3/12/2007

Vanitas vanitates et omnia vanitas

Aproveitando esto que dixo X, e referíndome ao que escribiu a rapaza do arco maila rainha vermella vou e repítome ata a saciedade caendo no pecado da vanidade aproveitando as utilidades dun blog.


E asino como besbellinha porque o ñ non existe no mundo anglófono e porque meu irmán cando me enfado con el sempre me di "non te enfurruxes, pequena besbella" (e nessuca quería comezar de novo).

Os meus "que pasaría se" materialízanse no desexo de querer vivir tódalas miñas vidas posibles anque signifique andar bailando dun lado para outro, deixar atrás moitas cousas rematadas ou sen rematar e ter a certeza de que poido voltar a elas porque eu así o quero. Pódese tomar como non-constancia, inmadurez ou vai ti a saber que, tanto me ten.

Beliscos pequenos son iso, pequenas pegadas, bocadiños ou petiscos que diría outro, calquera cousa que se me ocurra sen transcendencia ningunha. E como xa contei, a canción é o que di o primeiro no amor son os bicos/ o segundo os beliscos pequenos/ o terceiro ben achegadiños/ e ó remate sonche os nenos



A fotografía é un silencio, un non digas nada, un non querer que se saiba, un segredo anque sexa a voces ou unha complicidade buscada.

Vanidade,todo é vanidade á fin. E orgullo e inseguridade e falta de recoñecemento e necesidade de que nos fagan caso. Non hai máis.

Bueno si, hai unha revista.

15 comentários:

Zerovacas disse...

Non é o mesmo a "Vanity Fair" que a "fair vanity". O outro día falaba con Oko dos "efectos psicosociais" dos blogs, un tema sobre o que estou escribindo un traballiño. A ver se o remato esta tarde

A Raíña Vermella disse...

Dende logo isto si que é un exercicio de autoanálise. O de pequena Besbella era pola mítica "Kung-Fu"? En calquera caso moitas grazas pola (dobre) resposta:)

Mario disse...

Cantas curiosidades satisfeitas de golpe!!!

besbe disse...

Sona interesante eso dos "efectos psicosociais" Zerovacas, xa nos ilustrarás sobre o tema :)

Gracias a ti rainha vermella, que ao igual ca mario, tamén fico coa miña curiosidade satisfeita.

Mario, ti si que nos das ese cabo do que tirar para acceder a outra dimensión, e Gorée, que é Gorée? Satisfarei a curiosidade algún día?
Agardo que si.

Prosciutto Mourente disse...

A vaidade também fai andar o mundo: grandes logros da humanidade fôrom feitos assi, por vaidade.

mariademallou disse...

amen mourente.
;)
(nós fasémosche caso, ghuapa.

O Breogán de Gáidil disse...

Toda a razón niso, Mourente. Supoño que as ganas de impresionar ao/s outro/s é un bo motor do mundo ás veces.

PS: unha pregunta Besbellinha, se non é indiscreción: a da foto é Keira Knightley?

A pirámide disse...

Como diría un psicoanalista arxentino:
Comenzaste bárbaro. Ahora, habláme más de vos.
E a da foto é igual si é Keira Knightley. Para nós será sempre a besbellinha.

Anónimo disse...

Pero estades dicindo que non é Besbelliña? A da foto, digo.

besbe disse...

Esquecíaseme dicirlle á rainha vermella que non sei se meu irmán me chama pequena besbella polo de Kung Fu, o certo é que no coche levo unha frauta e pode ser arma arroxadiza.

Prosciutto Mourente tamén tes razón e maría non sabes o que me acabas de animar, sodes uns soles os dous.

O Breogán, nin eu mesma sei de quen son os beizos eses, atopeino hai moitos anos nun blogue brasileiro e gustoume moito a foto e cando abrín este decidín sacala a flote, o blogue desapareceu e a incógnita segue aí, Keira no ten ese nariz e eu pensaba que era a Laetitia Casta pero tampouco estou moi segura.

A pirámide, tenés un diván que os lo voy a relatar todo. Agradecida.

de la highway 61, a ti que che parece? pois o que che pareza é o que vale. Bicos!!

Anónimo disse...

Vale. Pois vaime parecer que si, que eres tí. Podo soñar contigo? Prometo ser bo e non defraudarte.

besbe disse...

bueno vale, pero coidado con Freddy Krueger :)

moucho branco disse...

Seguimos traballando niso do hipertexto, hehehe... interesante explicación dos porqués das identidades blogueiras... ao final vou ter que explicar racionalmente porqué moucho branco, co pouco que se me dá iso de razoar, :P

TXARI disse...

uffff, postas a soltar, desleimos a incógnita de boas maneira...os beizos som preciosos, por certo pero o que escreves, isso si que é o que nos fai voltar!!!! pola vanidade, tamén.....

besbe disse...

txari :) agradecidísima e moucho branco a ver como nos sorprendes cos teus razoamentos.