O 7 do 7 do 7, que se día do orgullo lgbt en Compostela, que se a festa do planeta contra o aquecemento global, que se o día do paraugas negro que descubriu dorfun e xa que estabamos, tamén a quedada da blogocousa, como lle chamou Elianinha á proposta de Calidonia.
A Quintana a verdade non estaba moi chea cando Lucía Aldao comezou a presentación (que ben o fixeches) que nos contou que este ano o día ía adicado aos bisexuais, falou de canto mal ten feito El diario de Patricia e nos prexuizos que a día de hoxe siguen existindo cando se fala de homosexualidade.
Tocaron The Homens e pouco a pouco fomos atopándonos todos e enchendo as pedras da praza. Así cando Projecto Mourente comezou a tocar xa estabamos por alí reunidos un bo grupiño, máis revoltos pola Quintana adiante ca xuntos: marinha de allegue, nemeth, gustavo harvey, serxo 74 e brother, a raiña vermella, a rapaza do arco, Mario, elianinha and friends, zerovacas e compañía...
Mentres tocaba Mourente e facía aparición un látigo no escenario, sorprendémonos cando ocuparon a primeira fila as fans máis novas: un grupiño de rapazas dándolo todo e sendo máis fans que os fans. As novas xeracións veñen pisando forte. Andaban por alí integrantes de proxecto-ds, Anxo e o Juanma lunaticboy.
Nun de tantos paseos pola Quintana, luis transitando mellor ca nunca, brunhaven, misscorpse e o regueifeiro polo medio da xente. Canta aglomeración! Aglomeración e consignas: se na manifestación de pola tarde se berraba "Detrás das persianas, hai moitas lesbianas. Nos balcóns, tamén hai maricóns", nun momento do concerto, Mourente tivo que oír o de "Non oposites, fai electropop!".
O caso é que chegaron as Nancys Rubias despois dunha actuación de danza do ventre moi orixinal e tras atopar a María Franc3s (tocan en Razo no II Festival Sereas e Piratas o 21 de Xullo con Delorean) demos en bailar e bailar, e Mario Vaquerizo nos cae mal, pero que ben o pasamos, do que poden dar boa fe Ra e Elvi.
Así que rematou todo fomos ás Crechas, punto de reunión onde nos agardaba Calidonia e onde tamén atopamos a Berto e a María. Finalmente incumplimos todos os plans previstos e rematamos no Malas Pécoras, onde atopei a un par de bos amigos que facía moito que non vía.
A ruta continuou polo Tarasca onde vimos a Rosa Valdeorosa, polo Forum a onde non chegamos a entrar porque nos puxemos de parola e mentres uns marchaban outros seguiamos cara o Maycar para rematar no Ruta, onde atopamos a Kate e ao Outstanding Pupil.
Pois iso, que cando marchamos xa era de día e hoxe aínda estamos ríndonos e lembrándonos dos que non viñeron, véxase Sak (sonou a sintonía de e-music nun dos descansos), SugarKane, Jan, lourixe e tantos outros. Para outra será!
Mentres tanto e lembrando eses bailes con Marinha máis con Nemeth e á rapaza do triángulo das Nancys (non facía frío ningún), algo de musiquita (anque a apoteose foi con Sálvame, queda aquí Corazón de Hielo), ale a bailar.
Nancys Rubias-Corazón de Hielo

23 comentários:
¿Ese Lunaticboy non estudiaría por casualidade no instituto de Porriño?
Xa o podíades pasar mal para non dar tanta envexa...
Ainda que seguro que posábades para as fotos e o resto do tempo estábades sufrindo, non si?
Dior mío!!! No me acordaba yo de estarmos en el Malas!!! Mira, Ghanito, se che consola, eu paseino fatal o domingo ;)
Terrible, terrible, canto vicio hai no rollobló, de verdade...
Pero un pracer coñecelos, miñas donas e meus señores.
Ai ai ai nom se fai bo de vós nem com látego! :) Obrigado por essas fotos e essa crónica.
jajaajja, si que nos cae mal o vaquerizo, si. se nos chega a caer ben subimos con el ao escenario.
