o hai que tomar con esa inocencia picarona, con ganas de pasalo ben e cun sorriso na cara.

3. Benny Benassi-Who´s your Daddy?

Unha que é algo macarra. Lémbrame noites tolas de cando tiña menos anos, e a algunhas igual de tolas xa máis medrada. As discotecas déixanche a pel empapada de suor, tes unha aliada na escuridade, o ritmo da música guía os teus movementos, embébeste da xente e xa todo che da igual...

4. Nine Inch Nails-Closer

Ás veces sáelle a unha a parte rallante e escura, esa parte que te mira fixamente aos ollos e que parece que se vai arrastrando cara ti coma a melodía da canción ata posuírte por enteiro. Creo que é delirio apaixoante e sinceridade o que expresa a canción.

5. Janis Joplin-Piece of my heart

Non por ser especialmente sexy esta canción, se non porque me pon eufórica esta muller, gústanme os berridos e o come on vai e vai e vai e sube e sube e...


Pois ata aquí a miña lista, que non será moi ERDF, pero é o que hai. A ver que se lles ocorre a...aí van os nominados:

-SugarKane por Vidas Verticais
-Ghanito por Apocalipse do Porco
-Zerovacas por Zerovacas
-Elianinha por Elianinha
-Oko por Dor na retina


Pensamento e posterior edición: foder con música, desacompasa.

19 comentários:

A pirámide disse...
Este comentário foi removido pelo autor.
A pirámide disse...

Desculpa o atrevemento pero podes considerar isto como fóra de concurso? Non podía evitalo.

http://www.youtube.com/watch?v=EdoNqFiILX4

Desculpas de novo

O Breogán de Gáidil disse...

Nine Inch Nails, si señora!
Closer é un temazo, pero foi co último disco (With Teeth) co que estou viciando a Jan de Delft a ese pedazo de xenio que é Trent Reznor.

Un saúdo.

Anónimo disse...

Besbe, deberías ter avisado de que o video de Benny Benassi era de dous rombos! a minha inocente mente ainda esta alterada...
Gosto muito das escolhas de Janis Joplin e Marvin Gaye

moucho branco disse...

... e que é iso de foder?, :P

besbe disse...

Antes de nada, esquecíaseme unha grande canción, Girl, you´ll be a woman soon, que para quen non lle guste o lollipop pode mudala por esa.

Pirámide, tremenda canción si señor, aceptada e non tiñas nin que preguntar :)

NIN mola o breogán, saúdos a Jan :) e a ver que facedes con ese vicio

W. Sobchak, a túa inocente mente debe estar alterada polo vento liverpuliano, anque o Benassi algo tamén a altera. Gústanme as túas escollas, sobre todo Lester Young e a banda sonora de Amelie, que facendo enquisas por aí hai máis de unha que taména escolleu.

E lo os mouchos non fan desas cousas? :D

Guarrerías varias para todos.

Anónimo disse...

A Madriña conection,
Non quere ser impertinente, pero + casualidades . "let´s get it on" tiñamola nos en carteira para publicar !!!!! ( e a mesma versión ???). Imos a por " Piece of my heart". Outra obra perfecta.
PD. Algun dia atreverémonos coas dúas no stage.

A Raíña Vermella disse...

Vale repetirse? Porque eu xa fixen a miña selección e coincido nalgún grupo, se ben non na canción. Mola a escolla:)

Zerovacas disse...

Que presión, chega un a casa despois dun duro día de traballo, e se atopa con peticións así.
A ver, é unha pregunta complexa, porque cada día é distinto, e cancións que un día me poden resultar moi suxerentes, outros días pódenme parecer totalmente inconvenientes.

Pero para que vexas que tomei en serio o "encárrego", aí che van unhas cantas. Se teño que elixir, quedo con dúas Gloria (a de P.Smith) e calquera de The Cure, por exemplo Close to me
http://www.youtube.com/watch?v=7mIsN2JHPds
http://www.youtube.com/watch?v=eW18Su38dvA

Pero tamén pensei en Temptation
http://www.youtube.com/watch?v=w67oYqn88-w

Ou Maps
http://www.youtube.com/watch?v=K8z2AmZL-_Y

Ou algunha de Leonard Cohen
http://www.youtube.com/watch?v=7pA5UhNaYw0

besbe disse...

Música de A Madriña pal tema, por dios, si, estou desexando!!!

Rainha Vermella, Marvin fai estragos está claro, e chega un punto en que é complicado non repetirse, eu escollín a NIN e xa maria o puxera :)

Zerovacas, quero, quero, non sei que quero... tremendas Gloria e Close to me. A de Temptation eu mudaríaa polo Temptation de Colectivo Oruga que estes días pensei que teñen que facer un video da canción xa, porque tiña posibilidades.
De Yeah, Yeah, Yeahs! tiña eu outra por aí, pero non rematou de convencerme http://www.youtube.com/watch?v=f8cw-bFpqyM
E Leonard Cohen rematou de namorarme. Moi boa, si señor.

Anónimo disse...

International Lover de Prince. Sen dúbida.

Mario disse...

Estasme dicindo que "my girl lollypop" dos bad manners era unha versión desta?. alucino.

besbe disse...

Prince ten moi boas cancións para o tema arume dos piñeiros, case se podía facer unha escolla de cinco con cancións del.

Mario, cousas veredes ahahaha anque o cantante dos bad manners é un pouco máis animado que a neniña esta, e insisto, case prefiro a de you´ll be a woman soon.

Saúdos aos dous :)

A rapaza do arco disse...

Vaia, eu tamén teño asociado a NIN a estas cousas, sobre todo a canción "Somewhat damage".
Moi interesante a escolla :)

besbe disse...

NIN, Marvin, Massive Attack...ando vendo algúns grupos que se repiten, é interesante :D

Anónimo disse...

http://www.youtube.com/watch?v=Q7cZJxE6nlo&mode=related&search=
Leonard Cohen, Suzanne.
Para inmediatamente despois, con pitu ou non, que para todos momentos hay music.

neno disse...

o do vídeo do Temptation está de camiño...temos unha artistaza a traballar nel.
Non sei se tirará pola liña que aquí se trata pero que sí sabemos que á rapaza lle sobra calidade.
Unha aperta.
neno.oruga

besbe disse...

neno congoxa, se é ela, sóbralle calidade e seguro que tire por onde tire ha de estar ben :)

besbe disse...

Tiven que ir buscar a letra porque me emocionou a canción e a historia. Eu case que pasaría de botar fume pola boca e bueno, emocionadísima que quedei, preciosa, non podía ser mellor escolla para os momentos de despois.

Danke mile arume dos piñeiros.