XDDDDDDD
danke besbe! pero qé juapiños nesa foto! vale para ensinar á familia e todo!
un placer vervos alí...así dá gusto.
aldao.
meu deus, q bem paseino facia moito q nom botaba tanto. foi moito. jej
bou roubarche unhas fotos pra meu blog q nom temos ningunha....graciñas por adiantado......beijos mil
pois xa me dirás que mal fixo el diario de patricia... Ai, o que é ser niños-bien...
besbe mandams eiqui; www.retropower74@gmail.com
graciñas , beijos
Lula, igual ata tes razón e todo. Conta, conta.
ghanito, paseino fatal, non volvo máis e vou deixar de saír, dios, horrible, nunca máis...estooo vémonos en Caldas, non? :D
elianinha, desta vez acórdome eu, deso e das manchas de licor café no teu vestido blanco nuclear. Vicio hai moito, xa podía haber menos que así non tiñamos eses domingos de gloria que temos.
Prosciutto, ese látigo por dios!!! ahahahaha, coma sempre un gusto verte e oírte: cada día mellor e mellor.
Ra, ao escenario non sei se saltariamos pero a Quintana erosionámola ben erosionada con tanto chimpo! Sodes xeniais!
Lucía, remuas :), artista!
sergio, rouba o que queiras, que aquí te somos todos unos piratones, mándoche máis agora mesmo.
Cesare, pois non sei a que cotas chega o mal que fixo a Patricia, pero a verdade era un pouco levar aos extremos o tema da homosexualidade, estereotipando demasiado e creando uns iconos que non sempre se corresponden coa realidade. A verdade si que é unha forma de iluminar ao que imaxino que é o "prototipo" de espectador do programa sobre as realidades sexuais que hai, pero é un pouco facelo á macheta, ou non?
Ten pinta de que todo estubo de carallo....Nestes intres e cando me sinto como si estibese casado :P unha aperta espero que o pasasedes ben :)
Pois tes razón, non saio en ningunha, pero a da porta do Malas tireina eu (ou alguén en quen me estaba reencarnando).
Moito castijades o corpo!!! pois o do Lunaticboy non o vou dicir se el non move ficha antes. Biquiños.
an, un d�a tes que unirte :)
mario, pois en certos momentos da noite pagaba a pena sacarche unha que �as sa�r moi curri�o, e xa dic�a eu que a ver onde andabas ti no Malas, que me faltabas na foto. Bicos!
lula, a ver se vai quedar todo no aire :D
Últimamente calquera acto festivo-cultureta de Compostela remata sendo unha espontánea blogoquedada. Te está todo el blogomillo! Un bico;)
Imaxina a rabia de non poder estar aí con vós...Moitas grazas polo aviso, agardo non perdela para o vindeiro ano, e vernos antes noutra esmorga.
Moita marcha levávades todos e ti coa mesma copiña de LK tanto tempo¡¡ Cando saín do Tarasca aínda estabas con ela¡¡¡¡ Un pracer falar contigo. Gústame o teu riso. Bicos rapaza
a noite do sábado estivo xenial!!!
espero q o II festival sereas e piratas resulte tan animado! ;)
bicos
Foi unha noite divertida chea de ritmo e xente.
Por certo as fotos non poido velas serías tan amable de reenviarmas.
Unha aperta grande.
;)
Vaia festa !.
Sempre igual !.
Menos mal que nolo contas aos que non poidemos ir, alégrome que o teñades pasado bem.
saudiños.
Tan entretidos non estabades se mesmo vos deu tempo de lembrarvos de min! (que ilusión!) A ver como resolvo eu o meu problema de ubicuidade, nunca sei como ir a dúas festas a un tempo cando están separadas mais de 50 km.
A ver se podo na próxima, que estou dun itinerante!
aiiiiiss, veño de chegar das vacacións e atoparme de fuciños con esta crónica tan aqueladiña estame a provocar un brote de morriña quenindiós... paseino macanudo, e iso que me controlei por compromisos 'serios' o domingo na coruña. Cousas da hiperactividade vacacional.
Xa era maisfanqasfans d'O Mourente. Engado á nómina as Nancys Rubias... que estilaso!
un pracer irlle poñendo cara a máis blogalegos.
apertas
Enviar um comentário